logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES

 

 

SAÍDA AOS SOBREIRAIS DO ARNEGO

Sada, 07-04-2013

A Delegación de As Mariñas da SGHN organiza unha saída aos Sobreirais do río Arnego (A Golada, Pontevedra) o domingo, 14 de abril de 2013. Farase un percorrido de 6 km de dificultade baixa á beira do río Arnego e arredores e recoméndase levar comida, calzado e roupa axeitada

  • Lugar de encontro: díante IES Isaac Díaz Pardo (Sada) ou outro a indicar.
  • Hora de saída: 10:30 horas.
  • Hora inicio regreso: sobre as 17 horas.
  • Medio de transporte: vehículos particulares, organizándose en grupos para ocupar os coches.
  • Non se cobra inscrición.
  • Data límite de aviso: xoves 11 de abril ata as 22:00 horas.
  • Anotarse: correo electrónico ou SMS no 686143143.

 

GEOLODÍA 2013

Ferrol, 27-03-2013

Organizado por SGHN-Delegación de Ferrol coa coordinación da Sociedad Geológica de España, o vindeiro 11 de maio celebrarase en Burela o Geolodía 2013 "Un paseo dende o Cámbrico ao Cuaternario".

As prazas son limitadas e para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a ferrol@sghn.org antes do 8 de maio.

 

Segundo aniversario da Sección Antela

Ourense, 22-01-2013

A Sección Antela de SGHN, ten o gusto de convidarvos a gozar dun día certamente especial e cunha proposta diferente pola Limia. O vindeiro día 02/02/2013, sábado, celébrase baixo o lema: “Os humedais e o manexo do auga” o día Internacional dos Humedais conmemorando a data na que se adoptou a Convención sobre os Humedais (Convención de Ramsar). Ese mesmo día, celebramos tamén o II Aniversario da creación da Sección Antela que, como sabedes, pretende a recuperación de humedais en zonas marxinais de Antela.Dende a Sección Antela vemos con crecente inquedanza a situación da xestión do auga na Limia, un problema que non é novo. SGHN vén manifestando dende hai anos a súa preocupación a través de numerosos escritos e alegacións relativos ao modelo de xestión agrícola e gandeiro na comarca, propoñendo como alternativa que se impulse un desenvolvemento sostible potenciando a produción integrada e fomentando a transición progresiva á produción ecolóxica.

Con todo, propoñémosvos a saída para o Día dos Humedais, sábado 2 de febreiro. Punto de encontro: Sandiás, na entrada do pobo chegando dende Ourense pola estrada N-525. Hora de encontro: 10:00 h.Actividades da mañá:

  • Visita á canle de drenaxe da Lagoa de Antela, explicación sobre augas termais localizadas na Limia e observación de fauna e flora presente.
  • Subida á Torre de Pena para observar o emprazamento da antiga lagoa.
  • Percorrido ao longo do emisario de Antela ata as veigas de Ordes en Rairiz de Veiga.
  • Se houbese tempo, visita ás areeiras para observar aves acuáticas.
Comida:
  • Para ese día organizamos unha comida moi especial na que poderemos recordar sabores que pensabamos perdidos. Teremos como anfitrións á cooperativa de produción ecolóxica local Daiquí, (http://www.daiqui.com), creada en 1996 por persoas amantes da agricultura e a natureza en Rairiz de Veiga, concello que aínda conserva unha valiosa mostra do sistema agrario tradicional, posto que é o único da Limia que aínda non foi concentrado.
  • A comida será un picoteo-degustación de produtos ecolóxicos: pan, queixo, conservas, froitos secos, froitas variadas,... (non haberá ningún prato cociñado); o custo será de 10 EUR por persoa.
  • Comeremos nas instalacións da cooperativa e os seus responsables explicaránnos o seu ilusionante proxecto e as principais diferenzas entre a agricultura convencional e a ecolóxica.
As persoas interesadas na comida terán que poñerse en contacto a través do correo electrónico antela@sghn.org e facer o ingreso na conta 2013-1843-53-0200079056, ou poñerse en contacto con Marcos (629635512) ou Isabel (649441518). Avisar preferiblemente antes do día 30/01/2013.

