logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

Os homes que non amaban... ás árbores

...e empéñanse en pavimentalas

Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, 27-03-2014

Nos últimos días Xulio Valeiras dende Vigo, Ángel Dorrío (Amigos da Terra) dende Ourense e Jesús González dende Santiago mandáronnos fotos cunha temática coincidente: o pavimentado dos alcorques das árbores nas rúas. Os tres amantes das árbores que nos escriben están moi preocupados pola desnaturalización e urbanización crecente dos recunchos verdes en rúas, prazas, parques e xardíns. Ás talas ou podas salvaxes de árbores magníficas, únese agora o arrincado de moitos setos que se sustitúen por valados e o pavimentado de zonas antes cubertas por céspede ou, simple e naturalmente, de terra a un "módico" precio de 15-19 euros/m2 de alcorque (só a resina).

Así, a moda de pavimentar os alcorques das árbores exténdese polas rúas das vilas galegas. Nada de terra, algo antigo e suxo.

Moito mellor, máis moderno e limpo un pavimento de caucho ou de áridos (gravas ou coios) aglomerados cunha resina sintética coa que todo son vantaxes, comezando porque é " unha protección da vexetación, sobre todo no caso da raíces das árbores ... preserva a humidade do chan no verán e conserva a calor do chan no inverno".

E isa só é a primeira das "vantaxes" que a teimuda realidade empéñase en contradicir, como podes comprobar coas fotos e pés de foto desta reseña.

Imaxes: Pavimentado de alcorques na Rúa Nicaragua de Vigo coa "resina marabillosa" e adoquíns de "rosa Porriño".

Imaxes: Pavimentado de alcorques na Rúa do Paseo e arredores do Parque de San Lázaro en Ourense coa "resina marabillosa" e caucho.

Imaxes: Os fumadores do bar do lado empéñanse en contradicir que o pavimentado "Supón un aforro de tempo e man de obra no mantemento (poda, rego e retirada de lixo) dos pavimentos de xardín e alcorques" (esquerda).
Pola súa banda, os cans de Santiago seica non leron a publicidade e non saben que "pódese conseguir un acabado con moitas irregularidades, dificultando o tránsito normal de cans ou gatos, ... poderase lograr que non se acheguen e evitar malos cheiros" (dereita).

Imaxes: Segundo a publicidade, o pavimentado dos alcorques "limita o crecemento das malas herbas". A mágoa non é que as herbas medren nos alcorques senón que o produto marabilloso non "limite o crecemento dos malos concelleiros de parques e xardíns". Fotografías na rúa Sta. Marta de Arriba en Santiago de Compostela, unha zona de beirarrúas "humanizadas" co Plan E.