Que facemos na SGHN?
Participamos en campañas de defensa e protección da natureza.
Realizamos alegacións a proxectos que poidan afectar negativamente ao medio ambiente.
Desenvolvemos proxectos de custodia do territorio e de restauración e conservación do patrimonio natural.
Facemos os censos de aves acuáticas invernantes dende 1973.
Realizamos diversos atlas de fauna e flora de Galicia (hérpetos, insectos, flora exótica invasora, etc.)
Organizamos cursos, xornadas e saídas de campo: ornitoloxía, herpetoloxía, astronomía, botánica, entomoloxía...
Paspallás é a nosa revista de divulgación.
Editamos Braña, a primeira revista científica en galego.
GREENFIBER: imos a contar mentiras ALTRI-lará
SGHN ven de solicitar que se desbote total e definitivamente o Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) para a instalación dunha fábrica de fibras téxtiles a base de celulosa, promovido por GREENFIBER, S.L. Outra arma de eucaliptización masiva Nomeando o todo (produción de 600.000 t/ano de celulosa) pola parte (só un terzo…
Conferencia: “A lagoa de Sobrado, unha gran historia por coñecer”
O vindeiro venres 22 de marzo, o Doutor en Bioloxía e investigador Rafael Carballeira abrirá o programa de conferencias “Xuntanzas Naturalistas” do ano 2024 da Delegación de SGHN en Ferrol, que está subvencionado pola Deputación da Coruña. Rafael Carballeira – Doutor en Bioloxía pola Universidade da Coruña (UDC) e investigador…
Día do Naturalismo Galego
Mañá de choivas e claros polo Baixo Miño, acompañados por Pardales, Ferreiriño azul e real, Chasca común, Carriza dos xuncos, Pimpín, Picafollas, Merla, Bubela. Tamén Lavancos, Cercetas, Biluricos, Cullereiro, Garza real, Garza albar, Mazarico chiador, Píllara real … Águia peixeira e máis. Autora: Soco Álvarez Balvís Aínda coa nevarada da…
Resume da 4ª Quedada no Museo (QnM)
Nesta 4ª xornada das QnM contamos coa participación do noso socio o biólogo mariño Joám Luís “Cesio” Ferreiro. Na súa exposición, Cesio falou da problemática dos plásticos e doutros elementos contaminantes no mar. Houbo momento tamén para coñecer as diferentes artes de pesca e as consecuencias da súa mala xestión…