logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

 

Os homes que non amaban ... ás árbores

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia 03-03-2013

Respecto. (Do lat. respectus, atención, consideración).
2. m. Miramento, consideración, deferencia.

Que é máis fácil de recuperar, o céspede ou unha árbore adulta? Se pensamos en que un céspede novo podémolo instalar nunhas poucas horas (céspede cultivado) ou pode medrar nun par de meses (sementeira) e que para conseguir unha árbore adulta necesítanse decenas de anos, case seguro que todos estaremos de acordo na resposta: o céspede.

Que merece entón máis respecto? Como amosa o cartel, na maioría dos nosos pobos, vilas e cidades a prioridade é o céspede mentres que as árbores soportan mutilacións como as da imaxes tomadas a pasada fin de semán en Xinzo de Limia; sen dúbida, un exemplo máis do modelo de tratamento que se lle dá ao arborado público e se transmite á cidadanía.

Pero, neste caso de Xinzo de Limia o esperpento vai aínda máis alá: os alumnos dunha Escola Obradoiro promovida polo Concello están a realizar no Parque do Toural unhas moi discutibles labores de xardinería na liña que comentamos. Moi lamentablemente, os novos aprendices, futuros traballadores, perpetuarán este odio arboricida no canto de contribuir a espallar o respecto, atención, consideración, miramento e deferencia que ben merecen os seres vivos máis grandes que nos acompañan durante as nosas vidas.

Preme aquí para ver a presentación que nos remitiu un socio.

Fotografía: Alguén debeu pensar que o sinal de tráfico indica como podar as árbores.

Escríbelle ao Concello de Xinzo de Limia pedíndolle que respecte as árbores e deteña a desfeita no Parque do Toural e no resto do concello: concello@xinzodelimia.es

Fotografías: Pésima ensinanza aos alumnos da Escola Obradoiro de Xinzo de Limia sobre como podar as árbores (esquerda) e pésimo o recordo que se levan os visitantes ao saír do núcleo urbán de Xinzo de Limia (dereita).