logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

 

A Consellería de "Medio Ambiente???" que non amaba... ás árbores

Tortura, mutilación e arboricidio en A Derrasa (Ourense)

Ourense, 11-04-2014

Pouco a pouco as arbores da Estrada Ou-536 (antiga N-120)  van desaparecendo, nesta ocasión tocoulles aos 7 plátanos de grandes dimensións que aínda se conservaban a pesar das tropelías ás que foron sometidos. Estas árbores “de toda a vida” foron AFOGADAS entre o asfalto, maltratadas ano tras ano, salvaxemente MUTILADAS, e aínda así RESISTÍAN, finalmente o pasado martes deron o seu derradeiro alento, xa que a Consellería de Medio Ambiente??? Infraestruturas e Territorio MATOUNOS ao talalos polo pé. E todo nunha zona urbana, onde só se pode circular a 50 km/h e donde cada verán víanse os coches ao seu arredor á procura dunha boa sombra.

Desde aquí esiximos aos responsables que expliquen públicamente os criterios e motivos ambientais e técnicos para levar a cabo este tipo de actuacións e principalmente por esta execución á Consellería de Medio Ambiente??? Infraestruturas e Territorio, e tamén ao  Concello do Pereiro de Aguiar, incapaz de protexer o patrimonio árboreo dos seus veciños e de todos os cidadáns.

Imaxes: De arriba a abaixo: tala previa feita na mesma zona a finais de 2012, árbore afogada en asfalto e finalmente talada.

Imaxes: De arriba a abaixo, plátanos fermosos, primeiro mutilados brutalmente e finalmente talados.