logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

 

Os homes que non amaban ... ás árbores

Barbadás

Barbadás (Ourense), 09-01-2013

Máis de 50 plátanos como os da dereita foron talados nun treito de 300 m de estrada comezando pouco máis arriba da Casa do Concello de Barbadás, que previamente arranxara as beirarrúas e plantara as árbores hai uns 10 anos.

A. Outeiriño envíanos indignado estas imaxes que amosan o sinsentido da actuación pois nin siquera as excusas habituais (danos a beirarrúa ou molestias a vivendas) poden aplicarse neste caso pois non se estaban a producir.

Para máis información sobre esta nova sección da web preme aquí ou no vínculo "Os homes que non amaban... ás árbores" no recadro verde da columna á dereita.