logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
 

 

EUTROFIZACIÓN DO ENCORO DE AS CONCHAS

As cianobacterias afloran de novo no encoro de As Conchas.
SGHN reclama de novo que se afronte a orixe do problema

Ourense, 07-08-2017

Segundo as novas publicadas onte mesmo nos medios de comunicación, Gas Natural FENOSA ven de presentar un "proxecto de investigación" no que, con diversos tratamentos químicos, tentarán eliminar as cianobacterias no interior de "limnocorrais" para avaliar se sería posible eliminalas das augas do encoro de As Conchas, pero só puntualmente na praia fluvial de O Corgo porque "Evitar que la floración afecte a todo el embalse es titánico".

Gas Natural FENOSA recoñece agora de xeito ben explícito nos medios de comunicación que resolver totalmente o problema da proliferación de cianobacterias tóxicas no encoro será un labor "titánico". Sen embargo, nas súas respostas ás alegacións ao proxecto de Central Hidráulica Reversible Conchas-Salas (CHR Conchas-Salas), presentadas por SGHN (PDF1; PDF2) e numerosos organismos públicos e asociacións, aseguraba á Secretaría de Estado de Medio Ambiente que as augas do encoro recuperarán o bo estado para dentro de catro anos polo que estarían limpas cando entrase en funcionamento a CHR Conchas-Salas que quere construir.

Nun novo e penoso exemplo de total inutilidade do trámite de avaliación ambiental, a Secretaría de Estado de Medio Ambiente deu por boas as respostas de Gas Natural FENOSA, pese a que contradicían a propia información oficial do Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil e os resultados da simulación informática feita pola propia empresa, e formulou unha declaración de impacto ambiental positiva hai apenas tres meses (PDF). Xustamente o pasado venres día 4, SGHN remitiu un escrito ao Secretario de Estado de Medio Ambiente (PDF) no que salientaba que:

  • As respostas de Gas Natural FENOSA sobre a calidade das augas nos Encoros de As Conchas e Salas faltan á verdade.
  • Gas Natural FENOSA incumpriu a sabendas os requisitos básicos do programa informático que empregou para simular a evolución da calidade das augas do Encoro do Salas despois da posta en marcha da CHR Conchas-Salas. Ademais, resulta contraditorio e sospeitoso que Gas Natural FENOSA eloxiara dito programa informático para logo infrautilizar a sabendas as súas capacidades.
  • En contra do indicado por Gas Natural FENOSA nas súas respostas, existe un risco potencial de que unha parte das cianobacterias Microcystis aeruginosa bombeadas coas augas dende o Encoro das Conchas cheguen vivas ao Encoro do Salas. Ao respecto é preciso subliñar que durante o funcionamento da CHR estaríanse a bombear ao Salas cantidades enormes de Microcystis aeruginosa con picos potenciais de ata 45.000 millóns destas cianobacterias por segundo.
  • Mesmo se as cianobacterias non soportasen as fortes presións durante o bombeo acabarían contaminando o encoro do Salas, pois ao estoupar pola presión liberarían as toxinas que conteñen (microcistinas tóxicas para o figado: 100 veces máis velenosas que o cianuro).
  • As "xustificacións" de Gas Natural FENOSA para non instalar dispositivos de paso para peixes nos dous encoros e para non soterrar totalmente o novo tendido eléctrico baséanse só nas propias afirmacións interesadas da empresa e NON en información transparente, seria e rigorosa.
  • A avaliación de impacto ambiental NON se realizou conforme ao establecido na Directiva 2014/52/UE (Artigo 3), ao non ter avaliado correctamente os impactos do proxecto sobre a auga, a biodiversidade, os espazos naturais protexidos e a paisaxe.
  • A autorización ambiental para a posta en marcha da Central Hidráulica Reversible supón un incumprimento flagrante da Directiva 2000/60/CE (Artigo 1.a.b; Artigo 4.a) ao admitir a contaminación das aguas limpas do encoro do Salas.

