logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO
line decor
 

 

 

 
 
 
 

 

PRESENTACIÓN

A Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.) é "unha asociación independiente e cientifica, dedicada ó estudio, divulgación, conservación e defensa do medio natural, que non tén na súa actuación fins lucrativos" (Art. 5º dos Estatutos). A S.G.H.N. é unha asociación legalmente recoñecida, está inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co nº 584.918, no Rexistro de Asociacións Culturais Galegas co nº AO/C-000/382 e no folio 11 do Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia).

A S.G.H.N., desenvolve unha intensa actividade en temas medioambientais:

  • Tén un representante no "Consello Galego do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible" dende a súa creación.
  • Elaborou o Atlas de Vertebrados de Galicia publicado en 1995.
  • Elaborou unha actualización do Atlas de Vertebrados para os Anfibios e Réptiles, publicado en 2011.
  • Elaborou e publicou o atlas de Lucanidade e Carabini (Coleoptera de Galicia) en 2015.
  • Realiza, dende 1973, os Censos Invernais de Aves Acuáticas
  • Coordinou o "Programa de Conservación do Arao Iberico" da Union Europea.
  • Organiza Xornadas e Congresos sobre temas medioambientais.
  • Publica revistas (Braña e Paspallás), monografías e boletíns de divulgación do medio ambiente.
  • Organiza charlas e conferencias de educación ambiental.
  • Persóase nos trámites de información pública e de Avaliación de Impacto Ambiental dos proxectos, públicos ou privados, con incidencia medioambiental.

UN POUCO DE HISTORIA

A Sociedade Galega de Historia Natural naceu co nome de Grupo Ornitolóxico Galego (G.O.G.) que, de acordo coa lei de asociacións de 24-12-1964, foi legalizado por resolución do Goberno Civil de A Coruña, que ordenou a súa Inscricion o 31 de Agosto de 1973. Aínda que o seu nome podería suxerir un ámbito de actuación restrinxido á ornitoloxía, a realidade é que o G.O.G. naceu xa cunha amplitude de miras adiantada ó seu tempo, como amosa con claridade ó artigo cuarto do seu regulamento.

Obxectivos_GOG

As xestións que en 1976 comezara o G.O.G. para converterse na actual Sociedade Galega de Historia Natural cristalizaron o 7 de xuño de 1977 coa inscrición da S.G.H.N. polo Servicio de Asociacións da Dirección Xeral de Política Interior, do Ministerio da Gobernación.

O GOG-SGHN é a máis veterana das organizacións de defensa ambiental galegas e unha das máis antigas de España. Cando os nosos políticos e gobernantes comezaron a decatarse da importancia do medio ambiente (creación do Ministerio e da Consellería homónimas en 1996 e 1997, respectivamente) o GOG-SGHN levaba xa case un cuarto de século estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego.

Membros do GOG na súa primeira visita ao Courel en 1973. De esquerda a dereita,

  • Arriba: Noli, Mundo García, Pepe Esteller, Sergio Devesa, Carlos Pedreira, Manuel Rodriguez Solórzano e Xosé Manuel Penas Patiño.
  • Abaixo: Xan Rodríguez Silvar, Augusto de Castro Lorenzo, Xosé Manuel Romarís Pais e José Guitián Rivera.

Organigrama da SGHN. Premendo na imaxe pódese descargar unha versión de maior calidade.