logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

 

 

Si, si, aquí tamén os hai!!!
Os homes que SI amaban... as árbores

Santiago de Compostela, 18-01-2016

Hai apenas un ano, na sección "Os homes que non amaban... as árbores" desta páxina indicábamos que "algúns deseñadores e responsables de parques e xardíns por toda Galicia, case no lle deixan espazo ás raizames das árbores, malia que o haxa de sobra na praza ou na beirarrúa" , afirmación que ilustrábamos cuns poucos exemplos de Santiago de Compostela (máis...), entre eles as dúas fotos de abaixo (na Praza Roxa e a Rúa Santa Marta; as frechas indican unha moneda de 2 euros), e salientabamos "que OS QUE AMAMOS AS ÁRBORES dexesaríamos ver corrixidos o antes posible".

Daquela difícilmente poderíamos imaxinar que íamos a ter tan rápido unha sorpresa tan extraordinariamente boa: na recén remodelada Avda. Quiroga Palacios de Santiago de Compostela as árbores recén plantadas terán espacio dabondo nos seus alcorques, que teñen un tamaño entre moi bó e simplemente magnífico.

PARABÉNS CON MAIÚSCULAS PARA OS RESPONSABLES TÉCNICOS E POLÍTICOS DESTA REMODELACIÓN,
oxalá cunda axiña o exemplo no resto da cidade e tamén en todas as rúas e parques de Galicia.

 

Os homes que SÍ aman ás árbores

O Carballo dos 40 anos da SGHN

Ferrol, 30-04-2013

Para compensar o desamor polas árbores que se manifesta nas entradas da sección "Os homes que non amaban... ás árbores" e para celebrar dun xeito especial os corenta anos que cumpre neste 2013 a SGHN, no Museo de Historia Natural quixemos plantar no espazo verde que ilumina e osixena o conxunto do noso local, un carballo, árbore que faltaba na horta e que tan pouco abunda na cidade, reducida a súa presenza a escasos exemplares repartidos polas rúas do centro, que sobreviven ameazados constantemente polas queixas daqueles veciños que se acostumaron a vivir no cemento e non aturan as pólas rozando as fiestras, afastados totalmente da natureza, viciado o gusto pola obra do home.

Este carballo ven a debuxar un círculo na historia da Asociación, que adorna coa figura dunha folla desta árbore o selo que nos representa. É o froito xerminado con coidado e afecto desde semente pola man dun de aqueles primeiros socios da SGHN, que se xuntaron para formar o que con moitos avatares e esforzos chega ata nós: o noso compañeiro Gregorio fai doazón desta árbore que xa tira cara o ceo, con ganas de medrar e amosarse robusto como a nosa historia.

Fica moi preto do edificio, pechando este ecosistema cheo de vida como unha burbulla inserida nunhas ruínas caóticas, aínda que repletas de historia e que á súa vez sobreviven no medio dunha cidade que berra porque se afoga e ninguén lle bota unha man para sacala deste negro burato.

Coidaremos deste verde agasallo para que chegue a medrar, alomenos outros corenta anos se a natureza llo permite e as penurias humanas non frustran a súa incipiente vida."

Acceso a outras contribucións desta sección