logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

astronomia@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

PUNTEIROS CELESTES

 

ARTURUS

Comezamos hoxe unha nova serie dedicada ás estrelas, os seus nomes, as súas características, as súas lendas etc. Comezamos por Arturus, a cuarta estrela mais brillante do ceo, ten unha magnitude de -0,04 e é dunha intensa cor amarelo dourado. Atopase na constelación de Bootes, o Boyero (o condutor dos bois), unha constelación do hemisferio norte, visible ao longo de toda a primavera e o verán.

Arturus atópase a unha distancia de 37 anos luz, e é 28 veces mais grande que o Sol, aínda que ten unha masa parecida, polo que se supón que se atopa nunha fase parecida á que se atopará o Sol dentro de 5.000 millóns de anos, xa próxima a sua conversión en supernova.

É unha das estrelas mais estudadas desde a antigüidade, e xa foi nomeada polo poeta grego Hesiodo no século VIII a.C. O nome significa o gardián das Osas, e refírese ao mito do Boyero que persegue eternamente ás Osas ao redor do polo norte. Críase que era unha estrela que presaxiaba as tormenta, pero posteriormente e segundo os mitos converteríase nunha estrela xeradora de benestar.

Ten outros moitos nomes como: Alramech, Abramech, Hokule’a, Papsukal, Ruawahia, Aremoi, Haris-o-sema e Maye/Andres, pero o científico é Alpha Boötis.

É fácilmente identificable, xa que durante este mes é a estrela mais brillante do ceo. No entanto para identificala, só temos que partir da cola da Osa Maior, como se aprecia no debuxo. Unha vez identificada a gozala, e si vémola cuns prismáticos, xusto debaixo atopámosnos o asterismo do Capeu de Napoleón.

Arriba

 

COMETA PAN-STARRS

Dende xaneiro de 2007, en que puidemos ver ao cometa C/2006 P1 (McNaught), pasaron seis anos sen poder observar cometas a primeira ollada. Este ano con todo é posible que podamos gozar dun novo cometa facilmente visible. Trátase do C/2011 L4 (PANSTARRS).

Descubriuse en xuño de 2011 polo telescopio PAN-STARRS situado no cumio do volcán Haleakala, na illa hawaiana de Maui. A primeira vez que se observou tiña unha magnitude de 19. A mediados de 2012 esperábase que para o momento do seu perihelio (distancia máis próxima ao Sol), brillase con magnitude 0, é dicir, como a estrela Vega. Durante o mes de outubro as expectativas aumentaron de forma espectacular e esperábase que puidese alcanzar a magnitude -4, é dicir como o planeta Venus. Pero a día de hoxe 3 de marzo, non se espera unha magnitude superior a 2 ou 3.

Durante o mes de marzo a traxectoria transcorrerá, como se pode apreciar no mapa, polas constelaciones de Acuario, Cetus, Piscis, Pegaso e Andromeda. Pasará a unha distancia mínima da Terra de 165.000.000 km (1,1 UA). Alcanzará o seu máximo brillo entre os días 8 e 12, e o día 10 estará no perihelio, a unha distancia do Sol de 45.000.000 km. Estímase que a súa órbita arredor do Sol dura 110.000 anos.

No entanto este ano, durante os meses de novembro e decembro, espérase outro cometa con boas expectativas de observación. Trátase do ISON (C/2012 S1) para o que algunhas estimacións falan dun brillo de ata -13, magnitude que o faría máis brillante que a Lúa Chea (-12.7). Pero de momento centrémonos en C/2011 L4 (PANSTARRS) que pode darnos algunha boa noite de observación.

Arriba

 

OS CAMIÑOS DE ORIÓN

Para abrirse camiño entre as estrelas e poder identificalas, hai que elixir como punto de partida calquera constelación coñecida. E non temos dúbida que durante o inverno, e para poder identificar as estrelas mais brillantes, a constelación de Orión é a mais axeitada. O pasado mes, aprendimos a recoñecela, polo que unha vez localizada no ceo, pasaremos a descubrir a gran cantidade de camiños que nos abre, para localizar outras constelaciones, estrelas e cúmulos de estrelas.

Comecemos coas tres Marías, e tracemos unha liña imaxinaria cara á nosa dereita. Levaranos ata Tauro e á súa estrela mais brillante Aldebarán, de cor vermella-laranxa e magnitude 0,8 formando parte do cúmulo das Híades. Si continuamos un pouco máis, levaranos ao cúmulo das Pléyades, e entre ambos cúmulos e durante este mes, atoparémonos có planeta Xupiter.

Si trazamos unha liña cara á esquerda das tres Marías, levaranos á constelación de Canis Maior e á estrela máis brillante do ceo, Sirirus, de cor branca e magnitude -1,5.

Si unimos Mintaka con Betelgeuse, levaranos á constelación de Xéminis e á estrela Castor de cor branca-azulada e magnitude 1,9. Á súa esquerda atópase Pollux, de cor amarela e magnitude 1,2.

Unamos agora Bellatrix con Betelgeuse e iremos á constelación de Canis Minor, coa súa brillante estrela Procyon, de cor branca-amarela e magnitude 0,4, a oitava mais brillante.

Para finalizar unamos Rigel con Bellatrix, chegaremos á constelación de Auriga, onde se atopa a xigante Capella de cor amarela e magnitude 0,1, o que a fai a sexta estrela máis brillante do ceo.

Os camiños no ceo non están trazados, pero cun pouco de procura atoparémolos e levarannos a ver lugares fantásticos, perdidos nunha noite estrelada.

Arriba

 

ORIÓN. A CATEDRAL DO CEO

A constelación de Orión (O Cazador), é unha das máis destacadas no firmamento. As súas estrelas son visibles deNde os dous hemisferios. Está formada por catro estrelas principais de gran magnitude, que forman un rectángulo, que sería o corpo do cazador, son: Betelgeuse, Bellatrix, Rigel e Saiph. Pero o seu trazo máis distintivo é unha agrupación de tres estrelas no centro da constelación, coñecidas como o Cinto de Orión, As Tres Marías ou Os Tres Reis Magos: son as estrelas Alnitak, Alnilam e Mintaka. Delas parece colgar unha espada, que forman as estrelas Hatsya, Mizan Batil e entre elas a Gran Nebulosa de Orión.

Entre as estrelas Betelgeuse e Bellatrix atópase Messia que xunto a outras que a rodean, forman a cabeza do cazador. Un grupo de estrelas sobre Betelgueuse, de pequena magnitude, forman o brazo dereito, que parece agarrar unha maza. Á dereita de Bellatrix un grupo de estrelas parecen formar un arco parecido a un escudo, que suxeita o brazo esquerdo: son as estrelas Tabit, Al Taj I, II, III, IV e V. 

En mitoloxía son moitas son as versións que podemos atopar, tanto en Grecia como en Roma, así como noutras culturas de todos os continentes. Pero a máis aceptada é na que aparece como un gran cazador que alardea de poder matar calquera animal. A deusa Gea, en castigo pola súa presunción, mándalle un escorpión para que o mate. Durante o enfrontamento Orión consigue esnaquizalo, pero o escorpión crávalle o seu aguillón, polo que este tamén morre. Para recordalos os deuses colocaron a Orión e ao escorpión no ceo, en extremos opostos da bóveda celeste, de forma que cando Escorpio sae polo horizonte do leste, Orión ocúltase polo oeste.
Pero os mitos son universais, non só agora senón ao longo da historia do home: en diversas civilizacións podemos ver como esta agrupación de estrelas foi obxecto de admiración, devoción e ata inspiración na construción de complexos arquitectónicos como as pirámides.

