logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

OUTRAS PUBLICACIÓNS (NON SGHN) DE INTERESE

 

 

Aves da Limia: I. Non paseriformes. II. Paseriformes
Xa dispoñible!!!

Unha obra monumental que recolle nun total de 663 páxinas, con 371 mapas e 272 fotografías, o exhaustivo traballo de investigación sobre a avifauna de A Limia realizado entre 1975 e 2017 por tres membros históricos de SGHN: Antonio Villarino, Serafín González e Felipe Bárcena.

Para as 264 especies de aves rexistradas, preséntase a súa distribución (estival, invernal e nos pasos migratorios) nas 416 cuadrículas UTM de 1x1 km estudadas, baseándose para iso nos case 23.000 rexistros non repetitivos de presencia de especies por cuadrícula.

Ademais, preséntanse tamén a distribución dos nomes vernáculos das especies de aves, a partires dos resultados das enquisas feitas a un total de 180 persoas dos 78 núcleos de poboación da zona de estudo.

Herdeira do espírito solidario de "Antela, a memoria asolagada", que contribuiu á edición desta nova publicación, os beneficios derivados da venda de "Aves da Limia" adicaranse íntegramente á conservación e recuperación de ecosistemas acuáticos e forestais na Limia que está a desenvolver SGHN-Sección Antela, na Veiga de Vilaseca, na Veiga de Gomareite e os que se poñan en marcha no futuro.

INSTRUCIÓNS PARA MERCAR "AVES DA LIMIA I E II" E RECIBILO NA TÚA CASA

Datos para a transferencia:
  • TITULAR DA CONTA BANCARIA: Centro de Estudios da Limia
  • IBAN: ES40 2080 0450 8130 4004 2995
  • IMPORTE: 63 euros (libros, 60 euros; gastos de envío, 3 euros)
  • CONCEPTO: O teu nome seguido de "Aves da Limia"

envia un correo electrónico a avesdalimia@antela.org cos seguintes datos:

  • Nome, apelidos e DNI:
  • Enderezo postal:
  • Correo electrónico:
  • Teléfono:
  • Xustificante da transferencia bancaria.

GRAZAS POR COLABORAR COA SGHN-SECCIÓN ANTELA NA RECUPERACIÓN AMBIENTAL DE LIMIA-ANTELA!!!

 

Unidade didáctica baseada no comic "Vivir no solo"

Santiago de Compostela, 14-04-2016

O Consello da Cultura Galega e a Delegación Territorial en Galicia da SECS (Sociedade Española da Ciencia do Solo) veñen de publicar unha unidade didáctica baseada no cómic "Vivir no solo", programada para alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e alumnos de 1º e 2º da Educación Secundaria Obrigatoria que aborda como obxectivos:

  • Que é e como se forma o solo?
  • Coñecer os compoñentes dos solos.
  • Identificar que seres vivos dependen directa e indirectamente dos solos e en que forma.
  • Detallar os usos dos solos.
  • Distinguir entre natural e construído.
  • Relacionar saúde e nutrición, observando a procedencia dos alimentos que se consomen e a súa
    relación cos solos.
  • Coñecer a erosión e as súas causas.
  • Avaliar o impacto das nosas accións nos solos e no medio ambiente.
  • Recoñecer os solos como recurso natural limitado.

Polo seu interese e gran valor divulgativo dun recurso natural tan importante e lentamente renovable como solo, é un pracer colaborar coa SECS na difusión desta unidade didáctica.

 

Guía de campo
para a interpretación do feísmo na paisaxe galega

Lugo, 23-06-2015

A modo de presentación

"...Nas décadas finais do Século XX e a primeira do presente, a paisaxe foi destruíndose, quizais con maior forza, con maior avidez. As fragas e os soutos desapareceron do ámbito territorial de moitas parroquias, de moitos municipios, e de seguir con este ritmo destrutor posiblemente de moitas bisbarras. A perda de biodiversidade móstrase igualmente contundente en relación coa representación doutros ecosistemas, especialmente das brañas e turbeiras, dos queirogais, das dunas e marismas, das lagoas costeiras e interiores. Vivimos unha época gris para a conservación do patrimonio de Galicia, sexa este natural, cultural, rural ou urbano. A destrución cabalga desbocada propagando unha visión distorsionada da modernidade, coa que se quere ocultar un modelo insostible tanto na súa vertente ambiental como social..."

Compre salientar que "A fin de colaborar na protección dos bosques nativos e non fomentar os monocultivos forestais celulósicos, este libro foi editado exclusivamente en formato dixital" e que pode descargarse libremente premendo na foto ou premendo na seguinte ligazón:
http://ibader.org/archivos/docs/2015-Guia-Feismo-Galicia.pdf

 

Comic "Vivir no solo"

Santiago de Compostela, 12-03-2015

Publicado orixinalmente polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Santiago, a Delegación Territorial en Galicia da SECS (Sociedade Española da Ciencia do Solo) ven de reeditar unha adaptación do comic "Vivir no solo" para conmemorar que 2015 é o Ano Internacional do Solo.

Polo seu interese e gran valor divulgativo dun recurso natural tan importante e lentamente renovable como solo, é un pracer colaborar coa SECS na difusión desta publicación.

Comic Vivir no solo
Comic Vivir en el suelo
Comic Living in the soil
Programa Labranza. Reportaxe "Vivir no solo": https://youtu.be/Y0_AoNcah-s