Por todos istes motivos, SGHN solicitou ao Secretario de Estado de Medio Ambiente (PDF) que:

  • Anule a Resolución de 5 de maio de 2017 polo que se formulou declaración de impacto ambiental favorable ao proxecto.
  • Revise a avaliación de impacto ambiental do proxecto tendo en conta as publicacións científicas e os restantes argumentos expostos por SGHN e as entidades e organismos consultados.
  • Proceda a formular unha nova Declaración de Impacto Ambiental do Proxecto.

Lamentablemente, o tempo corre en contra de todos ecosistemas acuáticos na bacía do río Limia. Mentres Gas Natural FENOSA (con mini-piscinas nas Conchas) e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (con maceteiros flotantes nas Conchas e dúas areeiras de Sandiás) xogan a facer que fan, o problema da gravísima contaminación das augas do río Limia polos residuos da gandería industrial (agravados pola sobreexplotación do acuífero) segue a empiorar cada día que pasa, cun goteo interminable de solicitudes (unha cada 3 meses) para novas granxas ou ampliación das existentes na chaira da Limia e nas cabeceiras dos seus afluentes principais. De nada levan servido ata hoxe as continuas peticions feitas por SGHN nos últimos 9 anos para que se estableza unha moratoria para os proxectos de granxas industriais na bacía do río Limia e se ordenen con criterios ambientais as existentes, que, como demostran os feitos cada ano no encoro das Conchas, sobrepasan amplamente a capacidade de carga dos ecosistemas limiaos. Urxe, xa!, atallar o problema de raíz.

 

Mentres o río Limia agoniza, a Confederación Hidrográfica quere facer piscinas

Con 1.175.010 € de gasto para maquillar o problema e non resolvelo

Ourense-Santiago, 15 de novembro de 2013

Co rimbombante título de "Proxecto de mellora da calidade das augas e recuperación ambiental da contorna do encoro das Conchas, términos municipais de Bande e Muíños (Ourense)", a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) ven de someter a información pública a súa iniciativa para resolver "a problemática existente" pois "detectou que en determinados periodos do ano a calidade das augas do encoro diminúe, debido á achega de nutrientes, producindo niveis de toxicidade pola aparición de cianobacterias, o que provoca que se deba prohibir o baño no encoro en devanditos periodos". A CHMS estudou "diferentes alternativas encamiñadas a dar cumprimento aos seguintes obxectivos" que cualifica como "ecolóxicos" aínda cando, agás o primeiro, non hai xustificación algunha para tal cualificativo:

  • Mellorar a calidade das augas do encoro.
  • Compensar a falta de baño no encoro con outras zonas adaptadas para devandito uso.
  • Promover actividades lúdicas, culturais e de saúde na contorna fluvial.
  • Promover a seguridade e a accesibilidad á ribeira.
Segundo a información extraída do proxecto, ás actuacións ambientais para mellorar a calidade das augas do encoro limitaríanse a un ensaio piloto co que denominan "illas flotantes vexetadas", realmente uns maceteiros flotantes de 2 x 1 m dos que se instalarían 130 unidades en 3 zonas (praia fluvial de Muiños, praia fluvial de Portoquintela e cola do encoro). A superficie total destes maceteiros sería de 260 m2 (menos que os 289 m2 das piscinas que a CHMS quere construir en Muiños) e que representan un ridículo 0,004% da superficie de auga do encoro (631 ha). As actuacións ambientais (previsiblemente inútiles para mellorar a calidade das augas do encoro) serían en só o 0,56% da superficie de intervención do proxecto, que lles adicaría un 4% do orzamento.

Módulo de "illa flotante vexetada" con dimensións de 2 x 1 m, do que se instalarían 130 unidades en tres zonas.

Xa que logo, a penas existen motivos para considerar que o proxecto sexa de "mellora da calidade das augas e recuperación ambiental da contorna do embalse das Conchas" máis aló de disfrazar ou maquillar como tal un proxecto de construción de dúas piscinas, adecuación duns baños tradicionais que aproveitan unha surxencia termal e despedregado dunha praia fluvial. Mentres o río Limia agoniza con apenas un terzo do seu caudal ecolóxico en periodo estival e gravísimos episodios de proliferación de cianobacterias tóxicas, resulta de todo punto inaceptable que en lugar de abordar a raíz do problema (regadío e gandería industrial insostibles na chaira da Limia) o organismo de bacía malgaste o seu magro orzamento construíndo piscinas e acondicionando zonas de baño, cuxa necesidade social non se cuestiona pero que non lle corresponde á CHMS o satisfacela. Por todo o cal, SGHN solicitou á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (PDF) e á Dirección General da Auga do Ministerio (PDF) que se desestime totalmente o proxecto.

