logo
 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO
line decor
   
 

APARTADO EN CONSTRUCIÓN

 

Hoxe, como hai 40 anos, a túa axuda é imprescindible para defender a nosa natureza

  • 2001
  • 2002
  • 2003
  • 2004
  • 2005
  • 2006
  • 2007
  • 2008
  • 2009
  • 2010
  • 2011
  • 2012
  • 2013

SGHN
40 anos, no máis alto

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013

O Grupo Ornitolóxico Galego, xérmolo da SGHN, rematou todos os trámites para a súa legalización o 31 de agosto de 1973. Xa que logo, mañán o GOG-SGHN celebra os seus primeiros 40 anos de existencia como a máis veterana das organizacións de defensa ambiental galegas e unha das máis antigas de España.

Para celebrar un aniversario tan "redondo", SGHN vai engadir unha nova sección a esta web que se chamará "SGHN, 40 anos" e na que se irán incorporando reseñas sobre os fitos máis salientables desta xa longa traxectoria de estudio, divulgación e defensa do patrimonio natural galego. A primeira reseña recordará un dos grandes fitos conservacionistas a nivel internacional, no que SGHN xogou un papel salientable, e estará dispoñible nesta web a partires da próxima semana.

Mentres tanto, fácemonos hoxe eco da "celebración por todo o alto" que veñen de facer algúns dos nosos consocios subindo a Pena Trevinca (2127 m s.n.m.) o cumio de Galicia e tamén un dos lugares senlleiros polos que SGHN loitou no pasado e segue a facelo no presente (máis...).