logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

ferrol@sghn.org

line decor
  NICIO   
line decor
   
 

 

III Andaina a prol do Río Baa
Roteiro pola Serra do Forgoselo. Veiga dos Foles-Rego Mariaqueira

Modelo de viabilidade de sistema fluvial nun contexto de usos produtivos tradicionais e duns valores naturais salientables

Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia, ADEGA, Plataforma de afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo, Plataforma de Defensa dos Camiños son un grupo de entidades que veñen realizando accións tendentes a salvagardar os valores presentes no Río Baa, ameazado na actualidade por 60.000 toneladas de residuos asfálticos contaminantes depositados á súa beira. Entre estas accións atópase unha serie de roteiros nos que se encadra esta III andaina a prol do Río Baa.

A degradación dalgúns dos nosos ríos, maiormente os ubicados en zonas moi poboadas como é o caso do litoral, esixe tomar medidas urxentes para a súa recuperación, tanto pola importancia dos seus hábitats como pola presión das actividades produtivas.

É preciso, logo, achegarnos a modelos afastados desa excesiva presión humana, que permitan observar vías para a recuperación de espacios naturais tan valiosos como o Río Baa. Tan ambicioso obxectivo só poderá acadarse unindo as vontades de propietarios-as e administración, partindo do total respeto ao principio de sostibilidade de tal maneira que se poidan compatibilizar os criterios de produtividade e de conservación dos espazos naturais.

A Serra do Forgoselo e máis concretamente os ecosistemas do Rego Mariaqueira e inmediacións, integrantes da Rede Natura, serven como exemplo de usos sostibles do monte e do sistema fluvial.