logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

SGHN pide ao SEPRONA que vixile o cumprimento da prohibición da munición de chumbo

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2013

Xa que a Xunta de Galicia non semella disposta a derrogar a ILEGAL Resolución do 10-10-2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que autoriza o emprego de determinadas municións con chumbo en humidais, SGHN ven de solicitar ao Xeneral da Comandancia da Garda Civil, Zona Galicia, que o Servicio de Protección da Natureza vele polo cumprimento da prohibición da tenza e emprego de munición de chumbo en todolos humidais galegos incluidos nos espazos da Rede Natura 2000 (PDF).

 

Sentenza do Tribunal Constitucional:
A caza con munición de chumbo en humidais é ilegal

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2013

A recente sentenza 69/2013 do Tribunal Constitucional (PDF) ven de desestimar totalmente o recurso de inconstitucionalidade 2124-2008 interposto polo Consejo de Gobierno de la Junta de Castilla y León contra diversos preceptos da Lei 42/2007, de 13 de decembro, do patrimonio natural e a biodiversidade. O Tribunal Constitucional declarou que o artigo 66.2 da Lei 42/2007 é constitucional e, xa que logo, que a prohibición de empregar calquera tipo de munición de chumbo en humidais incluidos na Convención de Ramsar, na Rede Natura 2000 e nos espacios naturais protexidos está fóra de toda discusión xurídica.

Con esta ratificación, ao máis alto nivel xurídico, da legalidade e constitucionalidade da Lei 42/2007 queda aínda máis en evidencia a ILEGALIDADE da Resolución do 10-10-2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que autoriza o emprego de determinadas municións con chumbo en humidais, como ven denunciando dende hai máis de catro anos a SGHN.

 

O "Defensor del Pueblo" segue a dar toda a razón á SGHN

A CAZA CON MUNICIÓN DE CHUMBO EN HUMIDAIS É ILEGAL

Paso a paso, continúa o procedemento aberto polo "Defensor del Pueblo" pola queixa presentada o 16-10-2009 por SGHN contra a Resolución do 10-10-2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se regula o emprego de munición con chumbo en humidais (PDF). Dende o primeiro momento, SGHN tivo claro que dita Resolución incumpre a “Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade“ (PDF), o “Instrumento de Ratificación do Acordo sobre a conservación das Aves Acuáticas Migratorias Afroeuroasiáticas, feito en La Haya o 15 de agosto de 1996“ e a Directiva Aves (PDF).

Xa o pasado mes de febreiro, SGHN recibiu unha primeira resposta do "Defensor del Pueblo" (PDF) que coincidía ao 100% coa posición defendida dende hai 3 anos por SGHN. Despois dos trámites legais oportunos, con data 14-10-2011 recibiu unha segunda resposta do "Defensor del Pueblo" (PDF), da que deseguido transcribimos íntegramente a suxerencia final que fai á Consellería de Medio Rural.

"En consecuencia, esta Defensoría ha considerado procedente formular a la Consejería, de conformidad con lo dispuesto en los artículos 28 y 30 de la Ley Orgánica 3/ 1981, de 6 de abril, por la que nos regimos, la siguiente SUGERENCIA:

Que esa Consejería aplique la prohibición de uso y tenencia no sólo de perdigones con plomo sino también de postas y balas con plomo, es decir de cualquier munición contenedora de plomo, establecida en el artículo 62.3 j) de la Ley 42/2007, del 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad, en todos los humedales gallegos incluidos en la Lista del Convenio relativo a Humedales de Importancia Internacional, en la Red Natura 2000 y en espacios naturales protegidos, y en consecuencia:

a) Al aprobar disposiciones generales en materia de caza u otorgar autorizaciones excepcionales de caza -al amparo de la Ley de Caza de Galicia- observe plenamente esa prohibición y no permita en ningún caso que se haga uso de munición contenedora de plomo, de ningún tipo, en ningún humedal o parte de éste.