Con data 10-01-2014 SGHN recibiu a resposta da CHMS desbotando totalmente as alegacións presentadas. PDF.

Piscinas proxectadas en Muiños.

Augas do encoro na zona onde se proxectan as piscinas.

Arriba

 

POR FIN!!! A Confederación Hidrográfica Miño-Sil recoñece a causa da contaminación do Limia

Ourense, Santiago 22-11-2012

Dende a súa Delegación en Ourense e a Xunta Directiva Xeral en Santiago, SGHN leva 13 anos advertindo das graves consecuencias da incontrolada instalación de granxas industriais en zonas asolagables de A Limia e da pésima xestión dos residuos agrogandeiros (ver relación de feitos).

En 2011, fronte ao gravísimo episodio de eutrofización no encoro de As Conchas con proliferación de cianobacterias tóxicas, SGHN foi durante meses a única entidade que dixo a verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade sobre o asunto, mentres Confederación Hidrográfica, Xunta de Galicia e Concellos ollaban cara outro lado.

POR FIN, onte o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comezou a falar alto e claro:

SGHN: 39 ANOS ESTUDIANDO, DIVULGANDO E DEFENDENDO O PATRIMONIO NATURAL GALEGO

 

Consecuencias nítidas

EUTROFIZACIÓN GALOPANTE NO ENCORO DE AS CONCHAS

A "sopa de algas e cianobacterias" ten ata 10 metros de espesor

De acordo coas últimas noticias comunicadas polos veciños do encoro, un equipo de mergulladores comprobou o 2 de xuño que "a sopa de algas e cianobacterias" ten ata 10 metros de espesor e que aos 14 de profundidade atópanse pelotas "enormes" de algas.

Nos últimos días de maio de 2011 saltou aos medios de comunicación a noticia da “aparición dunha mancha verde na superficie das augas do encoro de As Conchas”, inicialmente sinalada como “de orixe descoñecida” e logo identificada como “un fenómeno natural provocado polas altas temperaturas” e “o crecemento de algas” e “cianobacterias tóxicas”.

Na realidade, o fenómeno só é "natural" na súa manifestación máis visible pero a súa orixe, as súas causas verdadeiras, non son en absoluto naturais.

O que está a acontecer no encoro de As Conchas dende hai varios anos (con máis intensidade agora) é un “exemplo de libro” de eutrofización. A deficiente depuración de augas residuais na cabeceira do río Limia é a fortísima contaminación agro-gandeira difusa orixinada na chaira de A Limia orixinan unha excesiva concentración de nutrientes nas augas que son arrastrados augas abaixo ata o encoro de As Conchas, onde a temperatura das augas encoradas aumenta cos primeiros calores da primavera e o verán.

E así xa temos todos os ingredientes para unha proliferación explosiva de algas e cianobacterias: unhas concentracións de nutrientes (sobre todo nitróxeno e fósforo) moi por enrriba dos niveis naturais e unhas temperaturas elevadas.

Como todo o que vive acaba morrendo, as algas e cianobacterias mortas caen ao fondo das augas onde comezan a podrecer. Posto que a cantidade de algas e cianobacterias mortas depositadas no fondo pode ser moi grande, no proceso da súa descomposición chega a consumirse todo o osíxeno disolto na auga (que xa non é moito ao estar quente).

Consecuencias: malos cheiros, augas non aptas para o baño e, moito menos para o consumo humano. Mesmo son mortais para moitas especies de animais acuáticos.

