logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

¿QUEN NOS ROUBA AS ESTRELAS?

En busca dunha iluminación eficiente, eficaz e de calidade para a cidade naval

Unha das alteracións do medio natural que máis rápidamente está a medrar nas últimas décadas é a dos niveis de luz no medio nocturno provocada pola iluminación artificial. A contaminación lumínica non é tampouco allea a Ferrol, unha das zonas de maior polución luminosa da Península, xunto ás grandes urbes e zonas industriais. A avenida de Esteiro, a praza da Ilustración ou a zona rural son puntos paradigmáticos de contaminación lumínica na cidade, que xa se move cara a medidas máis sustentables nun afán de preservar un dos patrimonios da humanidade máis descoñecidos: o ceo. Máis...

DF_2010-11-02

 

CALIDADE LUMINICA 

Ultimamente podemos ver que en Ferrol se empeza a iluminar mellor, repúxose o alumeado público nalgunhas rúas e barrios, con evidente acerto. Sirva como mostra o barrio de Argüelles, que a pesar do seu evidente abandono e destrución, se o visitamos pola noite chéganos ata a sorprender, xa que unha moi adecuada iluminación, bastante respectuosa coa idea de evitar a contaminación lumínica e mellorar o medio ambiente, invitaranos a pasear a contorna. 
Algo parecido pódese ver na Praza de España, onde se substituíron luminarias altamente contaminantes (barras verticais) por outras coa boca do reflector orientada cara ao chan e co cristal de peche plano e sen sobresaír, o que as fai moi eficientes e con adecuado rendemento. 

Para que finalmente se adoptasen estas medidas e outras tamén acertadas en materia de iluminación, foron moitas as queixas e protestas da SGHN nos últimos anos, ata conseguir que se nos solicitase información sobre unha correcta iluminación. Fomos chamados desde a Concellería de Medio Ambiente, recomendándolles que para garantir que o modelo de luminaria e lámpada a elixir sexan eficientes, deberían limitarse a facer a elección de entre as que figuran na lista de luminarias certificadas, de diferentes marcas e modelos, que facilita a Oficina Técnica para a Protección da Calidade do Ceo, do Instituto Astrofísico de Canarias, o que consideramos fixeron, con resultados evidentes. 

Falta aínda moito camiño por percorrer, xa fora do ámbito municipal, dado que o maior foco de contaminación, non son as luces dependentes do concello, senón as xigantescas luminarias que se atopan evidentemente mal direccionadas no Arsenal, Navantia e o Porto, desexando que se tomen medidas para corrixir os despilfarros evidentes que se están realizando. 

Ante o cambio que se efectuou no posto de Concelleiro de Medio Ambiente, queremos animar ao novo edil a que continúe o camiño emprendido, o que non dubidamos que fará. E xa se sabe “cando se quere pódese”. 


O DEREITO A GOZAR DO CEO






Publicado en Nordesía do DIARIO DE FERROL o día 13 de nadal de 2.009