logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   
 

INCENDIOS FORESTAIS: XESTIÓN POLÍTICA

INCENDIOS FORESTAIS:
Carta aberta de SGHN ao Presidente da Xunta de Galicia,
aos partidos pol
íticos e a toda persoa que queira escoitar

Santiago, 30-10-2017

Sr. Presidente,

Despois de ler detidamente a súa declaración institucional logo da vaga de incendios de outubro, sentímonos de novo profundamente decepcionados.

Ao longo do seu discurso todo é etéreo, ambiguo, cando agora é momento de falar con claridade e actuar con determinación.

Fala vostede de terrorismo pero ben sabe que NON SON TERRORISTAS os que queiman o monte en Galicia, nin incendiarios vidos de fóra. Vostede sabe perfectamente dende hai anos que son xente de aquí, galegas e galegos como vostede, como todos nós, que por moi variados motivos prenden lume no monte, no que no fondo podería semellar un desapego da terra, un desamor por Galicia que ninguén ata agora tentou corrixir.

En canto a vostedes, Partidos Políticos e gobernantes que nos representan, non podemos dubidar da sinceridade da súa dor e o seu pesar, mais cando despois de cada vaga de lumes se enfrontan no Parlamento, nas Deputacións ou nos Concellos, cando fan declaracións públicas, semella que os incendios, lonxe de ser unha prioridade, impórtanlles ben pouco.

TODOS, en maior ou menor medida, son tamén responsables deste desastre, sexa por toleralo, por non denunciar, ou por non poñer os medios para o evitar.

Apliquen vostedes as leis, empreguen con intelixencia e visión de futuro os recursos públicos que xestionan, fagan o seu traballo e adiquen os seus esforzos á procura do ben para todos.

Póñanse todos a unha, sen cores nin bandeiras, a loitar contra os incendios forestais e, DE VERDADE, "fortalezan os lazos de unión de toda a xente que vive, que vivimos, en Galicia" como din na declaración institucional. Aí tamén estaremos nós.

Agora é o momento, aprovéiteno, aproveitémolo.

Xunta Directiva Xeral de SGHN

Arriba.

 

...e chegou outro ano e pasou tamén...

Galicia calidade Galicia calamidade

Vigo-Santiago, 11-09-2016

Hai un ano, Luis Davila reflectía maxistralmente a problemática da recorrencia continua dos lumes forestais en Galicia. Rematábanos a nosa entrada (abaixo) desexando que "oxalá o vindeiro ano poidamos dicir que quedou anticuada". Lamentablemente non só non quedou anticuada senón que, outra vez, os gravísimos lumes que devoran Galicia voltaron a ser o tema dunha viñeta de Davila, de novo extraordinaria.

Magnífica viñeta de Luis Dávila, publicada no Faro de Vigo do 08-09-2016. Reproducida con permiso do autor.

Arriba.

 

CARTA ABERTA AO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

Santiago de Compostela a 5 de marzo de 2012

Sr. Presidente,

Hai máis de trinta anos que nos lumes se incide nos mesmos erros, que non se sosteñen e son difícilmente explicables.

Os incendiarios forestais lévannos costado:

  • vidas humanas
  • vivendas, bens e facendas
  • o noso patrimonio forestal
  • incalculables perdas ambientais
  • a destrucción da paisaxe de Galicia
  • a disminución da biodiversidade galega
  • millóns de euros queimados e absolutamente improductivos
  • a hipoteca do noso desenvolvemento futuro e, en fin,
  • a degradación do noso país

.... e seguen ...

Na eliminación dos incendiarios e dos incendios forestais ata agora TODOS TEÑEN FRACASADO.

Véxase a publicación de SGHN do ano 1983 cunha análise sobre o tema naquel momento ...... ¿ou trátase de agora mesmo?

Poderá apreciar que non existen moitas diferencias, pois é un problema repetido ano tras ano.

Resulta evidente que as soluccións postas en práctica foron inútiles. Toca pois buscar novos camiños e aplicar outros métodos que poidan acadar resultados positivos.

A problemática hai que afrontala coa verdade por diante. Con valentía e intelixencia para ter posibilidades de éxito.

E alguen ten que plantexar e liderar este cambio imprescindible.

.......  ¿por qué non vostede, Señor Presidente?

Arriba.

PDF deste voceiro.