logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

 

Os homes que non amaban ... ás árbores

O Courel

O Courel, 13-10-2012

Isabel envianos estas imaxes que captou nunha saída naturalista outonal polo Courel e que son, dúas boas mostras do que non se debe facer ás árbores.

Imaxe da dereita. Os desbroces causan danos importantes nas gaias e troncos das árbores das beiras das estradas. Estas lesións, ademáis de antiestéticas, son punto de entrada de fungos, bacterias e insectos. Un efecto non considerado normalmente é o risco de dispersión de enfermidades ao longo das áreas desbrozadas e a todas as zonas onde se utilice a misma máquina sen desinfectar.

Imaxes abaixo. Na Devesa da Rogueira "Xoia Botánica de Galicia" e bosque reconocido pola WWF como un dos máis importantes da Península Ibérica, os sinais metálicas dunha ruta de sendeirismo están clavadas directamente sobre os troncos das magníficas árbores. E o máis probable é que co paso do tempo o sinal sexa pouco a pouco "dixerida" pola árbore.