b) Persiga y sancione a aquellos que cacen en esos humedales portando (tenencia) o usando munición de cualquier tipo que contenga plomo, en aplicación de los artículos 76.1.q) y 77 de la Ley 42/2007.

c) Anule o derogue la Resolución de la Dirección General de Conservación de la Naturaleza de 10 de octubre de 2008, por la que se hace público el listado de zonas húmedas de Galicia en que está prohibida la tenencia y el uso de munición que contenga perdigones de plomo durante el ejercicio de la caza, o bien la modifique de forma que recoja claramente esta prohibición sin excluir ningún humedal, ni parte de éstos, ni munición de ningún tipo que contenga plomo.

d) Derogue, si estuviera aún en vigor, la excepción a la prohibición de la caza del jabalí en la ZEPA ES0000086, ría de Ortigueira y Ladrido, previa autorización del Servicio Provincial de Conservación de la Naturaleza de A Coruña, mediante las modalidades de caza mayor recogidas en el artículo 37.1 del Decreto 284/2001, de 11 de octubre, por el que se aprobó el Reglamento de Caza de Galicia, 10 que incluye balas que contengan plomo, excepción recogida en la Orden de 17 de diciembre de 2009 por la que se modifica la Orden de 30 de julio de 2009, por la que se determinan las épocas hábiles de caza durante la temporada 2009-2010. Si volviera a regular esta excepción u otra similar, que esa Consejería especifique que las balas no podrán contener plomo.

e) Derogue, si estuviera aún en vigor, la excepción a la prohibición para batir piezas de caza menor, recogida en el artículo 11.50 de la Orden de 24 de junio de 2010, por la que se determinan las épocas hábiles de caza durante la temporada 2010-2011, y que permite disparar al zorro con bala. Si volviera a regular esta excepción u otra similar, que esa Consejería especifique que las balas no podrán contener plomo."

PÓDESE DECIR MÁIS ALTO PERO NON MÁIS CLARO: A CAZA CON MUNICIÓN DE CHUMBO EN HUMIDAIS É ILEGAL.

¿A QUÉ AGARDA A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL PARA CUMPLIR E FACER CUMPLIR A LEXISLACIÓN VIXENTE?

 

A Xunta de Galicia incumpre unha lei estatal e un acordo internacional
sobre caza con munición de chumbo

A S.G.H.N. segue a loitar, de momento sen éxito, para que a Xunta de Galicia modifique a Resolución do 10-10-2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se regula o emprego de munición con chumbo. Dita Resolución incumpre a “Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade“, o “Instrumento de Ratificación do Acordo sobre a conservación das Aves Acuáticas Migratorias Afroeuroasiáticas, feito en La Haya o 15 de agosto de 1996“ e a Directiva Aves pois:
  • Prohibe só a tenza e uso de munición con perdigóns de chumbo nos espacios naturais, no canto de prohibir o uso de todas as municións con chumbo (perdigóns, postas e balas).
  • Non indica os límites xeográficos dos humidais nos que se prohibe o uso de “perdigón” de chumbo, polo que impide o cumprimento do disposto no artigo 62.3.j. da Ley 42/2007.
  • Exclúe numerosos humidais presentes nos LIC de Galicia, por exemplo os de Xubia-Castro e Serra do Careón (A Coruña), Serra do Xistral e Os Ancares-O Courel (Lugo), Macizo Central e Veiga de Ponteliñares (Ourense) e Brañas de Xestoso e case a totalidade do Baixo Miño (Pontevedra).
Ata o momento, a S.G.H.N. leva presentados 11 escritos de queixa ou denuncia diante de 7 organismos:
  • A Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Véxase PDF DXCN_caza_chumbo cos dous escritos presentados.
  • A Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea. Véxase PDF UE_caza_chumbo co escrito presentado.
  • O Secretariado do African-Eurasian Waterbird Agreement (Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africanas-euroasiáticas), que depende do programa de medio ambiente das Nacións Unidas. Véxase PDF AEWA_caza_chumbo co escrito presentado.
  • O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Véxase PDF MMAMRM_caza_chumbo cos dous escritos presentados.
  • O Defensor del Pueblo. Véxase PDF Defensor_caza_chumbo co escrito presentado.
  • O Valedor do Pobo.Véxase PDF Valedor_caza_chumbo cos tres escritos presentados.
  • SEPRONA. Véxase PDF SEPRONA_caza_chumbo co escrito presentado.

