logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   
 

INCENDIOS FORESTAIS: EROSIÓN E FERTILIDADE DOS SOLOS

Segundo un estudio do CSIC
As queimas de baixa severidade tamén empobrecen os solos

Santiago de Compostela, 14-01-2014

Segundo un comunicado de prensa que ven defacerse público O CSIC comproba que tralos incendios forestais en Galicia estase erosionando a parte máis fértil dos solos.

Ao longo dun ano, científicos do IIAG-CSIC e o CIFA-Lourizán estudaron as propiedades de solos afectados por incendios forestais de severidade baixa a moderada e cuantificaron e analizaron os sedimentos erosionados. Os resultados, publicados nas revistas científicas Geoderma (unha versión de acceso libre deste artigo está dispoñible premendo AQUÍ) e International Journal of Wildland Fire (1, 2), revelan que, debido ao aporte das cinzas da vexetación, os principais nutrientes aumentan transitoriamente no solo despois do incendio, pero unha parte significativa pérdese por erosión. Iste resultado débese a que, aínda que a cantidade de sedimentos erosionados non é moi alta, están moi enriquecidos en nutrientes xa que proceden da parte máis fértil do solo e provocan un empobrecimiento notable do mesmo. Isto constitúe un verdadeiro problema pois o solo é un recurso non renovable a escala temporal humana e fundamental para a fauna e a flora. Xa que logo, advirten que os incendios recurrentes poden provocar unha importante perda de fertilidade e productividade dos solos. Esta conclusión é de gran relevancia ambiental posto que a queima experimental que realizaron é similar ás coñecidas como queimas controladas, que non resultan inocuas para o solo como se pensaba.

Fotografía: Colectores de sedimentos nas parcelas da queima experimental feita polo IIAG-CSIC e o CIFA-Lourizán.

En canto ao impacto nos macronutrientes, os científicos observaron que as perdas por erosión son relevantes para nitróxeno, calcio, fósforo e magnesio, mentres que entre os micronutrientes son importantes para molibdeno, manganeso e zinc. Respecto do zinc e cobre, que poden ser tóxicos en cantidades elevadas, alertan de que as súas concentracións son moi altas nos sedimentos tras un incendio forestal, o que pode contaminar as zonas onde se depositen (marxes fluviais, encoros ou rías). Os niveis de manganeso, outro micronutriente, mantéñense elevados no solo durante máis dun ano, o que pode suscitar problemas ao poder interferir coa absorción de ferro polas plantas.

Os investigadores do CSIC tamén compararon as perdas de solo e nutrientes en zonas sen tratamentos de restauración post-incendio e con dúas técnicas: cuberta de palla e sementeira con herbáceas. Polo menos en zonas con elevado risco de erosión por precipitacións recomendan aplicar de inmediato a cuberta con palla, que reduce as perdas nun 90%, ata en condicións de choivas moi intensas pois durante o seu estudo as precipitacións acumuladas excederon os 3.000 litros/m2.

Arriba.

Fotografía: Aplicación de palla nas parcelas da queima experimental feita polo IIAG-CSIC e o CIFA-Lourizán.

 

Despois do lume ven a erosión: novo exemplo co Monte Pindo

Caldebarcos-O Pindo, 12 de novembro de 2013

Como acontece cada vez que despois dun lume chega rápidamente un periodo de fortes chuvias antes de que a vexetación poida recuperarse, as cinzas e a capa superficial do solo son arrastradas pola erosión, danando e empobrecendo aínda máis a zona queimada, pero tamén provocando danos en infraestruturas e nas zonas onde os sedimentos se depositan.

Despois das intensas trombas de auga que arrasaron a zona queimada do Monte Pindo na segunda metade de outubro, as cinzas amorearonse nas partes baixas, gabias das estradas, esteiros, praias e bancos marisqueiros. Os traballos de limpeza das confrarías de mariscadores e a axuda das mareas retiraron xa unha grande parte da "marea negra de cinzas" que, nembargante, aínda é apreciable nalgunhas zonas e noutras permanece agochada baixo a area.

Arriba.

A capa de cinzas acada puntualmente ata os 7-8 cm de espesor.

A zona da Boca do Río semella estar limpa...

...pero a cinza acumúlase nalgúns puntos...

...e non toda está na superficie...

... pois forma un "hoxaldre" coa area (referencias: 1 € e paleta de 20 cm)

Na Berberecheira hai zonas máis limpa...

... e con máis acúmulos de cinza (mango da paleta = 10 cm)

Arrastres na gabia da estrada Caldebarcos-O Pindo

Cinzas na praia de O Pindo

 

2000, 2011, 2012... unha e outra vez os grandes incendios arrasan Valdeorras

Apagados os lumes e as noticias na prensa... a erosión non se detén

Ourense, 08-01-2013

Como unha imaxen vale máis que mil verbas, velaí vai unha testemuña recollida o pasado día 5 de xaneiro dalgunhas das consecuencias dos incendios forestais, neste caso o de Valdeorras de comezos de agosto de 2012: a erosión con perda importante de solo e perigo para os usuarios da estrada tal e como está sinalizada a N-536 a súa saída de Viloira. Nas cunetas observánse restos de cinsa e pequenos anacos de paus carbonizados procedentes da vexetación, depósitos das porcións de finos dos solos e terra mesturada con pequenas rochas soltas desprendidas das ladeiras queimadas.

Recordamos o vínculo para ver un magnífico video divulgativo sobre a importancia do solo: "Let's talk about soil"- Spanish.

Fotografías: Imaxe do monte e a pasarela peonil queimados ao carón da estrada N-536 xusto despois do lume o 11-08-2012 (esquerda) e na actualidade (05-01-2013).

Fotografías: Sinal de perigo de desprendementos dende a zona queimada e arrastres de cinza, terra e pedras na N-536.

Fotografías: Cinza e restos de vexetación queimada arrastrados ata a gabia da estrada N-536.

Arriba.