logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Primeira Semana Mundial do Solo: "Solos para a Vida"

Extraordinario video dilvulgativo sobre a importancia dos solos

Santiago, Berlín 02-12-2012

Do 18 ao 22 de novembro e co lema "Soils for life" celebrouse en Berlin a "First Global Soil Week" organizada polo Institute for Advanced Sustainability Studies de Postdam. O primeiro día presentouse o video animado "Let's talk about soil" (Falemos do solo) que explica a realidade do solo como recurso no mundo, cubrindo os aspectos de degradación, urbanización, apropiación de terras e sobreexplotación; o video, ademais, plantexa opcións para que sexa máis sustentable o manexo que facemos dos solos. O video é realmente unha xoia da divulgación científica e tamén ambiental: riguroso, claro, ameno e visualmente moi atractivo; IMPRESCINDIBLE. Por se iso fóra pouco, está dispoñible en 5 idiomas, un deles o castelán dende o seguinte vínculo: "Let's talk about soil"- Spanish.

Por outra banda, o video serve de magnífico complemento á reseña "Día mensual do medio ambiente" do pasado mes de outubro, no que se explica a importancia trascendental do solo como base de todos os ecosistemas terrestres e reservorio dunha parte moi importante da biodiversidade.