 

Dous anos de Fragas do Mandeo

As Mariñas, Ferrol, 11-01-2013

A Sociedade Galega de Historia Natural e a Fundación Fragas do Mandeo ofreceremos unha conferencia en Ferrol sobre a custodia do territorio titulada "Fragas do Mandeo: O fondo de conservación da natureza de As Mariñas", que impartirá o Presidente da Fundación, Fernando Bandín, o venres 18 de xaneiro ás 8 da tarde no Museo de Historia Natural.

A custodia do territorio é unha fórmula de conservación da natureza que busca preserva-la biodiversidade mediante acordos cos propietarios de fincas. A Fundación Fragas do Mandeo - constituida por Sociedade Galega de Historia Natural, Grupo Naturalista Hábitat e a asociación cultural O Rabo do Galo - é unha entidade non lucrativa declarada de interese galego que practica a custodia do territorio na comarca coruñesa de As Mariñas.

Na conferencia vai falarse das características da custodia do territorio, da súa eficacia como fórmula para protexe-la natureza, da súa implantación no estranxeiro e no conxunto do Estado, das fórmulas legais para aplicala (compra-venta, doazón, legado testamentario, cesión, etc.) e das actividades de Fragas do Mandeo nos seus dous primeiros anos de vida.

 

A nebria das praias: un pequeno depredador sociable nos areais costeiros galegos

Introdución á bioloxía, ecoloxía e distribución da Eurynebria complanata (Coleóptero, Carábido),
o seu papel como indicador ambiental e conclusións do seguemento dunha das súas poboacións galegas durante tres anos.

Ferrol, 04-12-2012

Eurynebria complanata é un insecto depredador que cada vez está máis ameazado -e menos estudado- debido ao deterioro do seu hábitat específico do que, cada vez máis, tende a desaparecer (praias, na zona de transición entre a duna embrionaria e a liña de preamar).
O ponente da conferencia será Pablo Carballo, biólogo, profesor e naturalista, que leva algo máis de tres anos adicados de cheo ao estudo da ecoloxía desta singular especie na Costa da Morte (A Coruña).

A actividade en si constará de dita conferencia e dunha saída, posiblemente a realizar o venres 28 de decembro coa intención de poder observar esta especie no seu propio hábitat.

Data: xoves, 27 de decembro.

Hora: 20:00 horas.

Lugar: Salón de Actos do Museo de Historia Natural (Casa do Coronel, s/n. Praza de Canido, Ferrol, A Coruña)

 

Dous anos de Fragas do Mandeo

As Mariñas, Santiago, 16-11-2012

A Sociedade Galega de Historia Natural e a Fundación Fragas do Mandeo ofreceremos unha conferencia en Santiago sobre a custodia do territorio titulada "Fragas do Mandeo: O fondo de conservación da natureza de As Mariñas", que impartirá o Presidente da Fundación, Fernando Bandín, o mércores 28 de novembro ás 7 da tarde na sala da Galería Sargadelos.

A custodia do territorio é unha fórmula de conservación da natureza que busca preserva-la biodiversidade mediante acordos cos propietarios de fincas. A Fundación Fragas do Mandeo - constituida por Sociedade Galega de Historia Natural, Grupo Naturalista Hábitat e a asociación cultural O Rabo do Galo - é unha entidade non lucrativa declarada de interese galego que practica a custodia do territorio na comarca coruñesa de As Mariñas.

Na conferencia vai falarse das características da custodia do territorio, da súa eficacia como fórmula para protexe-la natureza, da súa implantación no estranxeiro e no conxunto do Estado, das fórmulas legais para aplicala (compra-venta, doazón, legado testamentario, cesión, etc.) e das actividades de Fragas do Mandeo nos seus dous primeiros anos de vida.

 

IV XORNADA MICOLÓXICA EN SADA

Como tódolos anos, o vindeiro 3 de novembro organizamos a xornada de identificación e degustación de cogomelos. Logo de regresar de recoller cogomelos cos expertos procederemos á súa clasificación nun espazo que nos deixarán na carpa en Sada no lugar no que a Asociación Queiroa fará o magosto e o concurso de baile galego. Será entre as 17 horas e as 20 horas. Logo recolleremos e iremos á degustación (os que estean anotados).