Agora xa só queda que na próxima noite estrelada mirar ao ceo en dirección sur para atopar a este gran xigante brillante, coñecido por moitos como a Catedral do Ceo, que é a constelación de Orión.

Arriba

 

A GRAN GALAXIA DE ANDRÓMEDA

Case todos oímos algunha vez falar da Gran Galaxia de Andrómeda, pero moi poucos saben que se trata do obxecto celeste máis afastado visible a primeira ollada, e que nas noites sen Lúa, en lugares de pouca contaminación lumínica, podemos distinguir como unha pequena e tenue nebulosidade de forma elíptica situada na constelación do mesmo nome. Coñecémola tamén como M31, xa que é o obxecto número 31 do catálogo de Messier, ou no Novo Catálogo Xeral NGC224.

Para localizala, podemos usar constelacións como referencia. Primeiro usaremos o cadrado de Pegaso, Uniremos a estrela Markab, con Alpheratz, prolongando outro tanto esta distancia, o que nos levará á estrela Mu Andromedae, e a uns catro graos á dereita, atopámonos coa galaxia. Outra forma de localización, é usar a constelación de Casiopea, uniremos a estrela Seguin con Rukbha, prolongando a distancia que a separa tres veces, e uns catro graos á dereita atópase Andromeda. A primeira ollada veremos unha especie de mancha difusa, se nos axudamos cuns prismáticos, veremos como unha pequena nube ovalada e alargada, cun núcleo máis redondeado e lixeiramente máis brillante, cun telescopio pequeno poderemos vela enteira, xunto ás súas galaxias satélites M32 e M110.

A súa forma e as súas dimensións convértena nunha versión ampliada da Vía Láctea, está formada por uns 450.000 millóns de estrelas, atópase a 2,5 millóns de anos luz. Móvese a uns 300 quilómetros por segundo en dirección a nós, polo que dentro duns 5.000 millóns de anos, ambas as galaxias chocarán, dando lugar a unha galaxia elíptica xigante. Cando isto vaia ocorrer, a vista de Andrómeda será algo espectacular, pero como vai ser un pouco difícil esperar a ese momento, invitámosvos a gozar agora buscándoa no ceo.

Arriba

 

URANO

A maioría das persoas pensou, algunha vez, a posibilidade de poder ver con medios propios ao planeta Urano. A dificultade é moito menor do que en principio nos poida parecer. Uns simples prismáticos, poden, coñecendo a súa localización no fondo de estrelas, permitirnos a súa observación.

Ata finais do século XVIII, pensábase que Saturno era o último planeta do sistema solar, pero na noite do 3 de marzo de 1781, William Herschel divisou un astro de sexta magnitude que en lugar de parecer un punto brillante e luminoso, mostraba un disco de tamaño apreciable dunha unha cor gris verdoso. No entanto demostrouse posteriormente que outros astrónomos como Lemonnier e Bradley vírono e rexistrarono, pero confundíndoo sempre cunha estrela.

Para localizar ao planeta durante os próximos meses, recorreremos a dúas constelacións facilmente recoñecibles, Pegaso e Cetus, xa que Urano atópase na constelación de Pisces, bastante difícil de identificar. Unha vez situadas as constelacións uniremos as estrelas Diphda en Cetus, con Algenib, no cadrado de Pegaso, e a metade de camiño, un pouco cara a Algenib, atopámonos cun disco moi pequeno duns 3,5" de arco de diámetro e de cor gris verdoso, debido a súa profunda atmosfera de metano, cos bordos moi esfumados. O traballo de localización farémolo mellor cuns prismáticos, para despois mediante o telescopio, apreciar máis en detalle, e canto maior sexa este, poderemos chegar ata a ver as súas lúas Titánia e Oberón, con magnitude 14.

Pero o máis importante é dispor dun ceo moi escuro afastado das cidades, adecuar a nosa vista á escuridade total durante varios minutos, evitar fontes de luz que nos ceguen, usar o método de observación baseado en visión periférica e gozar das imaxes que a noite ofrécenos. Urano, por suposto, non nos defraudará.

 

Arriba

 

PAKAN-3

Na nosa procura de asterismos, o ceo nocturno nunca vai deixar de sorprendernos con novas sensacións e experiencias visuais que sempre encerra unha noite estrelada.

Na constelación de Monoceros, unha débil constelación á esquerda de Orión e sobre o Can Maior, atopamos unha cadea de estrelas que parecen adquirir a forma dun número 3. É coñecido como “Pakan's 3” ou “Harrington star 18”. Describiuna por primeira vez o astrónomo canadiano Randy Pakan, pertencente á Real Sociedade Astronómica de Canada (RASC), e publicouse por primeira vez polo profesor de astronomía norteamericano Philip S. Harrington no seu libro "O ceo profundo - Unha introdución".

Para localizalo partiremos da estrela máis brillante do ceo, Sirius, na constelación do Can Maior. Uniremos esta estrela con Kartajan na constelación de Monoceros, e xusto na metade atopámonos o asterismo.

Esta formado por 15 estrelas de magnitudes comprendidas entre 9 e 10, o que lles dá un brillo moi homoxéneo, sendo a máis brillante TYC 5383-1122-1 con magnitude 8,7. Imposible de ver a primeira ollada, pero moi fácil con calquera telescopio.

Pero o ceo nocturno non deixará de sorprendernos, e o obxectivo é seguir buscando eses pequenos secretos que o espazo garda.

 

 

Arriba

 

A TRENZA DE ALLY

Outro asterismo que podemos localizar con relativa facilidade é a Trenza de Ally, un grupo de estrelas que parecen espallarse como dunha trenza, dende o Cúmulo das Pleiades (M45). Para localizalo partiremos da constelación de Tauro e da súa estrela máis brillante, Aldebaran, e dela e sempre cara á dereita, ata alcanzar o cúmulo das Pleiades, como podemos ver no debuxo. Dunha das súas estrelas máis brillantes Alcyone, parte en dirección sur unha especie de fervenza de 8 estrelas. De aí recibe o seu nome, Ally é a abreviatura da estrela, e a trenza, da que a fervenza que parece pender da estrela Alcyone como se dunha trenza se tratase.

Foi nomeada por primeira vez polos astrónomos afeccionados Stephen Saber e Steve Coe, os dous pertencentes ao SAC (Saguaro Astronomy Club) de Arizona USA, e atópase rexistrado no seu Catálogo de Asterismos.

As estrelas que o forman son de magnitudes entre 7 e 10, e reciben os seguintes nomes:

  • HD23631 de magnitude 7,3.
  • HD23632 de magnitude 7.
  • HD23609 de magnitude 7.
  • HD23643 de magnitude 7,8.
  • HD 23654 de magnitude 7,8.
  • HD23665 de magnitude 8,8.
  • USNO-A2 1125-01272849 de magnitude 10.
  • USNO-A2 1125-01274143 de magnitude 10.
  • HD23753 de magnitude 5,4.

Outro pequeno tesouro do ceo, fácil de atopar e que nos permitirá  desexar seguir identificando os segredos dunha noite estrelada.