Fotografía: A esquerda auténtica "illa" de esterco de galiña na chaira da Limia durante un dos seus asolagamentos recurrentes. Nutrientes (nitróxeno, fósforo) e contaminantes (antibióticos, etc.) pasan así directamente ás augas do río Limia, coas consecuencias que se ven nas outras imaxenes (cedidas por Gelvy Álvarez e Inés Álvarez) do encoro de As Conchas a finais de maio de 2011.

Solución: a idea de “limpar” as augas do encoro é inviable e inútil. O que hai que facer dunha vez por todas é resolver o problema da contaminación agro-gandeira difusa orixinada pola fertilización excesiva e a xestión inadecuada dos residuos gandeiros (estercos, galiñaza, puríns) na chaira de A Limia e depurar axeitadamente todas as augas residuais.

Todo esto sabeo perfectamente dende hai alomenos 5 anos a Confederación Hidrográfica (ver PDF) polos datos das súas estacións de calidade das augas e, de feito, consta expresamente no borrador do Plan Hidrolóxico da Bacía Miño-Sil.

Tamén o sabe a Xunta de Galicia, pois, diante do vertixinoso incremento de explotacións gandeiras industriais na chaira da Limia, xa en decembro de 2008 a SGHN solicitou a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (ver PDF):

  • Que establecese unha moratoria no trámite de solicitudes de instalación ou ampliación de explotacións gandeiras estabuladas na chaira limiá ata que se avalíen os efectos sinérxicos e acumulativos das xa existentes sobre os valores hidrolóxicos, botánicos e faunísticos da Limia.
  • Que escomezase os trámites para ordenar dende un punto de vista ambiental as explotacións gandeiras estabuladas na chaira limiá.

SGHN nunca obtivo resposta da Xunta de Galicia, nin co anterior goberno nin co actual.

O problema é que, en lugar de intentar resolver os problemas reais do río Limia, á Confederación e á Xunta só se lles ocorre despilfarrar os seus orzamentos en proxectos absurdos e perxudiciais: dragado do río, supostas “limpezas” que eliminan a vexetación natural pero non a acontaminación e, mesmo, parques náuticos en treitos de río que secan no verán.

¿Ata cando?

Arriba

CONTAMINACIÓN DIFUSA, CONSECUENCIAS NÍTIDAS: Imaxe reproducida do Plan Hidrolóxico da Bacia Miño-Sil, actualmente en información pública

 

EUTROFIZACIÓN NO ENCORO DE AS CONCHAS

Datos que amosan a orixe do problema e novas imaxes... que nos deixan sen palabras

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten en Ponteliñares (é dicir, no río Limia ao final da chaira limiá) unha estación do Sistema Automático de Información de Calidade das Aguas (rede SAICA) que analiza cada 15 minutos diversos parámetros da auga.

Os datos da estación SAICA indican que durante a metade dos meses do ano (maio a outubro) os niveis de osíxeno disolto son tan baixos que incumpren os valores da Directiva 78/659, de aptitude para a vida dos peixes, tanto para especies salmonícolas (80% das medicións) como para as menos esixentes especies ciprinícolas (50% das medicións).

En canto aos niveis de ortofosfatos (é dicir de fósforo) disolto hay publicacións científicas que indican que valores superiores a 10 microgramos por litro provocan procesos de eutrofización. Pois ben, en 1 de cada 4 meses, os valores medios mensuais de ortofosfatos disoltos rexistrados na estación SAICA de Ponteliñares multiplican por 10 ese valor guía (10 microgramos/litro). Mesmo ten habido algún mes (por exemplo xuño de 2005) no que o valor medio foi 90 veces superior ao valor guía e hai ¡rexistros puntuais con valores entre 300 e 900 veces por enrriba dos valores guía!

A Confederación coñece a situación alomenos dende o ano 2005 e na Consellería de Medio Ambiente alomenos dende decembro de 2008 (escrito de SGHN desa data). As administracións supostamente competentes non fixeron nada ata agora e os efectos acumulativos veñen dende entón agravando o problema. Así en 2006 a proliferación de cianobacterias pola eutrofización só foi patente en agosto. En 2011 é moito máis grave que ningún ano anterior ¡e comezou en maio!

Dín que unha imaxe vale máis que 1000 palabras. Por si alguén aínda tivese dúbidas desta verdade, velaquí uns poucos exemplos remitidos por Gelvy Álvarez e Inés Álvarez.

