15 setembro 2018: Observación nocturna de avelaiñas

Observación nocturna de avelaiñas

A Sociedade Galega de Historia Natural, organiza unha actividade de observación nocturna de avelaiñas (bolboretas nocturnas). A actividade consistirá en participar nunha mostraxe destas especies coa metodoloxía para atraer ás avelaiñas. Desenvolverase dende o anoitecer ata a madrugada.
É necesario levar roupa axeitada de abrigo. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta en: gandaras@sghn.org

Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade. Inclúe varias deceas de especies de prantas, vertebrados e invertebrados protexidos, destacando a flora adaptada a estes hábitats, as poboacións de aves acuáticas e aves de bosque autóctono, anfibios, réptiles, mamíferos e invertebrados.
*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que poidan ocorrer.