Podedes seguirnos no noso Facebook:
http://www.facebook.com/sghn.asmarinhas

 

ROTEIRO POLO RÍO MANDEO
9 DE SETEMBRO

  • Roteiro guiado polo río Mandeo duns 15 km o día 9 de setembro.
  • Dificultade baixa.
  • Esperamos estar antes das 18 horas de volta en Sada.
  • Visitaremos tamén as zonas onde está traballando "Fragas do Mandeo".

 

SAÍDA ENTOMOLÓXICA Á SERRA DA CAPELADA

 

30 de xuño: NA PROCURA DO ABELLARUCO (por terras de Viana do Bolo) E MÁIS... 2ª Edición

Actividade organizada pola Sección Antela de SGHN

Sábado 30 de xuño de 2012 Día completo. Comida incluída (na casa rural Mirador da Ribeira en Viana do Bolo)

Programa (horarios a título indicativo):

  • 08:45 a 09:00. Saída en coches particulares dos participantes, organizándose no punto de encontro para reducir na medida do posible o número de coches (menor pegada ecolóxica). Punto de encontro N-525 pk 232,2 á altura de San Cibrao das Viñas (aparcamento do antigo Restaurante Fonteboa), hai sitio dabondo para prepararse e deixar os coches sobrantes).
  • 08:45/9:00 a 10:00. Viaxe de ida dende Ourense ata A Gudiña, donde establecemos un segundo punto de encontro nas inmediacións da gasolineira da Gudiña.
  • 10:00 a 13:30. Ruta en coche ata Dradelo e o Santuario do Pai Eterno de Quintela de Umoso, con paradas en varios puntos á procura dos abellarucos e observacións varias.
  • 13:30 a 14:00. Desprazamento ata Viana e comida de confraternización Beónfeitores na casa rural “Mirador da Ribeira”.
  • 16:30 a 17:30. Pequeño roteiro pola Vila de Viana do Bolo.
  • 17:30 a 19:30/20:00. Ruta pola explotación aurífera romana de "As Borreas" ou "As Barreiras" (Médulas de Caldesiños, Viana do Bolo).
  • 19:30/20:00 a 21:00. Viaxe de regreso a Ourense.

Condicións para participar:

  • Partipación de 15 euros por persoa (12 pola comida + 3 de aportación Beónfeitores).
  • Grupo máximo de asistentes 30 persoas por orden estricto de inscrición e pagamento.
  • Data máxima para inscrición e pagamento o día 24/06/2012.

Forma de pagamento:

  • Transferencia á conta bancaria Nº 2013-1843-53-0200079056 (Catalunya Caixa) e envío de xustificante por correo electrónico a antela@sghn.org.
  • Outros medios, contactando con Isabel (649.441.518) ou Marcos (629.635.512)

Para calquera dúbida ou pregunta, os mesmos contactos: correo: antela@sghn.org teléfonos: 649441518, 629635512

 

10 de xuño: Saída á Serra do Xistral

 

 

 

9 de xuño: Saída por A Limia, para conmemorar o día do Medio Ambiente

A Sección Antela convídavos a participar nunha saída o vindeiro día 9-06-2012 con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. O lugar de encontro será o Parque do Toural en Xinzo ás 17:00 horas, dende aquí farase un corto itinerario polo río Limia con varias paradas en zonas de interese para chegar ás areeiras onde se fará unha observación ornitólóxica.

 

3 de xuño: Rastrillo en Betanzos: recadación de fondos para Fragas do Mandeo

O próximo domingo 3 de xuño celebrarase un rastrillo na praza do Campo de Betanzos organizado por Fragas do Mandeo para seguir recadando fondos e mercar fincas para conservalas.

2 de xuño: "Alimentación sana y evolución"

O próximo día 2 de xuño, sábado, ás 19:00 terá lugar no salón de actos da SGHN en Ferrol (Praza de Canido, s/n) unha conferencia que baixo o título "Alimentación sana y evolución" impartirá Ángel Burrel Botaya, profesor de psiconeuroinmunoloxía clínica, osteópata e fisioterapeuta, ademais de socio da SGHN.