¿ONDE ESTÁN AS NOSAS AUTORIDADES "COMPETENTES"?

¿CANDO PENSAN ACTUAR PARA RESOLVER DE RAÍZ A ORIXE DESTE PROBLEMA?

Arriba

 

Agora no das Conchas, antes nos do Umia e Castrelo

RISCOS DA PROLIFERACIÓN DE CIANOBACTERIAS EN ENCOROS

LINO PIZZOLON 1996. IMPORTANCIA DE LAS CIANOBACTERIAS COMO FACTOR DE TOXICIDAD EN LAS AGUAS CONTINENTALES. INTERCIENCIA 21(6): 239-245. URL: http://www.interciencia.org/v21_06/art01/

Velaquí, directamente "copiados e pegados" algúns paragrafos deste artigo:

RESUMEN

En las últimas décadas se han aislado e identificado diversas biotoxinas de cianobacterias (neurotoxinas, hepatotoxinas), cuya toxicidad es cien veces mayor que la del cianuro de sodio. Las neurotoxinas son alcaloides que actúan como potentes bloqueadores neuromusculares y producen la muerte por parálisis respiratoria. Las hepatotoxinas son péptidos que producen la muerte por destrucción y hemorragia hepática; como efecto crónico, en bajas concentraciones, estimulan el crecimiento de tumores.

ESCENARIO PARA LA PRODUCCIÓN DE FLORACIONES EN SUPERFICIE

El mecanismo de flotación permite que las células se posicionen en los estratos más favorables a sus requerimientos fisiológicos (Walsby 1988) y se desencadenen en respuesta a ciertas condiciones ambientales. En general, la formación de espumas requiere un período calma de vientos, fuerte insolación, temperaturas altas y aguas estratificadas (Reynolds et al. 1987; Walsby 1988; Zohary y Breen 1989; NRA 1990). Por tal motivo, suelen producirse en bahías cerradas, más o menos protegidas del viento o de otros factores de turbulencia. La velocidad de migración vertical es asombrosa en especies como Microcystis aeruginosa, pudiendo llegar hasta 140 m por día (Paerl 1988). Por lo que un breve período de calma puede inducir su acumulación en superficie. En todo ambiente con una floración en superficie pueden suceder dos cosas: o bien que se levante un viento fuerte, > 5-4 m s-1, que dispersará nuevamente las células en la columna de agua, o bien que sople una brisa suave, <5-4 m s-1 (Fig. 3), que empujará la pátina verde hacia una orilla (Zohary y Breen 1989; van der Veer et al. 1993). Allí se acumulará, formando una jalea verde y viscosa (Figs. 1 y 2), que se descompone con el pasar de los días. En este estadio despide un olor desagradable que se contagia al agua. Los olores de las floraciones de Microcystis atraen en particular a los perros, que se revuelcan en ella y luego se lamen, por lo que son los animales que más fácilmente ingieren dosis letales de toxina (Reynolds, com. pers.). La permanencia de las espumas en superficie depende del tipo de ambiente, de su estado trófico, aportes de nutrientes, cambios bruscos de temperatura, ruptura de la estabilidad por vientos y por turbinado del agua, en el caso de represas.

EFECTOS SOBRE EL ECOSISTEMA

Además de los problemas de toxicidad implícitos, las floraciones producen, por otras vías, un deterioro general de la calidad del agua. Algunas especies de Anabaena liberan metabolitos fuertemente olorosos (Silva et al. 1994). Tanto la descomposición en las orillas, como la sedimentación y descomposición de esta biomasa en el fondo, requieren cantidades muy grandes de oxígeno y otros donadores de electrones. Las condiciones altamente reductoras favorecen la producción de metano sulfhídrico y otros compuestos con azufre, que también contagian sabores y olores desagradables al agua. Las interacciones tróficas posibles son complejas y la hipótesis de una posible concentración de toxinas en las cadenas tróficas acuáticas no está suficientemente esclarecida. Se mencionan algunos casos de mortandad de aves acuáticas y de peces provocados por ingesta directa de algas, por la acumulación de toxinas o por las condiciones de anoxia. En otros, en cambio, los peces coexisten con floraciones tóxicas. Las floraciones son una de las características de los ecosistemas sobrealimentados. La carga externa de nutrientes que reciben es mayor que la que pueden mantener en circulación y por lo tanto expulsan biomasa o nutrientes hacia sus fronteras (Margalef 1981): orillas, sedimentos e interfase agua-aire. En este sentido, las floraciones de cianobacterias pueden considerarse como una forma por la cual los ecosistemas bajo tensión se desprenden del exceso de biomasa y nutrientes.