 

Arriba

 

CONXUNCION: XÚPITER-LÚA-VENUS

Como anunciabamos no artigo do pasado mes de marzo, A Lúa, Venus e Xúpiter íannos a dar un gran espectáculo a finais de mes. A realidade é que calquera expectativa foi superada con fartura, co espectáculo que a natureza nos ofreceu.

O día 25, unha fantástica Lúa Cincenta atopábase á dereita de Xúpiter, e un pouco sobre eles Venus, o conxunto permitía observar no ceo un espectáculo pouco habitual e sobre todo cuns simples prismáticos, que nos permitiron gozar dunha Lúa cincenta onde toda a circunferencia lunar podía ser identificada, podendo distinguir sen dificultade a parte iluminada polo Sol e a parte iluminada pola Terra.

O día 26, a Lúa atopábase ao lado esquerdo de Venus, e baixo elas o planeta Xúpiter. A parte da Lúa iluminada polo Sol xa era maior que o día anterior, pero aínda permitía sen dificultade ver a Lúa cincenta, e xa cuns prismáticos era posible ver algún dos seus cráteres.

O espectáculo continuou o día 27. A Lúa xa se atopaba mais alta e afastada de Venus cara á súa esquerda, moi próxima á estrela Aldebaran na constelación de Tauro. O conxunto Xúpiter, Venus, Lúa e Aldebaran formaba un arco no ceo do suroeste, ademais entre a Lúa e Venus atopábase o cúmulo aberto das Pleiades. O conxunto case insuperable.

Nas fotos podemos ver a posición da Lúa con respecto aos planetas Venus e Xúpiter.Foron tres atardeceres cheos de espectáculo, para todos os afeccionados á Astronomía, ou para todos aqueles que só lles guste mirar ao ceo e poder gozar de algo diferente e sobre todo sorprendente.

.

Arriba

 

O HEXÁGONO DE INVERNO

Unha boa parte das estrelas de primeira magnitude, visibles no ceo do hemisferio norte, atopámonolas se miramos cara ao sur durante unha noite calquera de inverno. Sete delas, forman un asterismo coñecido como o Hexágono do Inverno. Estas estrelas son: Rigel, Aldebarán, Capella, Pollus/Castor, Procyón e Sirius.

  • Para localizalas, partiremos da constelación de Orión, que é sen dúbida o mellor semáforo do ceo durante o inverno, e no seu extremo inferior dereito atópase Rigel, a estrela máis brillante da constelación, de cor azul e magnitude 0,15.
  • Seguindo con Orión, trazaremos unha recta imaxinaria polo cinto das tres Marías, se a prolongamos cara á dereita atopámonos con Aldebaran, na constelación de Tauro, de cor amarela e magnitude 0,85.
  • Se prolongamos a recta cara á esquerda lévanos ata Sirius, na constelación de Canis Maior, trátase da estrela máis brillante do ceo, de cor azul e magnitude -1,45.
  • Se unimos Rigel con Bellatrix, lévanos ata a brillante Capella na constelación de Auriga, de cor vermella alaranxado e magnitude 0,05.
  • Se unimos Rigel con Betelgueuse e prolongamos, lévanos ata as proximidades do conxunto Castor e Pollux, na constelación de Xéminis, Castor é de cor branca e magnitude 1,9, Pollux é de cor vermella alaranxado e magnitude 1,15.
  • Para finalizar se unimos Bellatrix con Betelgueuse e prolongamos, lévanos preto da estrela Procyón, na constelación de Canis Minor, é de cor branca e magnitude 0,4.

Se unimos agora todas estas extrellas, observamos que forman un hexágono, quedando cada unha delas nun vértice, e que no centro atópase outra estrela moi brillante, Betelgueuse, a segunda máis brillante de Orión, de cor vermella e magnitude 0,45.

Calquera noite fría de inverno, ou amencer de principios de outono, salgamos a un lugar con pouca contaminación lumínica, e quedaremos cdeslumbrados por esta colección de estrelas, que sen dúbida non nos deixase indiferentes. Ademais se nos fixamos veremos como todo o conxunto é atravesado polo tenue brazo de Orión da Vía Láctea.

Arriba

 

AS HONRAS DE FEDERICO

Nun punto intermedio entre as constelacións de Casiopea, Andrómeda, Pegaso e Lacerta, atopamos un grupo de cinco estrelas de cuarta magnitude, que forman un triángulo. Tratase do asterismo coñecido como As Honras de Federico.

Atópase dentro dos límites da constelación de Andrómeda, e formaba parte da constelación Gloria Federici, que creou en 1787 o astrónomo alemán Johann Elert Bode en honra de Federico II o Grande, rei de Prusia, que falecera un ano antes. Para iso non dubidou en mover a man de Andrómeda, para colocar a súa nova constelación, que consistía na coroa, a espada unha rama de loureiro e unha pluma. A nova constelación non foi recoñecida polos astrónomos, e dela só queda o asterismo das Honras de Federico, que forman a empuñadura da espada. Foi catalogado polo astrónomo afeccionado Peter Berren no seu libro "Objects in the Heavens".

Para localizalo uniremos as estrelas Shedir en Casiopea con Sheat en Pegaso, e Alrediph en Cefeo con Alpheratz en Pegaso, e onde se corten ambas rectas atópase o asterismo. As cinco estrelas que o forman son:

  • Psi Andromedae, de cor amarela e magnitude 4,95.
  • Lambda Andromeade, de cor amarela e magnitude 3,82.
  • Kappa Andromedae, de cor branca e magnitude 4,14.
  • HIP 116582, de cor azul e magnitude 5,8.
  • Manus Catenata  ou Keff al-Salsalat (a man da muller encadeada), representa a man da princesa de Andrómeda encadeada a unha roca formada polas outras estrelas, é de cor azul e magnitude 4,3.

Nunha noite despexada e clara, é visible a primeira ollada, pero cuns prismáticos poderemos observala con toda claridade.

Arriba

 

LEÓNIDAS 2011

Dentro de pouco, deixaremos de falar das Leónidas, como unha das choivas de estrelas máis intensas do ano. Isto deberase a que o cometa que as produce, o Tempel-Tuttle na súa orbita de 33 anos, verase afectado polo planeta Xúpiter, o que fará que todo o sistema de restos do cometa se afaste o suficiente para previr o encontro coa Terra, polo que se espera unha diminución na intensidade das choivas para os próximos 100 anos, e en consecuencia non teñamos nese período, tormentas de 3.700 por hora como foron as de 1999.

Este ano comezarán o día 6 de novembro, ata o día 30, esperándose entre o 16 e o 18, tres posibles máximos. O primeiro terá lugar o día 16 ás 23:30 T.U. cunhas 200 por hora. O segundo espérase o día 17 ás 21:00 T.U. cunha taxa de 70-80 por hora. O terceiro será o día 18 ás 23:00 T.U. cunha taxa de 30 por hora. Este sería o máis favorable para a nosa posición.

O radiante atópase na constelación de Leo, sobre a cabeza, como se aprecia no debuxo, saíndo as estrelas fugaces en calquera dirección. Se conseguimos ver algunha, sorprenderannos as súas características, xa que estes meteoros son moi rápidos e adoitan ter unha cor avermellada ao principio, deixando un ronsel de cor verde que persiste durante uns poucos segundos. Este ano a lúa chea impediranos velas con máis intensidade. E se saímos a observalas, non esquezamos que estamos a mediados de outono e a temperatura pode ser extremadamente fría. No entanto, como sempre, se temos a sorte de ver un bólido producido por Leónidas, sorprenderanos gratamente, xa que realmente son extraordinarios.

