logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

¡¡¡ TODO UN ÉXITO !!! da excursión

NA PROCURA DO ABELLARUCO (por terras de Viana do Bolo) E MÁIS... 

2ª Edición, Sábado 30 de xuño de 2012. Organizada pola Sección Antela de SGHN

Ao inicio da reseña da primeira edición desta actividade expresabamos un desexo, "só faltou algún participante máis", e rematabamos decindo,“[...] así que só pedimos: QUE A VINDEIRA SEXA POLO MENOS TAN INTERESANTE COMO ESTA VISITA". Nesta ocasión, temos que sinalar que as nosas expectativas e esperanzas cumplíronse sobradamente: case cuadriplicamos o número de participantes e andivemos preto do máximo recomendado (30 persoas). Moitas grazas a todos os que fixeron posible este éxito e que se animaron a participar a pesar do tempo inestable e con chuvieiras.

A mañá amenceu chuviosa e fresca, máis todos estivemos de acordo en que estas condicións son moito mellores para disfrutar do día que o bochorno e o sol intenso dos días anteriores, así que acometemos con ledicia e moito ánimo a nosa excursión segundo o plan previsto.

Dende A Gudiña en dirección A Bouza adentrámonos nas zonas máis descoñecidas do concello de Viana do Bolo que, pouco a pouco, van sorprendendo aos participantes. A primeira parada é nunha fermosa caída de auga case a beira da estrada, moi escondida detrás dun conxunto de Salgueiras (Salix atrocinerea) e Fentos (Pteridum aquilinum). Neste lugar, atopamos un exemplar de Grilo verde, insecto da familia dos Tetigónidos que, para nós, pertence ao xénero Ephipiger; tratábase dun macho xa que carecía de oviscapto, órgano que só posúen as femias e que consiste nunha prolongación da parte final do abdome coa que “labran a terra” para poñer os seus ovos como se fora un arado.

Máis...

 

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2012

Coñecendo mellor A Limia

Por segundo ano consecutivo a Sección Antela celebrou o día do Medio Ambiente centrándose, como non, na súa área de traballo: A Limia.

O punto de encontro nesta ocasión foi o parque do Toural en Xinzo de Limia, onde se recibiu aos participantes cunha pequena introdución encol da situación da auga na chaira limiá: a auga como recurso esencial para o desenvolvemento da vida e das actividades humanas, e o seu estado en canto a calidade e cantidade na Limia. Neste tema expuxéronse aos asistentes os plantexamentos da SGHN, facendo fincapé na necesidade de cumprir e facer cumprir a ampla normativa ambiental existente como base para acadar un bó estado da auga, xa que no plan hidrolóxico (recentemente aprobado) o río Limia aparece clasificado cun estado malo, ao igual que o tramo final do río Miño.

Despois iniciouse o percorrido previsto desprazándonos dende Xinzo ata as areeiras de Sandiás, con varias paradas no itinerario nas que se observaron algunhas aves como as habituais pita de auga, lavanco (cós machos comezando a vestir a plumaxe de eclipse), merguillete e unhas poucas rolas, e tamén algún que outro paxariño que xogaba ao despiste, como un macho de pimpí colocando as plumas despois de darse un baño.

Máis...

 

BRUIÓN NA LIMIA

Comenza a primavera e xa se está a notar coa chegada das aves estivais e o seu paso prenupcial. Na celebración do Día da Árbore que fixemos o sábado 17 de marzo xa escoitamos o cuco (Cuculus canorus) en Penín Vello e vimos a bubela (Upupa epops) en Ordes.

Pero como decimos que estamos no paso prenupcial e A Limia non deixa de sorprendernos, o sábado 24 un socio da SGHN avistou o Bruión (Botaurus stellaris) na Limia, a ave moveuse da primeira zona de observación e tentamos localizala, nos espacios idóneos e na dirección de vó, durante a misma tarde-noite, sen resultado. Ainda que sabemos que é un ave en paso e podería xa estar moi lonxe, o interese de volver ver o bruión levounos ao día seguinte a repetir a busca, e o conseguimos grazas a insistencia do noso compañeiro Alberto. Tratábase dun exemplar que estaba a descansar e alimentarse.

O bruión é unha especie con distribución irregular e dispersa en Europa. Na actualidade e desde o século XX a especie está en declive pola perda de hábitats, fundamentalmente pola desecación de humidais.

En España é unha especie reproductora de hábitos migratorios, raro en Galicia con presencia esporádica entre agosto e maio (Penas Patiño, Pedreira López, Calros Silvar, 2004).

En canto ao Bruión, dicir que hoxe en A Limia é un ave de paso, xa que non lle queda hábitat suficiente para voltar a criar; antano, estimábanse entre 10 e 25 territorios posibles para Bruión e atopáronse referencias seguras de cría (Villarino, González e Bárcena, 2002).

O nome da ave en A Limia (bruión e brullón) é onomatopeico e deriva de bruiar-bruar, por analoxía coa voz do gando vacún, recolleuse en 6 localidades da comarca (Villarino, 1997; Villarino, González e Bárcena, 2002).

A nivel europeo está incluido no Anexo I da Directiva Aves, no Anexo II da Convención de Bonn e no Anexo II da Convención de Berna. A nivel nacional catalógase como En Perigo de Extinción segundo o Catalogo Nacional de Especies Ameazadas, e En Perigo crítico no “Libro Rojo de las Aves de España”. En Galicia considérase En perigo de extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Para saber máis do bruión a nivel xeral e en A Limia pódense consultar os libros e referencias:

Fotografía: Bruión ( Botaurus stellaris).

