logo
 
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

antela@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
   
 
 

 

 

Ferrol, venres  4 de maio de 2012, Salón de actos do Museo de Historia Natural da SGHN

Reseña da presentación de "A historia de Antela contada por unha cegoña ¡¡¡UN CONTO DE VERDADE!!!"

Os membros da Sección Antela atopáronse literalmente “na súa casa” presentando unha vez máis "A historia de Antela contada por unha cegoña ¡¡¡UN CONTO DE VERDADE!!!" nas flamantes instalacións do Museo de Historia Natural de SGHN sito en Ferrol. No acto, ademáis da colaboración dos membros do Museo contouse coa colaboración do CEIP Cruceiro de Canido coa participación dun grupo de 8 rapaces que deron vida ás cegoñas protagonistas do conto que, como manda a tradición, transmiten os seus coñecementos de xeración en xeración.

Panel que elaborou Josefa Fernández, natural de Xinzo de Limia, para explicarlle a historia de Antela e A Limiaao seu fillo (un dos rapaces-cegoñinos que participou na presentación do conto) e aos seus compañeiros no CEIP Cruceiro de Canido

O acto divídese en catro partes complementarias e enlazadas que ten o obxectivo de transmitir, como fan as cegoñas de Antela, o saber e as vivencias acumuladas ó longo dos anos e que demasiado a miúdo os maiores esquecemos contar. A mensaxe transmitida ó longo do acto foi clara:

Temos que facer todo o posible para conseguir:

UNHA LIMIA NA QUE CEGOÑAS, PRANTAS E HUMANOS VIVAN FELICES.

“Pretendemos, aglutinar vontades para recuperar algo do que se perdeu coa desecación do Mar de Antela e da súas zonas periféricas e este proceso é necesariamente lento pero, coa vosa axuda e de todos os que pensan como nós, podemos convertilo en imparable”

E a mensaxe chegou a todo o público despertando a curiosidade de nenos e maiores, que, rematada a presentación, interesáronse por algúns detalles máis en profundidade desenvolvéndose unha extensa rolda de preguntas que como dí a noticia do Diario de Ferrol “coseron a preguntas aos promotores da iniciativa”.

Agradecementos. Xa para o conto e esta presentación precisamos a colaboración de moita xente, agradecemos ao Museo de Historia Natural a organización deste acto, ao colexio Cruceiro de Canido: aos rapaces Antón Baliño e Antón Pita, Cristian, Irene, Iria, Jennifer, Natalia e Pablo, e ás súas profesoras Isabel e Matilde. Tamén a Calros Silvar polas súas ilustracións para o conto, a Álvaro Rodríguez Pomares polas fotos que nos cedeu (a maior parte das fotografías das aves), e a Antonio Villarino o decano dos ecoloxistas de Galicia e quen nos guiou nos primeiros pasos pola Limia, por suposto a tódolos establecementos que desinteresadamente venden o noso conto e a tódolos beónfeitores que xa teñen colaborado con nós.

 


Imaxes. Rexeñas do acto no Diario de Ferrol (esquerda) e en La Voz de Galicia (arriba)

Rematado o acto, os membros da Sección Antela tivemos a oportunidade de visitar, guiados por Paulino Gasalla, as novas instalacións, especialmente a Sala de Exposicións que como nos explicou Paulino conta con algunhas pezas únicas e case exclusivas do mundo. Poidemos comprobar de primeira mán o gran traballo, dedicación e esforzo de todas aquelas persoas que fixeron posible este noso Museo no que a falla de medios económicos súplese con horas e horas de dedicación e moita imaxinación. Desexamos vivamente que todos os proxectos poidan ir desenvolvéndose e, imos ser un pouco atrevidos, dende eiquí facemos un chamamento a todas aquelas persoas que poidan colaborar con algunha aportación económica para os novos proxectos no Museo, un deles magnífico a instalación dunha balea de 18 metros, case nada, unha minucia.