Arriba

 

O GATO DE CHESHIRE

A procura de asterismos é unha divertida actividade, que permite a calquera observador do ceo nocturno que dispoña dun mínimo equipo, como uns prismáticos ou un telescopio pequeno pero cargado dunha gran dose de imaxinación, a oportunidade de ver algo que para outros pasou desapercibido.

É o caso do asterismo “O Gato de Cheshire”, descuberto polo astrónomo afeccionado Ben Cacace, de Nova York. Que o 7 de novembro de 2002, viu na constelación de Auriga, unha das características máis singulares do personaxe do gato de Cheshire que aparece no libro de Lewis Carroll “Alicia no país da Marabillas”, que consistía en que podía desaparecer lentamente, ata que só quedaba o seu amplo e pícaro sorriso.

Para localizalo buscaremos a constelación de Auriga, e uniremos as estrelas Capella con Alnath e Kabdhilinan con Mahasim, e onde se crucen ambas as rectas atoparemos o Gato de Cheshire.

Esta formado polas seguintes estrelas:

  • Mirando cara á figura e de esquerda a dereita, os ollos serian HIP 25476, de cor vermella e magnitude 6,2. HIP 25343 de cor amarela e magnitude 6,5.
  • O sorriso estaría formada por: HIP 25733A de cor azul e magnitude 6,9. HIP 25735 de cor vermella e magnitude 6,8. HIP 25672 de cor vermella e magnitude 6,6. PHI AURIGAE de cor vermella e magnitude 5,1. HIP 25472 de cor branca e magnitude 5,9. HIP 25363 de cor amarela e magnitude 6,7.
  • Se continuásemos a forma do sorriso, de dereita a esquerda e case formando parte dela, levaríanos a M38, un cúmulo aberto, facilmente visible.

Invitamos a todos a mirar ao ceo con axuda duns simples prismáticos, e quen sabe se cun pouco de imaxinación somos capaces de ver nas estrelas o que outros ata agora non viron, ou non foron capaces de ver.

Arriba

 

A CABEZA DO TOURO DE PONIATOWSKI

Este asterismo, forma parte dunha constelación xa desaparecida chamada o Touro de Poniatowski, creada en 1777 polo abade Poczobut de Vilna para honrar a Estanislav Poniatowski, quen foi rei de Polonia entre 1764 e 1795. A constelación estaba formada por estrelas das constelacións de Ofiuco, Cola da Serpe e Aguia, As correspondentes a Ofiuco son as que forman a cabeza do touro.

As estrelas que o forman son de magnitude 4,5 e 6, facilmente localizables. E para logralo uniremos as estrelas de Ofiuco Helkath con Cebalrai, e Rasalhague con Tang da constelación da Cola da Serpe, e onde se corten ambas as rectas atoparemos a Cabeza do Touro de Poniatowski. Ten forma de V, igual que o Cúmulo da Hyades que forma a cabeza da constelación de Tauro.

As estrelas que forman a cara do touro son:

  • Fellah de cor azul e magnitude 3,9.
  • 66 Ophiuco de cor azul e magnitude 4,8.
  • 68 Ophiuco de cor branca e magnitude 4,5.
  • 70 Ophiuco de cor vermella e magnitude 4,1.

Os cornos están formados por:

  • Phorbaceus de cor branca e magnitude 3,7.
  • 71 Ophiuco de cor amarela e magnitude 4,6.
  • HIP 89772 de cor vermella e magnitude 5,4.

Como sempre os punteiros celestes lévanos a pequenas sorpresas escondidas na profundidade dun ceo nocturno.

Arriba

 

CÚMULO DE ET

En Casiopea atopamos unha das imaxes máis curiosas que o ceo nocturno ofrécenos. Trátase dun grupo de estrelas de varias magnitudes que forma o chamado "Cúmulo de ET". En realidade é coñecido como NGC457, un cúmulo aberto descuberto por William Herschel en 1787, e son máis os nomes que recibe, tanto de astrónomos como de afeccionados, como:

  • Cúmulo de Phi Casiopeae, por ser esta a estrela máis brillante do grupo.
  • Caldwell 13, dentro do cátálogo dese nome.
  • Cúmulo do Bufo, polo parecido con este animal.
  • Cúmulo da Boneca Kachina, tamén polo parecido a unha boneca ritual dos indios Pobo de Norteamérica.
  • Pero sen dúbida o nome máis curioso é o de Cúmulo de ET, polo seu parecido ao personaxe extraterrestre de Steven Spielberg.

Para localizalo partiremos da constelación de Casiopea, uniremos as estrelas Seguin e Ruchbah, cunha liña que continuaremos un terzo máis da distancia que as separa, e un pouco ao sur, aproximadamente dous graos de arco, atoparemos o cúmulo NGC457, cunha magnitude aparente de 6,4 e a 9.900 anos luz do Sol. As súas estrelas máis importantes son:

  • Phi Casiopeae, de cor branca e magnitude 5.
  • HIP6229, de cor azul e magnitude 7, xunto coa anterior forma os ollos de ET.
  • TYC 3681-1437-1 de cor amarela e magnitude 9,5, no peito.
  • IP6231 de cor amarela e magnitude 8,5, no brazo esquerdo.
  • TYC 3681-1664-1 de cor branca azulado e magnitude 9,5, no brazo dereito.

A primeira ollada, tan só veremos a estrela Phi de Casiopea, cuns prismáticos lograremos ver unhas 20 estrelas, pero cun telescopio pequeno, veremos máis de 100 estrelas, de todas as cores, o que o fan o cúmulo máis brillante da constelación de Casiopea, moito máis que os do catálogo Messier M103 e M52. O cúmulo de ET, é outro asterismo oculto no ceo do norte.

Arriba

 

A SORPRENDENTE LÚA

Durante os últimos tres cursos escolares, Temos colaborado dende a SGHN, co Concello de Ferrol, na actividade “Coñecendo o Universo”, destinada a que os alumnos de Colexios e Institutos de Ferrol, teñan un mellor coñecemento do ceo nocturno, e as marabillas que este encerra.

Unha destas marabillas é o descubrimento da Lúa, o noso satélite, algo que para a maioría non deixaba de ser máis que unha luz no ceo, unha rutina que de cando en vez se vé bastante ben, e nada máis.

A maior parte dos centros escolares que pasaron por Reciclaterra, puideron obserbar a Lúa, en cuarto crecente ou en cuarto menguante ou Lúa chea ou Lúa Cincenta; cada unha destas fases garda o seu encanto, tanto a primeira ollada como cuns simples prismáticos. Pero, sen dúbida, o que non os deixou indiferentes foi a vista da Lúa a través do telescopio. As exclamacións eran talles como ¡Uau, ten cráteres! Ou ¡Como brilla! Ou ¡Que pasada! Ou ¡Parece que podes tocala! En definitiva, que case ninguén quedaba indiferente diante do espectáculo que se observaba a traverso do telescópio.

A imaxe que vemos corresponde ao día 10 de febreiro de 2011, as 20:00 horas, visitábanos ese día o Coléxio Compañía de Maria. A Lúa atopábase en cuarto crecente, tal vez a mellor fase para poder observar os detalles da superficie lunar, onde se aprecian con gran nitidez cráteres, cráteres dentro de cráteres, chairas, sombras, etc. 

