logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

Xoves  22 de decembro de 2011, Centro cultural e Sala de Exposicións da Deputación . Edificio Simeón Ourense

Reseña da presentación de "A historia de Antela contada por unha cegoña ¡¡¡UN CONTO DE VERDADE!!!"

:

Nesta ocasión SGHN contou có Ateneo de Ourense para a organización do acto, e tamén colaborou o CEIP Mestre Vide  coa participación dun grupo de 5 rapaces que deron vida ós personaxes do conto: unha familia de cegoñas que falan sobre a historia ambiental de A Limia e da lagoa de Antela.

Foto 1. Familia de “cegoñas” lectoras accedendo á sala .

Foto 2. Familia de “cegoñas” lectoras preparándose.

Foto 3. Membros da Sección Antela e “Cegoñas” preparados para iniciar o acto.

O acto estruturouse en varias partes complementarias e enlazadas:

Primeira parte. Trata, de xeito xenérico, a importancia Ambiental da lagoa de Antela ou lago Béon, tanto dende o punto de vista dos recursos que aportan os humidais como da súa importancia para a biodiversidade e para as persoas.

Foto 4. O Beón (Scirpus lacustris) é a planta característica da Lagoa de Antela e zonas encharcadas, e foi un material multiuso: para facer estrumes, para cubrir teitos, para asar castañas, para facer esteras, ...

Foto 5. Coa frase “nubraban o sol” as xentes referían a presencia de grandes bandos de aves de especies moi diversas.

Segunda parte. Creación da Sección Antela, causas e obxectivos en relación coa situación ambiental actual de A Limia.

Foto 6. Presentadores e cegoñas lectoras Compoñentes Sección Antela iniciando a presentación

Foto 7. Profunda transformación do territorio. A pesar dos grandes cambios no territorio, A Limia sigue a conservar importantes valores ambientais recoñecidos pola normativa mediante a declaración da Zepa de A Limia. Imaxe reproducida do Sistema de Información Geográfica das Parcelas Agrícolas do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Terceira parte. Lectura comentada de varias pasaxes do libro.

Foto 7. Cegoñas lectoras (de esquerda á dereita): Candela Rodríguez, Noa Lagos, Alba Mazaira, Juan Vázquez e Candela Mazaira.

Foto 8. A vosa avoa foi unha das derradeiras cegoñas que naceron ao carón dunha lagoa de auga doce fermosísima que se chamaba Antela, ou lago Bión......

Foto 9. As “cegoñas” lectoras fixeron un magnífico traballo do que disfrutou o público asistente.

Cuarta parte. Invitación á participación e agradecementos ao apoio para o desenvolvemento do proxecto que  resulte das xestións da Sección Antela.

Fotos 10 e 11. “Pretendemos- como nos dixo Delmar Blasco, Ex-Secretario Xeral de Ramsar - aglutinar vontades para recuperar algo do que se perdeu coa desecación do lago Beón e das súas zonas periféricas”.

Agradecementos. Xa para o conto e esta presentación precisamos a colaboración de moita xente, agradecemos ao Ateneo de Ourense a organización deste acto, á Deputación polo estupendo local e a Cristian polo apoio técnico, ao colexio Mestre Vide: aos rapaces Candela Mazaira, Juan Vázquez, Candela Rodríguez, Alba Mazaira e Noa Lagos e á súa profesora Carmen González. Tamén a Calros Silvar polas súas ilustracións para o conto, a Álvaro Rodríguez Pomares polas fotos que nos cedeu (a maior parte das fotografías das aves), a Soco Álvarez Balvís a nosa fotógrafo de cabeceira, e a Antonio Villarino o decano dos ecoloxistas de Galicia e quen nos guiou nos primeiros pasos pola Limia e nos ensinou, por suposto a tódolos establecementos que desinteresadamente venden o noso conto, en Ourense as Librerías Tanco e Torga e a tódolos beónfeitores que xa teñen colaborado con nós.

Foto 12. Tamén grazas a todos os que se animaron a vir á presentación e que nos animan a seguir traballando neste proxecto.

Foto 13. Non faltaron os agasallos para a estupenda familia de “cegoñas”.

Foto 14. E tamén para os nosos máis cativos acompañantes nas saídas de campo, Alberto e Lucía, que recibiron o título de Honra de Grandes Camiñantes.

Ata aquí a sinopse do acto, que se enmarca nas accións que a Sección Antela de SGHN leva adiante, có obxectivo de conservar e recuperar os tesoros ambientais que aínda perviven na Limia.

Como di o autor, a cegoña contoulle a historia coa condición de cumplir o desexo do seu polo máis cativo:

 

Temos que facer todo o posible para conseguir:

UNHA LIMIA NA QUE CEGOÑAS, PRANTAS E HUMANOS VIVAN FELICES.