logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

 

Os homes que non amaban ... ás árbores

Ancares

Coas fotos e o texto remitidos polos nosos compañeiros Yosy e Juan Ignacio, comezamos a colgar na web as contribución dos amantes das árbores (ver Características fotos e condicións) que non se resignan a ver como estas marabillosas criaturas sufren os malos tratos que lles infrinxen "Os homes que non amaban ... ás árbores".

"Na terra dos osos por excelencia, onde o gran mamífero observa tralas rochas da ladeira ó camiñante que ignora ser obxecto da súa curiosidade. Nese lugar máxico, os homes limitan a terra, poñendo cerco de aramado á prolífica vida que os rodea. As vellas árbores serven de estacas, onde se incrustan los arames e os cravos que axudan a pechar o que creen seu. Os homes supoñen que as árbores colaboran fachendosas co traballo obrigado, pero elas tan só sobreviven, crecendo coas feridas, resistindo con resignación os ataques que lles provoca ese outro plantígrado, aínda máis depredador, que é o home."