O sorprendente desta foto é que foi feita coa cámara dun teléfono móbil, e algún dos alumnos, puido levar á Lúa de recordo para a súa casa dentro de seu móbil. Así de sinxelo é a práctica da fotografía astronómica co noso satélite, un telescopio pequeno e  a cámara do teléfono, e a gozar das imáges que a Lúa nos brinda.

Arriba

 

O COMETA DE KEMBLE

Entre as constelacións de Camelopardalis e Casiopea,atopamos un grupo de estrelas que forman como un diamante, do que pende unha especie de cordon, que lle dan unha forma moi parecida á dun cometa que voase polo ceo. Este asterismo é coñecido como o cometa de Kemble.

O seu nome en inglés Kemble?s Kit, foille dado polo frade franciscano Lucian J. Kemble (1922-1999), astrónomo afeccionado nacido en Alberta Canadá, que fixo un catálogo de asterismos descubertos por el.

Para localizalo partiremos da Osa Menor, trazaremos unha linea que partindo da estrela Pherkad, pase pola estrela Polar, e prolongando xustamente a distancia que as separa deixaranos sobre o asterismo de Cometa de Kemble.

Está formado por 14 estrelas de 7ª, 8ª e 9ª magnitude, sendo as características das máis importantes as seguintes:

  • HIP 16048 de cor amarela e magnitude 7,1.
  • HIP 16420 de cor branca e magnitude 8,4.
  • HIP 126432 de cor branca e magnitude 8,2.
  • HIP 16319 de cor vermella e magnitude 6,4 o que a fai a mais brillante do asterismo.
  • HIP 15959 de cor azul e magnitude 7,6.
  • HIP 15796 de cor azul e magnitude 8.
  • HIP 15754 de cor amarela e magnitude 7,6.

Non é visible a primeira ollada, nin tampouco cun telescopio, dado o seu tamaño de máis de 2º, case catro lúas cheas, pero se usamos uns prismáticos poderémola ver na súa totalidade.

Os Punteiros Celestes lévannos sempre a eses recunchos do ceo aos que sen eles nos sería case imposible chegar, podendo atopar asterismos que máis que mostrarnos obxectos estraños, preséntannos o reto de descubrilos e axúdannos a explorar o ceo, ese gran descoñecido.

Arriba

 

O CAN DE DAVIS

Na constelación de Tauro atopámonos cun asterismo que parece representar a un can pequeno de afiado fuciño, estilizado corpo, longo rabo e curtas patas que camiña polo ceo, formado por estrelas de 4ª,5ª e 6ª magnitude, non fáciles de ver a simple vista, pero facilmente identificables cuns pequenos prismáticos, xa que ocupan no ceo 3,5 graos.

Foi descuberto polo astrónomo afeccionado de Massachusetts USA Jhon Davis, e é descrita no libro de Phil Harrington “The Deep Sky”, É coñecido polos nomes de Can de Davis ou Harrington 16.

Para localizalo, uniremos a estrela Aldebaran co cúmulo das Pleiades, e case na metade do camiño un pouco ao oeste das Hyades, próximo a estrela Ain, atoparémonos co Can de Davis.

Está formado polas seguintes estrelas:

  • Omega Tauri de cor branca e magnitude 4,9 (o fuciño do can).
  • 53 Tauro de cor azul e magnitude 5,5 (o ollo dereito do can).
  • 51 Tauro de cor amarela e magnitude 5,6 (unha orella).
  • 56 Tauro de cor branca e magnitude 5,3 (outra orella).
  • HD27533 de cor azul e magnitude 7,1 (pescozo do can).
  • HD27524 de cor azul e magnitude 6,6 (pescozo do can).
  • HD27639 de cor vermella e magnitude 6 (unha pata dianteira).
  • HD 27742 de cor azul e magnitude 6 (outra pata dianteira).
  • Kappa Tauri 1 de cor branca e magnitude 4,2 (traseiro do can).
  • Kappa Tauri de cor branca e magnitude 5,3 (traseiro do can).
  • HD28033 de cor amarela e magnitude 7,3 (unha pata traseira).
  • HD28226 de cor branca e magnitude 5,7 (outra pata traseira).
  • Ipsilon Tauri de cor branca e magnitude 4,3 (cola do can).
  • 72 Tauri de cor azul e magnitude 5,5 (final da cola do can).

Cando miremos a constelación de Tauro durante o comezo dunha noite de inverno, poderemos gozar da observación do conxunto que forman As Pleiades, As Hiades e o asterismo coñecido como o Can de Davis.

Arriba

 

“TOADSTOOL” O COGUMELO VELENOSO

Na constelacion do Golfiño, atopámonos cun asterismo dificil de localizar, e talvez isto sexa o seu maior interese para intentar descubrilo, pero unha vez atopado acharémonos ante un dos agrupamentos de estrelas que nos producirá unha maior satisfacción, cando se mostre no obxectivo do noso telescopio algo parecido a un cogomelo, e de aí o seu nome en inglés “Toadstool”.

Foi descuberto polo astronomo afeccionado B. Alessi, pero é incluído no catalogo de asterismos de Sue French, por iso é polo que tamén fai que sexa coñecido como French 1. Tamén recibe o nome de “Os Diamantes do Golfiño”.

Para localizalo recorreremos á constelación do Golfiño, da que forma parte, e uniremos a estrela Rotanev con Delta Delphini, e a distancia que as separa prolongarémola tres veces e media, e levaranos ás proximidades do asterismo. Ali atoparémonos cun grupo dunhas once estrelas, entre magnitudes 9 e 11, que estan situadas de tal xeito, que unindoas parecen adoptar a forma dun cogomelo. As máis importantes destas estrelas son: HD 201195 de magnitude 8,8 e TYC 1649-2401-1 de magnitude 9,7 que forman a base do pedunculo. HD 201095 de magnitude 8,9, HD201117 de magnitude 8,9 e TYC 1649-728-1 de magnitude 10,2 que forman o chapeu.

Localizalo é bastante dificil, sobre todo con prismáticos, a mellor forma de facelo é cun telescopio pequeno e cunha optica de 30 m/m, aínda que cunha de 24 m/m poderemos obter uns resultados similares, as coordenadas son Ascensión Recta = 21h 07m 20s, Declinación = 16º 19’.

Cando teñamos o asterismo no obxetibo, se nos fixamos na base do pedunculo do cogomelo á beira da estrela TYC 1649-2401-1, observaremos a galaxia NGC 7025, que aínda que non é moi luminosa, xa que a súa magnituid é 13, permítenos aumentar o interese por este belo agrupamiento de estrelas, “Toadstool” ou cogumelo venenoso, outro tesouro do ceo nocturno.

Arriba

 

DIAMANTE DE VIRGO

Chamamos asterismo a un grupo de estrelas que se poden ver nunha determinada zona do ceo e que parecen formar unha figura, pero que non corresponde a ningunha das 88 constelacións convencionais segundo definiunas a Unión Astronómica Internacional.

