logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

Os homes que non amaban... ás árbores
(e outros que si, pero non aquí)

Ourense, 15-12-2015

Dende Ourense, I. Álvarez fainos chegar un novo exemplo de maltrato ás árbores. Neste caso non se trata dunha das desgraciadamente habituais podas brutais, senón dun maltrato, máis ben unha tortura, dunhas árbores case dende o día mesmo da súa plantación na beirarrúa do Hospital Provincial de Ourense.

Coas técnicas de microtecnoloxía xa ben maduras, noutros países os esforzos da miniaturización concéntranse nas nanotecnoloxías e as árbores deixanlles alcorques de bo tamaño para que poidan medrar sen problemas. Lamentablemente, os nosos "miniaturizadores" non se adican á tecnoloxía de vangarda senón a reducir ata o ridículamente absurdo o tamaño dos alcorques das árbores nas rúas, prazas e xardíns...