BIOTOXINAS ALGALES, EFECTOS LETALES Y SUBLETALES

Las toxinas producidas por las cianobacterias se clasifican en dos grupos principales, las neurotoxinas (alcaloides) y las hepatotoxinas (péptidos monocíclicos) (Carmichael 1992). La mayor parte de los eventos de intoxicación en el mundo han sido provocados por hepatotoxinas. Se clasifican en dos tipos principales, microcistinas y nodularinas. La intoxicación aguda produce disgregación de los hepatocitos, necrosis de los capilares sanguíneos y la muerte por hemorragia intrahepática.

Las hepatotoxinas, en estado puro, tienen una toxicidad intermedia entre la del veneno de la cobra y la del curare. Es suficiente una dosis de 0,03-0,3 mg por kilogramo de peso corporal para matar en pocas horas un animal experimental (Metting y Pyne 1986; Reynolds 1991). Se encuentran por lo tanto entre los venenos más poderosos que se conocen. Para lograr los mismos efectos con cianuro de sodio se requiere una dosis 100 veces mayor. Para ingerir una dosis letal de Microcystis, deberían beberse cinco litros de agua con una población de unas 200.000 cél.ml-1 (Reynolds 1991). Instintivamente el hombre evita dichas aguas, por lo que no existen casos documentados de muertes humanas. Sin embargo, con concentraciones aún mucho más bajas, se observan síntomas clínicos subletales, caracterizados por desórdenes gastrointestinales, alergias, irritaciones en la piel y en los ojos de nadadores y bañistas (NRA 1990).

Además de los efectos agudos mencionados, la ingesta continuada de dosis subletales de hepatotoxinas tiene efectos crónicos graves bien comprobados, tales como la producción y estimulación de tumores hepáticos (Lawton y Codd 1991; Carmichael y Falconer 1993, Carmichael 1994). Se sospecha que la elevada tasa de cáncer de hígado en ciertas partes de China se debe a la exposición prolongada a pequeñas dosis de microcistinas.

Las neurotoxinas son alcaloides cuya toxicidad supera a la de los hepatotóxicos. De hecho, en los casos de especies que producen tanto hepatotoxinas como neurotoxinas (Anabaena flos-aquae, A. Spiroides, A. Circinalis, Aphanizomenon flos-aquae y Oscillatoria), éstas últimas actúan más rápido y dominan los síndromes clínicos (Carmichael 1992; Carmichael y Falconer 1993). Las neurotoxinas interfieren en distintas formas con la transmisión de impulsos en la unión neuro-muscular, provocando parálisis en los músculos respiratorios y la muerte por asfixia aun en minutos, después de ingeridas (Repavich et al. 1990, Carmichael 1994). Entre los síntomas de intoxicación en animales domésticos y silvestres, se mencionan tambaleo, temblor y fasciculación muscular, jadeo, descarga de moco nasal, diarrea, rechinar de dientes, cianosis, convulsiones y muerte por paro respiratorio. floración. Algunas cepas de Anabaena flos-aquae, liberan una toxina diez veces más letal que la anatoxina a, denominada anatoxina a(s) por el síntoma de la hipersalivación. Es un compuesto fosforado orgánico, con efectos similares a los del parathion o malathion (Nota: o parathion e o malathion son dous insecticidas, o uso do primeiro deles está prohibido ou fortemente restrinxido na meirande parte dos países pola súa elevada toxicidade para todos os organismos incluido o home).