Un destes asterismos é o chamado Diamante de Virgo ou Gran Diamante. Definido por Hans A. Rey (1898-1977)  no seu Astronomía Popular. Abarca unha zona do ceo que nos pode parecer pouco interesante, xa que non parece que acha nada de interese no interior da zona delimitada polas catro estrelas que o forman. Estas estrelas son: Cor Caroli, a estrela alfa da constelación de Canes Venatici, estrela de terceira magnitude (2,9) e a menos brillante do grupo. Denébola, a estrela beta da constelación de Leo na cola do león, de segunda magnitude (2,1). Spica, a estrela alfa da constelación de Virgo, dunha intensa cor azul e de primeira magnitude (1,0). Arturus, a estrela alfa da constelación de Bootes, dunha intensa cor ouro e de primeira magnitude (-0,04, o que a converte na cuarta estrela máis brillante do ceo.

Se unimos estas estrelas mediante liñas, darán lugar a unha figura de forma romboidal, que se asemella bastante a un gran diamante. Deixando no seu interior, como dixemos, unha zona do ceo aparentemente sen interese, pero que na sua parte superior dereita atopamos unha tenue mancha de estrelas que pertencen á constelación de Coma Berenices.  É o chamado cúmulo de estrelas Coma, trátase do terceiro cúmulo estelar máis próximo á Terra e ao Sol. É un cúmulo aberto, unha colección de estrelas que se manteñen xuntas pola gravidade. Estímase que o cúmulo Coma está a 288 anos luz de distancia e ten polo menos 37 estrelas coñecidas de ao redor de 400 millóns de anos.

Pero tamén se atopa dentro do diamante, unha das zonas máis notables do ceo, é o chamado cúmulo de galaxias de Coma-Virgo e que é o cúmulo de galaxias máis próximo a nós. Áchase entre 50 e 300 millóns de anos luz e vese entre as constelaciónes de Virgo e Coma. Contén, nunha zona de 10 millóns de anos luz, máis de 2.000 galaxias, moitas delas en fase de formación.

Estes cúmulos son observables, con relatiba facilidade, xa que o de estrelas podémolo ver cuns simples prismáticos. No entanto para poder gozar o de galáxias, necesitaremos un telescopio, que nos permitirá obserbar algunha delas, sobre todo 16 do catálogo Messier como M58, M88, M100, etc.

Arriba

http://sghnastronomia.blogspot.es/img/DiamanteVirgo.jpg

 

KEMBLE 2 (MINI CASIOPEA)

Quen non coñece a constelación de Casiopea? Case todo o mundo que teña unha pequena idea acerca das constelacións que iluminan a noite atopará sen dificultade, no ceo do norte, a forma de M ou W que caracteriza esta constelación. Pero o que non sabe a maioría é que relativamente cerca, na constelación de Draco, temos a súa réplica en pequeno, unha mini Casiopea.

Para poder localizala utilizaremos a Osa Menor, trazaremos unha diagonal sobre o cadrado da Osa, dende a estrela Kochab ata Anwar al Farkadain, e prolongaremos unha vez e media máis esta distancia, que nos levará ata as proximidades da estrela Batentaban Borealis da constelación de Draco, e aproximadamente a un grao dela en dirección á estrela Tyl, tal como se aprecia na imaxe,  atoparémonos cun grupo de estrelas que forman unha figura similar á de Casiopea, e que recibe o nome de Kemble 2 ou Mini Casiopea. Foi chamada así en honra do astrónomo canadense afeccionado Lucian Kemble.

Trátase dun grupo de seis estrelas de magnitudes entre 7 e 8 bastante brillantes e de cor vermella; os seus nomes son:

  • HIP 91039 con magnitude 7,50
  • HIP91163 con magnitude 6,80
  • HIP 91121 con magnitude 7,34
  • TYC 4438-981-1 con magnitude 8,35
  • TYC 4438-942-1 con magnitude 8,50
  • TYC 4438-1203-1 con magnitude 8,70

Entre elas non hai unha relación de proximidade, xa que se atopan a moi diferentes distancias, polo que non podemos consideralas como un cúmulo, tan só son unha casualidade máis do ceo, un asterismo.

Para unha boa visión é suficiente cuns bos prismáticos ou cun telescopio pequeno con poucos aumentos. A figura que vexamos enfróntase á súa irmá maior, se as observamos simultaneamente darémonos conta do seu gran parecido, que sen dúbida non deixará de sorprendernos.

Arriba

Mini_Casiopea

 

NORTE CELESTE

Comezamos este mes unha nova experiencia tendente a localizar estrelas, constelacións, puntos singulares, etc, xa que orientarse no ceo pode resultar para quen o faga por primeira vez bastante desalentador, dada a dificultade de poder recoñecer formas e figuras. Pero en realidade non é máis difícil que ler un mapa de estradas calquera. As estrelas durante calquera noite do ano, parecen que camiñan suavemente polo ceo, e ao día seguinte parecerá que se atopan practicamente no mesmo lugar.

Pero, como saber atopar o camiño adecuado a un punto dun ceo tan inmenso e abarrotado de estrelas? Moi sinxelo, trátase de usar como referencia unha delas ou un grupo de estrelas e de ahi pasar dunha a outra.

Hoxe comezaremos coa localización do Norte Celeste, e para iso intentaremos localizar a estrela Polar, que é a que se atopa máis próxima do punto cara ao que se dirixe o eixo da Terra. A estrela Polar non se atopa exactamente no Polo Norte celeste, senón a 1 grao del. A causa do movemento de Precesión do eixo de rotación da Terra, no 2012 a Polar atoparase á mínima distancia con respecto ao Polo Norte celeste (ao redor de medio grao) e despois afastarase de novo.

A localización da Polar no ceo non é difícil, só hai que localizae en primeiro lugar, a constelación denominada Osa Maior. Esta constelación é a mais coñecida do hemisferio norte, así que a súa localización será moi fácil., tan só temos que localizar un grupo de sete estrelas de magnitude semellante que simulann non unha osa, senon un cucharón, un cazo ou un carro, catro delas forman un cuadrilátero (a cunca) e tres delas unha cola (o mango). As duas estrelas do cuadrilátero, opostas á cola chamadas Dubhe e Merak, van ser o punteiro que nos vai a dirixir cara á estrela Polar. Trázase unha liña imaxinaria prolongación de ambas e multiplícase por cinco a distancia que as separa, e, nese lugar, está a Polar.

http://sghnastronomia.blogspot.es/img/locaPolar.jpg

Outra forma de localizala é atopando primeiro á constelación de Casiopea, formada por cinco estrelas principais cunha figura que ten forma de W cando está baixa no horizonte e M cando está alta, . Se trazasemos as bisectrices dos ángulos formados pola M ou a W, as prolongacións das mesmas cortaríanse preto da estrela Polar.O feito de estar a Polar no norte xeográfico, significa que a altura da Estrela Polar sobre o horizonte non é máis que a Latitude, e, mantendo unha latitude navégase por un paralelo, este, era o segredo das grandes travesías realizadoas por Colón: A Polar observando e polo paralelo navegando.

Cando navegamos ou efectuamos actividades ao aire libre en lugares ás veces descoñecidos, a orientación é imprescindible. A definición de orientación sería recoñecer a situación do Norte e por conseguinte dos demais puntos cardinais, así como o rumbo que debemos de seguir. Se sempre estamos orientados, será dificil que nos podamos perder.