 

Caza con munición de chumbo nos humidais galegos
O “DEFENSOR DEL PUEBLO” DA TODA A RAZÓN Á SGHN

Máis aló do Día Mundial dos Humidais, que celebrou este ano 2011 creando a SGHN-Sección de Antela, a SGHN está nunha “permanente carreira de fondo” desenvolvendo iniciativas a prol da defensa dos humidais galegos, que hoxe están de noraboa gracias a unha desas iniciativas escomenzadas hai 26 meses.

Dende a súa publicación, a SGHN tivo moi claro que a Resolución do 10-10-2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, pola que se regula o emprego de munición con chumbo, incumpría a “Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade“, o “Instrumento de Ratificación do Acordo sobre a conservación das Aves Acuáticas Migratorias Afroeuroasiáticas, feito en La Haya o 15 de agosto de 1996“ e a Directiva Aves pois:

  • Prohibe só a tenza e uso de munición con perdigóns de chumbo nos espacios naturais, no canto de prohibir o uso de todas as municións con chumbo (perdigóns, postas e balas).
  • Non indica os límites xeográficos dos humidais nos que se prohibe o uso de “perdigón” de chumbo, polo que impide o cumprimento do disposto no artigo 62.3.j. da Ley 42/2007.
  • Exclúe numerosos humidais presentes nos LIC de Galicia, por exemplo os de Xubia-Castro e Serra do Careón (A Coruña), Serra do Xistral e Os Ancares-O Courel (Lugo), Macizo Central e Veiga de Ponteliñares (Ourense) e Brañas de Xestoso e case a totalidade do Baixo Miño (Pontevedra).

As xestións desenvolvidas diante da Xunta de Galicia foron totalmente infructuosas (véxase Decreto_caza_chumbo.html), polo que a SGHN tivo que recorrer ó Valedor do Pobo. Manifestamente irritada ó ter que dar novamente explicacións a requerimento do Valedor do Pobo, a resposta da Consellería de Medio Rural que a SGHN recibiu a traverso do Valedor do Pobo está chea de argumentacións indefendibles e salpicada de descalificacións contra a SGHN (véxase Resposta_Valedor_caza_chumbo.pdf). Velaquí algúns exemplos:

  • “...argumentos que, de puro sentido común, parece casi violento reiterar.”
  • Alegar otra cosa, cual es la del envenenamiento de la tierra por degradación del plomo, resulta ridículo,...”
  • “...traduce una absoluta ignorancia de la caza, por parte del reclamante,...”
  • “...lo que subyace en esta queja .. no puede ser la protección de las aves y del medio ... sino otro tipo de razones alejadas de la preocupación por la defensa del medio y de sus valores."

Lamentablemente, o Valedor do Pobo galego deu por satisfactorias as insuficientes explicacións da Consellería e a SGHN tivo que recurrir ó Defensor del Pueblo español, do cal acabamos de recibir a resposta (véxase Resposta_Defensor_Pueblo_caza_chumbo) que coincide, exactamente punto por punto, coa posición defendida dende hai 2 anos e 2 meses pola SGHN.