 

14 de abril: Roteiro polo río Baa

SGHN, Verdegaia, a Plataforma de Afectados polo Polígono de Vilar de Colo, a Plataforma de Defensa dos Camiños e ADEGA organizan o vindeiro 14 de abril a 1ª Andaina do Río Baa. A hora prevista de saída son as 11:00 h da mañán e prevese chegar as 16:30 h despois de percorrer unha distancia de 3,5 km. Máis información.

 

Censos 2012, con algunhas sorpresas

Durante estes días, os grupos de censadores da SGHN están a desenvolver un intenso traballo, sempre a contra reloxo porque as horas de luz son poucas, recollendo os datos das aves acuáticas que pasan o inverno en Galicia. Percórrense centos, ou máis ben miles, de quilómetros da nosa xeografia escudriñando os humidais e masas de auga con vento, choiva, néboa, xeo, neve ou sol.

Neste ano estase a apreciar un descenso de algunhas especies, relacionadas inicialmente coa falta de temporais e de vagas de frío intenso no norte, pero pola contra tamén aparecen sorpresas casi inesperadas, neste caso podemos apuntar a localización de 3 exemplares de Morito (Plegadis falcinellus) no río Limia o día 14-01-2012 e tamén de 2 Garceta grande (Casmerodius albus) nas areeiras de Sandiás ese mesmo día, e outras 3 no Grove o día 15-01-2012, onde tamén se obsrvaron 5 Barnaclas carinegras (Branta bernicla).

Fotografías: Grupo de censadores no Grove o 15-01-2012 (esquerda) e grupo de moritos en A Limia o 14-01-2012 (enrriba).

Pero as sorpresas non sempre son agradables, o día 9-01-2012 durante o censo dos encoros de O Bao e do Cenza en Ourense, o grupo de censadores apreciou o efecto dos incendios do outono con unha moi grande incidencia nesta parte do Macizo Central Ourensán e diferentes puntos dos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, por non citar os observados durante o desprazamento ata as zonas de censos, eses incendios de inverno que (case) nunca saen nos medios de comunicación nen nas estatísticas oficiais. Pero por si fora pouco o desastre, resulta evidente a lixeireza coa que se manexa o lume e a utilización sin control das zonas queimadas, baste ver os exemplos que se acompañan.
E seguimos cos censos ........

Fotografía: Área queimada en Manzaneda durante a vaga de lumes do outono de 2011, co encoro do Cenza en primeiro plano.

Fotografía: Incendio o 08-01-2012 co Parque Eólico do Padornelo á dereita, visto dende o encoro do Cenza..

Fotografía: Vaca pacendo nunha zona queimada o pasado outono, incumprindo a Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

 

Censos 2012: Un ano máis, xaneiro é tempo de censos de aves acuáticas invernantes

Os censos de aves acuáticas invernantes veñen realizándose anualmente dende 1973 xeralmente durante as últimas tres semanas do mes de xaneiro. Normalmente cénsanse tódolos anos unhas 50 localidades coa participación de entre 40 e 50 ornitólogos da S.G.H.N. Os censadores colaboran de forma altruista e esforzada e aportan  persoalmente tódolos medios necesarios, correndo cós gastos xerados pola actividade.

A realización pola Sociedade Galega de Historia Natural dos censos de aves acuáticas invernantes en Galicia ó longo dos últimos 38 anos é un exemplo claro da utilidade e necesidade deste tipo de estudios básicos sobre a evolución a longo prazo das poboacións das especies animais para garanti-la conservación da biodiversidade, obxectivo que hoxe está na boca de todos pero que hai un cuarto de século poucos defendían.

Os censos permitiron identifica-las principais zonas de invernada de aves acuáticas en Galicia, información que pouco a pouco foi empregando a administración, primeiro a estatal e logo a autonómica, para protexe-los humidais máis salientables da nosa comunidade.

A información máis detallada pódese consultar no número 10 da revista Braña.

 

 

XEIRAS NATURALISTAS