Arriba

 

OSA MENOR

Unha das constelacións das que case todo o mundo ten oído nomear pero que case ninguén é  capaz de localizar é a Osa Menor. Constituída por estrelas de escasa luminosidade, para poder vela ben é necesario un ceo moi claro e sen contaminación lumínica. O astrónomo Tales  escribiu cara ao ano 600 a.C. que os mariños fenicios a utilizaban para a navegación. O motivo é que contén a estrela Polar (Polaris) e atópase aproximadamente a 10 do Polo Norte celeste, sendo utilizada desde a antigüidade para guiar os navegantes debido a que case non cambia de posición ou o fai moi pouco, posto que case coincide exactamente coa prolongación do eixo da Terra; é dicir, márcanos o norte xeográfico.
http://sghnastronomia.blogspot.es/img/osamaior.bmp

É moi ampla a mitoloxía que rodea á Osa menor, e practicamente sempre en unión á Osa Maior, procedente de todos os continentes e de culturas totalmente opostas que ás veces son asombrosamente coincidentes. Son tantas que cada unha delas merecería un capítulo á parte. Dentro da mitoloxía grega hai diferentes versións que afectan á Osa Menor, e talvez a máis coñecida sexa esta: Zeus  encapríchase con Calisto ninfa da deusa Diana e, disfrazado desta deusa, chegou a facer o amor coa ninfa, deixándoa embarazada. Decatada Diana, apartou a Calisto do resto das ninfas. A esposa de Zeus, Hera, deuse de conta de que Calisto parira ao seu fillo Arkas, polo que, nun ataque de ciumes, a converteu nun oso. Anos despois, Arkas atopou un oso ao que, por medo, intentou matar. Zeus, sabendo que se trataba de nai e fillo, tomounos e colocou entre as estrelas como dúas resplandecentes e veciñas constelacións. Hera, enoxada por isto, mergullouse no océano en busca de Thethys e Océanos, aos que contou a historia e pediu un favor: que o oso (a Osa Maior) nunca tocase a auga. Por iso, segundo a mitoloxía, a Osa Maior nunca toca o horizonte.

As súas estrelas máis importantes son:

  • Polaris (estrela do polo), á que os árabes chamaban Al Kutb (o eixo), unha estrela superxigante de cor amarela e magnitude 2,0.
  • Kochab ou Kokab (a estrela), de cor vermella e magnitude 2,1.
  • Pherkab (o xato), de cor branca e magnitude 3,0.
  • Yildun (a estrela), de cor branca e magnitude 4,2.
  • Alifa al Farkadain (o máis tenue dos xatos), de cor branca e magnitude 4,2.
  • Anwar Al  arkadain (o máis brilante dos xatos), de cor amarela e magnitude 5,0.

As estrelas Kochab e pherkad eran coñecidas polos navegantes da época dos descubrimentos como As Gardas, xa que, xunto ao resto das estrelas da Osa Menor, formaban a agulla dun gran reloxo celeste que, con centro na Polar, lles marcaba cada un dos cambios de garda durante a navegación  nocturna. Así, o “Diario” de Colón di o domingo 30 de setembro de 1492: “As estrelas que se chaman As Gardas, ao anoitecer, están xunto ao brazo da parte de poniente, e cando amanece están na liña debaixo do brazo ao nordeste, que parece en toda a noite non andan agás tres liñas, que son nove horas e isto cada noite”. Quen sitúa a Osa Menor saberá para sempre situar correctamente o norte xeográfico.

Arriba

PAU E PELOTA DE GOLF

Durante o outono, se miramos ao sur a media noite poderemos ver tres constelacións moi diferentes entre si. Pegaso, grande e facilmente localizable, Andromeda pegada á anterior pero máis dificil de identificar, e a pequena constelación do Triángulo. Entre estas dúas, atópase un asterismo singular. Trátase do Pau e A Pelota de Golf, formado por unha cadea de estrelas brillantes que se estenden dende o noroeste ata o sureste, e que foi definido por primeira vez polo astronomo afeccionado John Davis de Massachusetts USA.

Para localizalo axudarémonos das constelacións de Andrómeda e o Triángulo. Partiremos da estrela Alpheratz primeira de Andromeda no Cadrado de Pegaso. Á súa esquerda atópase a estrela Sadiradra, un pouco máis á esquerda Mirach e un pouco máis Almaak. Por baixo destas dúas últimas atópase a constelación do Triángulo, e se trazamos desde a súa estrela Deltotum, unha perpendicular á recta que une Mirach e Almaak, a metade de camiño atoparémonos cun grupo de estrelas que forman o asterismo do Pau de Golf. Estas estrelas son:

  • HIP 8423 de cor vermella e magnitude 5,9.
  • HIP 8734 de cor amarela e magnitude 6,8.
  • HIP 8805 de cor amarela e magnitude 7,5.
  • HIP 8930 de cor vermella e magnitude 6,3.
  • HIP 9001 de cor vermella e magnitude 5,8.
  • 56 Andromeda (HIP 2091) de cor amarela e magnitude 5,7.

As tres primeiras forman a varilla e as tres últimas a cabeza, dando forma ao pau de golf, á esquerda destas atópase o cúmulo aberto NGC 752 que contén unhas 70 estrelas con magnitudes superiores a 9, no entanto o cúmulo ten unha magnitude de 5,7, sendo éste a pelota que o pau parece querer golpear.
Este asterismo non deixa de ser outra máis das moitas marabillas que garda un ceo estrelado.

Arriba

Pau_de_golf

 

PICOT 1 (O Chapeu de Napoleon)

O ceo non deixa de mostrarnos pequenas sorpresas ocultas entre os miles de estrelas que enchen unha noite de comezos do verán. Hoxe referímonos ao asterismo coñecido como Picot 1, tambien chamado Napoleon’s hat (Chapeu de Napoleon) ou Emperor’s hat (Chapeu do Emperador). Consiste nun grupo de sete estrelas de magnitudes entre 9,4 e 10,6, moi próximas á estrela Arturus na constelación de Bootes (o condutor dos bois). Para localizalo tan só teremos que prolongar un pouco as lineas que unen a estrela Izar ou a estrela Rho Bootis con Arturus, e baixo ela a menos de 45’ de arco atópase Picot 1.

Este asterismo foi descrito recentemente polo astrónomo afeccionado francés Fulbert Picot que lle deu o nome do Chapeu do Emperador ou o Chapeu de Napoleón, polo parecido co típico chapeu usado en Europa e América, sobre todo entre os militares, a finais do século XVIII e principios do século XIX, unha evolución do anterior tricornio, nesa época convertido en bicornio.

As súas estrelas son:

  • TYC 1472-320-1 de magnitude 9,8.
  • TYC 1472-718-1 de magnitude 9,4.
  • TYC 1472-162-1 de magnitude 9,7.
  • TYC 1472-684-1 de magnitude 10,6.
  • TYC 1472-305-1 de magnitude 9,5.
  • TYC 1472-83-1 de magnitude 9,4.
  • TYC 1472-330-1 de magnitude 10,4.

Non gardan ningunha relación de proximidade entre elas, xa que se atopan a diferentes distancias. A súa única relación é a figura aparente que forma no ceo. A súa localización non é dificultosa, xa que se atopan moi preto de Arturus, pero esa proximidade, e dada a luiminosidad da estrela pode facela máis custosa se utilizamos uns prismáticos, pero nunca sairemos defraudados se o facemos cun pequeno telescopio.

Arriba

Chapeu_Napoleon

 

POLO SUR

Durante estes últimos anos, na nosa sección de efemérides astronómicas fomos estudando cada unha das constelacións do hemisferio norte, ou aquelas do sur que vemos totalmente ou unha parte maior ou menor delas. Para comezar a falar desas constelacións o primeiro que debemos facer é situar o Polo Sur Celeste, e atopámonos cunha primeira dificultade, xa que nas proximidades do polo sur, non existe ningunha estrela con magnitude adecuada para facelo facilmente identificable, como si temos no norte coa estrela Polar.

