logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
     

 

"Con herbicidas e ao tolo"

"Proxeccións" en calquera recuncho de Galicia, pero non é de Billy Wilder e tampouco unha película

Santiago, 15-06-2015

Nun escrito dirixido ó Valedor do Pobo, ás catro Deputacións (C, Lu, Ou, Po) e ás Consellerías de Sanidade, de Medio Ambiente e de Medio Rural, SGHN ven de manifestar, unha vez máis, a súa gran preocupación pola amplitude e alcance da aplicación masiva de fitosanitarios de acción herbicida sobre quilómetros e quilómetros das redes de vías férreas e estradas estatal, autonómica e provinciais.

A preocupación increméntase tendo en conta:

  • As especiais características do rural galego (explotacións agrícolas familiares para autoconsumo, multitude de mananciais e pozos empregados para consumo humano, gando en réxime extensivo ou
    explotacións apícolas dispersas), e
  • O xeito de actuación indiscriminado das nosas administracións.

Aínda que habitualmente se aplica unha mestura de varios produtos, o herbicida máis utilizado nestes tratamentos é o glifosato, respecto ó que existen dúbidas razoables sobre a súa presunta inocuidade segundo os últimos estudos da OMS.

"Hay pruebas convincentes de que el glifosato puede causar cáncer en animales y hay pruebas limitadas de carcinogenicidad en humanos (linfoma no Hodgkin)'.

Coa información contida no Rexistro de produtos fitosanitarios dunha das marcas comerciais máis coñecidas do glifosato, nos devanditos escritos SGHN analízanse algunhas das imaxes habituais na nosa xeografía.

 

1. "Prazo de Seguridade: Non Procede".

O cal é lóxico pois en vías públicas presuponse que non se consumirá a vegetación. Con todo en moitas zonas aínda se poden ver animais pastando ao bordo das estradas sobre as zonas de aplicación do herbicida ou desprazándose entre as cuadras ou os pastos e mesmo, os cans poden consumir herba destes lugares para purgarse.

2. "Mitigación de riscos ambientais.

Para protexer as plantas non obxecto do tratamento, respéctese sen tratar unha banda de seguridade de 5 m. ata as zonas non cultivadas ou cultivos adxacentes".
As aplicacións realízanse de forma continua nunha franxa de anchura variable ao bordo de vivendas, xardíns, hortas ou leiras sen respectar esta franxa de seguridade con danos ocasionales sobre os cultivos.

3. "Perigoso para o medio ambiente" e "non contaminar a auga co produto nin co seu envase".

Mentres tanto unha gran parte das aplicacións realízanse sen nengún reparo e xeneralizadamente sobre zonas con risco de contaminación de augas como cunetas e bordos de estradas, ata nalgúns lugares realízanse tratamentos deste tipo en estradas inmediatas a encoros de abastecemento de auga ou sobre mananciais e pozos sen respectar ningunha distancia de seguridade.

4. "En áreas non cultivables sinalizar a zona tratada durante polo menos 48 horas".

En múltiples ocasións incumprense ambas premisas. No mesmo momento da aplicación os usuarios da vía carecen de información sobre estas operacións, non sendo conscientes da aplicación de herbicida ao atoparse circulando o vehículo desde o cal realízase o tratamento podendo entrar en contacto co produto en caso de avería, accidente, necesidade ou calquera outro percance da circulación que sucedese detrás do vehículo aplicador.

5. "Non realizar actividades que impliquen o contacto co área ou o cultivo tratado ata que o produto depositado estea seco e polo menos 24 horas logo da aplicación".

Esta indicación refírese aos operarios que deben de levar o equipo de protección adecuado, pero que sucede cando hai peóns na zona de aplicación? Como se ve nestas imaxes unhas persoas camiñan pola vía pública e apártanse lixeiramente do vehículo de aplicación mentres éste segue o tratamento, así estes cidadáns entran en contacto directamente co produto antes de que estea seco e, por suposto, antes de 24 horas logo da súa aplicación.