CONTROL DE LAS FLORACIONES

Limitarse a interrumpir una floración, equivale a suprimir los síntomas de la enfermedad sin resolver el problema en su origen, es decir los procesos de eutrofización y el deterioro de la calidad del agua a nivel de las cuencas hídricas.

Arriba

 

EUTROFIZACIÓN NO ENCORO DE AS CONCHAS

Confirmada a existencia de hepatotoxinas

O informe elaborado polo Dr. Eduardo Costa, catedrático de genética na Facultade de Veterinaria na Universidade Complutense de Madrid, confirma a forte presencia (máis de 15.000 unidades formadoras de colonias por cada mililitro de auga) da cianobacteria Microcystis aeruginosa en todas as mostras de auga recollidas no mes de xullo, así como a existencia de toxinas hepáticas en cantidades detectables. O informe do equipo do Dr. Costa basease en:
  1. Identificación e reconto (en cámaras uriglas baixo un microscopio invertido) das cianobacterias presentes nas mostras.
  2. Análise da toxicidade das mostras mediante bioensaios con modelos animais (ratón) e modelos celulares (hepatocitos humanos)
  3. Análise da toxicidade mediante test de inhibición de fosfatasa alcalina, test ELISA e procedementos analíticos convencionais (cromatografía líquida de alta eficacia).

E as malas noticias seguen no encoro de As Conchas xa que, despois dunha pequena tregua polas condicións climatolóxicas, a proliferación de cianobacterias tóxicas e os insoportables malos cheiros orixinados pola descomposición voltaron a agravar a situación dende finais de xullo, como amosan as imaxenes captadas o 28 dese mes e facilitadas como sempre por Gelvy Álvarez e Inés Álvarez.

Arriba

 

AS CONCHAS: CRÓNICA DUNHA MORTE ANUNCIADA

Fronte ás medias verdades de algúns (Confederación Hidrográfica), o silencio cómplice doutros (Consellería de Medio Ambiente, Consellería de Medio Rural) e os sinsentidos de diversas declaracións públicas a míudo penosas e irresponsables (varios alcaldes da zona), dende o primeiro momento da proliferación de cianobacterias no encoro das Conchas este ano (finais de maio), SGHN ven reiterando unha e outra vez que:

  • O fenómeno só é "natural" na súa manifestación máis visible pero a súa orixe, as súas causas verdadeiras, non son en absoluto naturais.
  • O que está a acontecer no encoro de As Conchas dende hai varios anos (con máis intensidade agora) é un “exemplo de libro” de eutrofización. A deficiente depuración de augas residuais na cabeceira do río Limia e a fortísima contaminación agro-gandeira difusa na chaira de A Limia (350 granxas, 1,2 por cada km2) orixinan unha excesiva concentración de nutrientes nas augas que son arrastrados augas abaixo ata o encoro de As Conchas, onde a temperatura das augas encoradas aumenta cos primeiros calores da primavera e o verán. E así xa temos todos os ingredientes para unha proliferación explosiva de algas e cianobacterias. Sempre con efectos negativos sobre o medio ambiente. Agora tamén poñendo en risco a saúde humana.

Posiblemente o pior de todo é que as autoridades, supostamente competentes, levan alomenos 13 anos sen facer o seu traballo (véxase relación de feitos) malia ser advertidas unha e outra vez pola SGHN de que na chaira da Limia (na cabeceira mesmo da bacia hidrográfica) estábase a poñer en marcha unha xigantesca maquinaria de contaminación das augas por unha errónea planificación na instalación de granxas industriais en zonas asolagables unida a unha pésima xestión dos estercos e zurros que xeneran. Vexamos a magnitude do problema:

  • A produción de feces e orina é de 1,35 kg/día no caso do home, 4 kg/día nos porcos adultos, 28 kg/día nas vacas adultas para produción de carne, 45 kg/día en vacas leiteiras, 7 kg/día en terneiros, 100 g/día en galiñas ponedoras e 60 g/día en polos de carne.
  • As táboas de conversión das distintas especies gandeiras a Unidades de Gando Maior (UGM: o equivalente a vacas adultas) indican que en A Limia hai actualmente entre 70.000 e 75.000 UGM de gando estabulado en granxas industriais que en total, a 28 kg/día cada unha, producen entre 2.000 e 2.100 toneladas diarias de zurros e estercos, é dicir, unha cantidade de feces e orina semellante a que se xenera nunha cidade de 1,3 a 1,5 millóns de persoas ou, o que é mesmo, a metade da poboación de Galicia.

