logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

Os homes que non amaban... ás árbores

O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras, 24-04-2013

Simpatizantes desta sección toman nota dunha nova poda salvaxe, neste caso polo Concello de O Barco (Ourense). As imaxes falan por si soas, estamos en tempos de CORTES E RECORTES, e ás pobres árbores tócanlles coma sempre e máis. Aínda sendo habituais neste país, as podas sempre nos sorprenden e nunca nos deixan indiferentes en especial cando apreciamos detalles singulares como neste caso.

¿CHEGARÁ ALGUNHA VEZ A SENSIBILIDADE POLOS SERES VIVOS AOS NOSOS GOBERNANTES?

Fotografía: Contraste entre a presenza da caixa niño e a insensibilidade da poda brutal da árbore onde se instala.

Fotografía: As árbores maltratadas convírtense en improvisados esperpentos multiuso encadeados a estructuras artificiais; ten de ser polos famosos recortes e a falta de presuposto para equipamento urbano

Fotografías: os recortes fan tamén que se sustitúa o mobiliario urbano de deseño polo mobiliario rústico tipo taburete, aproveitando os tocós das árbores masacradas e taladas.