Como se pode comprobar incúmprense varias das especificaciones sinaladas polo fabricante e, por si isto fose pouco tamén se incumpren outros aspectos destacados no RD 1311l/2012 por exemplo os referidos á contaminación das augas (artigos 30 ao 34) ou varios dos condicionamientos xerais para os usos profesionais non agrarios por exemplo algúns contidos no artigo 50:

"1. En los espacios utilizados por el público en general, el responsable de la aplicación deberá:
a) Adoptar las medidas necesarias para evitar que se produzca el acceso de terceros, tanto durante la ejecución de los tratamientos como durante el periodo de tiempo siguiente que se haya determinado necesario para cada caso.
b) Realizar los tratamientos en horarios en que la presencia de terceros sea improbable, salvo que se trate de jardines cercados o que sea posible establecer una barrera señalizada que advierta al público de la prohibición del acceso al área comprendida dentro del perímetro señalizado.
"

"Proxección" de herbicida directamente sobre peóns na beira da estrada.

Noutra orde de cousas, o modelo de uso de herbicidas para a xestión das malas herbas estase exportando masivamente ao ámbito agrario profesional ou non profesional e aos usuarios particulares, de modo que cada vez son maiores os riscos e problemas derivados da proliferación destes métodos. Caso extremo é o que sucede en espazos naturais protexidos como a ZEPA A Limia onde o uso de herbicidas nos meses de inverno e primavera contravén as mínimas normas de seguridade e garantías ambientais sobre todo nos aspectos relacionados coa contaminación das augas.

Aplicación indiscriminada de herbicidas en terreos asolagables na chaira da antiga lagoa de Antela.

Todo o exposto anteriormente non é máis que un achegamento superficial á situación pois xeralmente, como se apuntou antes, os tratamentos herbicidas conteñen máis produtos que o glifosato, produtos todos eles clasificados como biocidas que segundo a súa propia ficha de datos de seguridade son nocivos e perigosos para o medio ambiente. Ademais existen dúbidas razoables sobre a presunta inocuidade destes produtos segundo os últimos estudos da OMS.
"Hay pruebas convincentes de que el glifosato puede causar cáncer en animales y hay pruebas limitadas de carcinogenicidad en humanos (linfoma no Hodgkin)".
Nos últimos anos algunhas administracións xustifican o uso destas técnicas polo aforro económico: con todo, deben de valorarse tamén as consecuencias para as persoas e o medio ambiente deste tipo de actuacións. Por todo iso SGHN apremia a todos os organismos e institucións implicadas a que adopten cantas accións sexan precisas para a aplicación da normativa e a adopción das medidas oportunas para conseguir un uso axeitado dos plaguicidas e sobre todo que se desbote definitivamente o uso masivo de fitosanitarios de acción herbicida nas estradas da nosa comunidade empregando outros métodos de control ou medios distintos dos produtos fitosanitarios de natureza química como sinala o RD 1311/2012.

"Artículo 1. Objeto.
El presente Real Decreto tiene por objeto:
a) Establecer el marco de acción para conseguir un uso sostenible de los productos fitosanitarios mediante la reducción de los riesgos y los efectos del uso de los productos fitosanitarios en la salud humana y el medio ambiente, y el fomento de la gestión integrada de plagas y de planteamientos o técnicas alternativos, tales como los métodos no químicos."

O anterior catálogo recollido de flagrantes incumprimentos das recomendacións técnicas e a normativa legal vixente, cando non de auténticas barbaridades sanitarias e ambientais, é xa tremendamente impactante pero SGHN pensa que pode ser tan só a punta dun enorme iceberg, polo que ven de inaugurar un novo apartado nesta web "Con herbicidas e ao tolo" para recoller as imaxes que nos envíe calquera cidadán preocupado polo impacto dos herbicidas na saúde e o ambiente.