Ademais, dende hai 7 anos a Confederación Hidrográfica está a documentar, unha e outra vez, niveis inadmisibles de degradación das augas na súa estación SAICA en Ponteliñares, para acabar afirmando que o de As Conchas é “un fenómeno natural provocado polas altas temperaturas”. É como se un médico levase 7 anos facendo análises a un paciente, vendo como por unha alimentación irracional ten os niveis de colesterol e hipertensión 90 veces máis altos do aceptable e non fixese nada ata que unha vez ingresado na UCI do hospital, para eludir as súas responsabilidades, afirmase: ¡está enfermo por causas naturais!

En fin, no mellor dos casos sete anos perdidos sen abordar a solución do problema mentres este medraba sen parar. ¿Teremos que agardar outros sete anos a que as autoridades fagan o traballo polo que os cidadáns lles pagamos? ¿Terá que haber algunha desgracia maior (hai toxinas hepáticas nas augas do encoro, ver máis abaixo) para que actúen?

Arriba

 

AS CONCHAS: UN PROBLEMA SANITARIO, ECONÓMICO Y AMBIENTAL

A proliferación de microalgas e cianobacterias no encoro das Conchas, orixinado nun grave problema ambiental, deriva hoxe, como en moitas outras ocasións, nun preclaro efecto sobre a poboación afectada; como mínimo, nos seguintes aspectos: a saúde humana, o benestar humano e a economía local

O PROBLEMA

O que está a acontecer no encoro das Conchas denomínase técnicamente floracións ou “blooms”; son eventos de multiplicación e acumulación de microalgas e cianobacterias que viven libres (flotando) nos sistemas acuáticos e que presentan un incremento significativo da biomasa dunha ou poucas especies, en períodos de horas a días. Se ben estos eventos ocorren naturalmente nos sistemas acuáticos, estase a rexistrar un incremento mundial na frecuencia e duración dos “blooms”, asociados ás condiciones de eutrofización das masas de auga, a míudo encoros e lagoas (Hallegraeff, 1992; Paerl, 1996) (recollido de “FLORACIONES ALGALES DE AGUA DULCE: CIANOBACTERIAS, CIANOTOXINAS.  SU RELACIÓN CON LA SALUD” Lizet De León. Sección Limnología, Instituto de Biología, Facultad De Ciencias. Universidad de Concepción-Chile. lizetdl@fcien.edu.uy).

A CAUSA

Combínanse varios factores que favorecen o desevolvemento das floracións de microalgas e cianobacterias:

  • O incremento excesivo de nutrintes nas augas, especialmente nitróxeno e fósforo que no caso das Conchas proceden principalmente dos aportes dende áreas cultivadas e explotacións gandeiras augas arriba do encoro. Esto é tamén recoñecido en informes oficiais do Ministerio de Medio Ambiente: “De nuevo en Galicia, el embalse de Las Conchas situado en el río Límia aguas a bajo de la  comarca agrícola de la Límia ha estado este año en un estado aceptable durante casi todo el verano. A partir de mediados de agosto la Estación Automática de Alerta de Puente Linares, situada aguas arriba del embalse y aguas abajo de la comarca agrícola, ha registrado picos de ortofosfatos que han terminado por entrar en el embalse, lo que ha dado como resultado un crecimiento masivo de Microcystis aeruginosa a finales de mes”. (Episodios de eutrofización en embalses de la cuenca Norte. Alberto Bueres García-Junceda Confederación Hidrográfica del Norte, Madrid 4 de octubre de 2006).
  • A temperatura  (> 20 °C) e a intensidad luminosa.
  • A falta de fluxo e o estancamento da auga.

Arriba

Imaxe: Grupo de peixes mortos nunha costra de cianobacterias na beira do encoro de As Conchas o 18-08-2011.