O que di a SGHN

O que di a Consellería de Medio Rural

O que di o Defensor del Pueblo

 
  • Se le contestó... con argumentos que, de puro sentido común, parece casi violento reiterar.
  • Dichas razones no se comprenden por esta Defensoría...
  • a Resolución do 10 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza ..., constitúe un grave incumprimento da Ley 42/2007 ó permitir o uso indiscriminado de munición de chumbo nos humidais galegos da Rede Natura 2000 de Galicia.
  • La Resolución de la Dirección General de Conservación de la Naturaleza de 10 de octubre de 2008, ...matizaba la prohibición de uso de plomo en los humedales y limitaba expresamente dicha prohibición a los perdigones de plomo.
  • ...es preciso advertir a esa Consejería que una Resolución de una Dirección General nunca puede matizar ni limitar una prohibición legal, salvo que haya un mandato legal expreso para ello, lo que no es el caso.
  • (A Resolución) Exclúe un número importante de humidais presentes nos LIC e ZEPA de Galicia... brañas, turbeiras, uceiras húmidas, veigas asolagables e algunhas lagoas.
  • Respecto a que dicha Resolución excluyera algunos humedales, son turberas en las que no hay especies acuáticas.
  • ...la Ley 42/2007 no permite excluir las turberas de la prohibición de uso de munición con plomo, siendo irrelevante a esos efectos que en ellas no haya especies acuáticas.
  • A corrosión afecta a perdigóns, postas ou balas, solubilizando chumbo no medio acuático, co conseguinte impacto ambiental.
  • Alegar otra cosa, cual es la del envenenamiento de la tierra por degradación del plomo, resulta ridículo.
  • ...no es cierto que sólo los perdigones de plomo son peligrosos para las aves, porque la corrosión afecta a perdigones, postas o balas, contaminando el plomo en el medio acuático, con el consiguiente impacto ambiental negativo sobre el conjunto del ecosistema donde se produzca.
  • Non é certo que a Lei de Caza de Galicia prohiba sen excepcións a caza nas augas públicas, nos seus leitos e marxes, pois... previa autorización (artigos 25.2 e 36.2) a práctica da caza é posible nos humedais galegos segundo a Lei de Caza de Galicia
  • Se le aclaró igualmente que la caza en las aguas públicas, sus lechos y márgenes está prohibida por la ley de caza de Galicia, del mismo modo que en los humedales que se relacionan en la citada resolución administrativa.
  • ...artículo 25.2 ...artículo 36.2... Por tanto, la práctica de la caza es posible, previa autorización, en los humedales gallegos según la Ley de Caza de Galicia.
  • ...o Artigo 34.2 indica que se “poderá acordar, por medio dunha resolución motivada, o emprego de calqueira dos medios, modos ou formas prohibidos no presente artigo ou o anterior.” Polo tanto, o emprego de postas e balas con chumbo para a práctica da caza é posible nos humedais galegos segundo a Lei de Caza de Galicia.
  • La sola mención de balas o de postas como proyectiles no incluidos en la repetida disposición administrativa, traduce una absoluta ignorancia de la caza, por parte del reclamante, puesto que las primeras se usan solo para la caza mayor, que no se practica en estos espacios y las segundas están expresamente prohibidas por la ley.
  • ...artículo 34... apartado 2 ...Por tanto, el empleo de postas y balas para la práctica de la caza de especies de caza menor es posible, previa autorización, en los humedales gallegos según la Ley de Caza de Galicia. Es decir la prohibición admite excepciones.
   
  • ...en el Informe recibido no se da una justificación clara al hecho de que la Resolución de 10 de octubre de 2008 prohíba la caza con perdigones de plomo sólo en algunos de los humedales gallegos

O Defensor del Pueblo conclúe a súa resposta de xeito rotundo:

"...con independencia del contenido de la Resolución de 10 de octubre de 2008, en todos los humedales gallegos (incluidos en la Lista del Convenio relativo a Humedales de Importancia Internacional, en la Red Natura 2000 y en espacios naturales protegidos) está prohibido el uso no sólo de perdigones con plomo sino también de postas y balas con plomo, ... esa Consejería debe perseguir y sancionar a aquellos que cacen en esos humedales usando munición de cualquier tipo que contenga plomo.”

Semella claro, pois, que as alegacións “ridículas”, a “absoluta ignorancia da caza” e as “razóns alonxadas da preocupación pola defensa do medio e dos seus valores” non estaban nos escritos da SGHN senón nas respostas da Consellería de Medio Rural.