O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ven de declarar culpable ó Reino de España por incumplir unha directiva europea de 1991 que establecía 2001 como data límite para completar o saneamento das aguas residuais en poboacións de máis de 15.000 habitantes.
Para a nosa vergoña, galegas son 9 das 38 poboacións españolas que, 10 anos despois, aínda incumpren a directiva europea: A Coruña, Santiago, Vigo, Noia, Cariño, Ribeira, Baiona, Tui e Viveiro.
Para a nosa vergoña, mentres só 1 de cada 18 municipios españois con máis de 20.000 habitantes están en Galicia (22 de 397), 1 de cada 4 cidades ou vilas españolas nas que se incumpre a directiva sobre depuración de augas residuais están en Galicia (9 de 38): é dicir, a porcentaxe de cidades e vilas que incumpren a normativa europea de aguas residuais é dun 9,5% no conxunto de España mentres que en Galicia é do 40,9%.
Para a nosa vergoña, mentres tanto a Xunta de Galicia segue a despilfarrar os cartos públicos en proxectos innecesarios, como, por exemplo, novos parques náuticos na beiramar, no canto de construir XA! as 22 depuradoras de augas residuais que aínda faltan no litoral galego (máis...). Folgan máis comentarios. |