E o domingo, ademáis do bruión, constatamos, como datos de interese, a presencia dunha parella de Cerceta do estío (Anas querquedula), permanecen dende os censos de xaneiro as Garzas brancas (Casmerodius albus) e a Garzota común (Egretta garzetta) así como as Choromicas (Vanellus vanellus) e o Parrulo chupón (Aythya ferina), tamén vimos as Píllaras areeiras (Charadrius dubius) e disfrutamos das cores e bailes nupciais dos Mergullóns cristados (Podiceps cristatus). ¡Qué ledicia!.

Por último, só nos queda felicitar a Alberto pola interesantísima observación do Bruión, a Álvaro polas magníficas fotos que acompañan esta reseña.

Fotografías: Parella de Cerceta do estío (Anas querquedula) a esquerda e Mergullón cristado (Podiceps cristatus) á dereita.

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE 2012

DISFRUTANDO DAS ÁRBORES SENLLEIRAS E MONUMENTAIS DA LIMIA

O “Día Mundial da Árbore”, tamén chamado “Día Forestal Mundial”, foi orixinalmente unha  recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma no ano 1969. Esta recomendación foi aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971. En España, o día forestal ou día da árbore, celébrase con carácter anual dende 1972 coincidiendo có comenzo da primavera no hemisferio norte o día 21 de marzo. En Suecia o día da árbore celébrase xa dende 1.840, cando se toma conciencia da importancia do recurso forestal para o país.

Aínda que nos poda parecer raro en España existen referencias antigas relativas á celebración deste día singular; así, por exemplo en Villanueva de la Sierra (Cáceres) celébrase dende 1.805 o martes de entroido “la Fiesta del Árbol”, en Mondoñedo (Lugo) citase un acordo municipal de 24 de xaneiro de 1569 polo que o rexidor pide aos vecinos que planten por San Blas tres árbores diferentes, en Lobás (Ourense) tamén existe unha tradición de plantar árbores que se remonta a mediados do seculo XVI cando se construiu a capela na honra a Santa Uxía.

O día da árbore centrase de cotío na plantación de árbores e xeralmente olvídase que este día pretende lembrar tamén a importancia de protexer as superficies arboradas, como di Joaquín Araujo:

“los árboles los ponemos a crecer, pero crecen ellos solos.
En cambio la destrucción es responsabilidad exclusiva de nuestra parte”.

Os bosques maduros son un obxectivo básico de conservación, realizar unha xestión dos bosques de xeito respetuoso có medio ambiente é de vital importancia para conservar e potenciar a biodiversidade que acollen. As árbores grandes e vellas, además da función paisaxística, cumplen unha función biolóxica de primeira orde, ofrecen unha variada e abondosa oferta trófica e de cavidades naturais nos seus troncos e ramas grosas para a nidificación e refuxio de numerosas especies animais.  Ademáis, as árbores vellas con madeira morta nos troncos e ramas permiten o desenvolvemento dunha grande diversidade de flora epífita e son hábitat de numerosas especies de artrópodos, a súa vez alimento das aves insectívoras.

Preservar a biodiversidade, evitar a tala destes poucos bosques ou árbores centenarias, protexer o noso entorno natural e patrimonio forestal; asegurando o papel dos bosques na mitigación do cambio climático, na regulación do ciclo da auga, na mellora da calidade do aire e na conservación da biodiversidad; son os grandes retos que temos entre as nosas mans.

“A conservación é unha tarefa na que toda a sociedade está chamada a desenvolver un papel prioritario e somentes pódese conservar aquelo polo que se ten estima, se  coñece ou se quere”.

Coincidindo co Día da Árbore, SGHN-Sección Antela organizou unha ruta o día 17-03-2012 para render homenaxe a algunhas das árbores máis salientables de A Limia.

Máis...

Fotografía: Carballa da Rocha (Monumento Natural), unha das árbores que se visitaron.

 

Celebración 1º aniversario SGHN-Sección Antela
XEIRA NATURALISTA POR A LIMIA

O pasado sábado 11 de febreiro a Sección Antela celebrou o seu primeiro aniversario cunha saída pola Limia na que participou un grupo de 26 persoas.

Citámonos en Rairiz de Veiga, lugar no que, fóra de programa, algúns estiveron a visitar a Igrexa de Rairiz que garda un singular retablo e unha ara romana. Unha vez agrupados os participantes iniciamos a xeira na zona das veigas da Sainza, Porqueira e Ordes (no límite do Concello de Rairiz e Porqueira), este ano moi secas pola falla de choivas, onde se deron a coñecer diferentes aspectos relacionados cós usos tradicionais e actuais destas zonas.

Máis...

 

 

Á PROCURA DO ABELLARUCO POR TERRAS DE VIANA DO BOLO

¡¡¡ TODO UN ÉXITO !!!

O que tivo a excursión, organizada pola Sección Antela de SGHN, que realizamos o pasado Sábado 16 de xullo de 2011 (só faltou algún participante máis).

No horario previsto, comenzamos no lugar de Augas Mansas, no encoro do Bao, repleto de auga, moito máis que nos censos invernais, mirade a diferencia:

Alí preparámonos , e mirando para o encoro apareceron as primeiras rapaces: Miñatos queimados –que andiveron connosco durante toda a xornada, dende a primeira á última hora, en tódalas posicións .... de vóo-. E apareceron as primeiras sorpresas: Águia Caudal, unha preciosidade en fase clara que nos deu un gran espectáculo, e tamén Miñato abelleiro, que pasounos rápido, aínda que deu tempo a miralo á perfección.

Máis...