Polo_Sur

Para iso recorreremos como sempre á axuda das constelacións coñecidas, e sen ningunha dúbida a máis coñecida do hemisferio sur é a constelación da Cruz do Sur. Trátase da constelación máis pequena do ceo, pero é fácil de identificar e o símbolo por excelencia dos habitantes do sur. Situada en plena Vía Láctea, rodeada pola constelación de Centauro e formada por catro estrelas principais:

  • ACRUX (Alfa da Cruz) de cor branca e magnitude 0,8.
  • MIMOSA (a flor da acacia) de cor azul e magnitude 1,3.
  • GACRUX (Gamma da Cruz) de cor vermella e magnitude 1,6.
  • DECRUX (delta da Cruz) de cor azul e magnitude 2,8.

Forman no ceo unha cruz, definida así por primeira vez no século XI polo astrónomo árabe Ao-Biruni que a chamou Sula (a viga da crucifixión). Pois ben, para localizar o Polo Sur Celeste, uniremos Gacrux con Acrux, e a distancia que as separa prolongarémola 4,5 veces, o que nos indicará aproximadamente o lugar no que se atopa o sur. Tamén podemos facelo unindo as estrelas de Centauro Rigel Kent con Hadar, e pola metade dela trazaremos unha perpendicular que nos sinalará a posición do polo, como podemos ver no debuxo. Nas súas proximidades, aproximadamente un grao, atopámonos a estrela Sigma Octantis, na constelación do Octante, de cor amarela e magnitude 5,4, o que a fai dificilmente observable, e pouco útil para a identificación do sur. No entanto coñecela como Polaris Australis.

O ceo do sur ábrenos outras posibilidades, completamente diferentes ás do ceo do norte ao que estamos afeitos. Se podemos algunha vez desprazarnos un pouco máis ao sur, por exemplo a Canarias, descubriremos que o ceo segue sendo un mar de sorpresas, sempre diferentes, e sobre todo canto máis ao sur moito mellor.

Arriba

 

STARGATE

Entre as constelacións de Virgo e Corvus atópase un cúmulo aberto, coñecido como STF 1659. Trátase dun conxunto de seis estrelas, que forman dous triángulos, un pequeno interior e outro máis grande exterior. Algunha das súas estrelas foron catalogadas polo astrónomo alemán Friedrich Georg Wilhelm Struve en 1832, pero o conxunto non queda perfectamente definido ata 1909.

A finais do século XX o astrónomo afeccionado norteamericano John Wagoner, dálle o nome de "Stargate Cluster" Cúmulo da Porta Estelar, debido ao parecido coa porta estelar que utilizaba o heroe de cómic Buck Rogers e os seus amigos, cando cruzaba ao hiperespacio. “Non ten nada que ver coa película ou a serie de televisión do mesmo nome”. Quedando así convertido nun asterismo.

Stargate

Para localizalo uniremos as estrelas Porrima da constelación de Virgo con Algorab da constelación de Corvus, e a un terzo da distancia desde Algorab, un pouco á esquerda atópase o cúmulo STF 1659 Stargate, como podemos observar con detalle no debuxo. As estrelas que o forman son:

  • HIP 61486 de cor amarela e magnitude 6,6.
  • HIP 61449 de cor vermella e magnitude 6,7.
  • HIP61466 de cor amarela e magnitude 7,9.
  • HIP 61465 de cor amarela e magnitude 8,3.
  • TYCHO 5531-01190-1 de cor vermella e magnitude 9,1.
  • TYCHO 5531-01564-1 de cor azul e magnitude 11,5.

Se o observamos, poderemos descubrir moi preto del, apenas a un grao de arco, un pouco máis arriba e á esquerda, M104, a galaxia do Chapeu. Un conxunto que visto con prismáticos chamaranos a atención, pero que cún telescopio pequeno daranos un fantástico espectáculo.

Arriba

 

TEREBELLUM  

O ceo nocturno non deixa de ofrecernos pequenos tesouros que sorprenderon a astrónomos de todos os tempos. Falamos hoxe dun asterismo coñecido como TEREBELLUM. Trátase dun grupo de catro estrelas de quinta magnitude, situadas na cola do centauro da constelación de Saxitario. Para atopalas uniremos a estrela Antares na constelación de Escorpio, con Kaus Media na constelación de Saxitario, e prolongamos a mesma distancia que as separa, que nos levará directamente sobre o asterismo de Terebellum.

Seguramente se trate do grupo de estrelas que no século segundo foron nomeadas por Ptolomeo como Tetrapleurón. No século XVII o astrónomo alemán Bayer, denomínaas definitivamente Terebellum, seguramente polo parecido coa cuncha do molusco gasterópodo mariño Terebellum terebellum que se atopa na costa norte de Australia. Os chineses tamén coñecian este asterismo co nome de Kow Kwo (can do pais).

As catro estrelas que forman o Terebellum atópanse aparentemente moi xuntas, estando separadas por non máis de dous graos de arco, pero entre elas non existe ningún tipo de ralacción gravitacional, xa que se atopan a distancias moi diferentes. Os nomes das estrelas e as súas caracteristicas son: Omega Sagittarii de cor amarela laranxa con magnitude 4,7 e a unha distancia de 77,6 anos luz da Terra é a máis próxima das catro, atópase na esquina nordeste. 59 Sagittarii de cor vermella e magnitude de 4,5, a unha distancia de preto de 1200 anos luz da Terra, atópase na esquina sureste. 60 Sagittarii de cor amarela laranxa e magnitude 4.8, a unha distancia de 340 anos luz da Terra, atópase na esquina noroeste e é a máis débil das catro. 62 Sagittarii de cor vermella e magnitude 4,43, a unha distancia de 448 anos luz da terra, atópase na esquina suroeste e é a máis brillante das catro.

A  observación do Terebellum non nos deixará indiferentes, xa que para atopalo teremos que pasar polo impresionante centro da nosa galaxia, A Vía Láctea. Miles de estrelas de todas as cores, cúmulos abertos, nebulosas, etc, a primeira ollada ou cuns simples prismáticos. Con toda seguridade non sairemos defraudados.

Arriba

 

TRIÁNGULO DA PRIMAVERA

O Triángulo da Primavera, é un asterismo formado polas estrelas REGULUS na constelación de Leo, trátase da veintidos estrella máis brillante do ceo, en realidade é un sistema estelar cuadruple, atodas xuntas son 240 veces mais brillanque que o sol, a maior, Regulus A é de cor azul.   ARTURUS na consteleción de Bootes, trátase da terceira estrella máis brillante do céo e salientará por un ton  amarelo avermellado, é unhas 25 veces máis grande que o noso Sol, e 200 veces mais brilante. SPICA na constelación de Virgo, trátase da decimoquinta estrella máis brillante do ceo, en realidade é un sistema binario, ambas xuntas son 15000 veces mais brilantese que o sol, ambas son de cor azul.
http://sghnastronomia.blogspot.es/img/TPrimavera.jpg

No seu interior atópase outro asterismo triangular, substituíndo a estrela Regulus por DENEBOLA (Trátase da sesenta e unha estrella máis brillante do ceo, é 12 veces mais brillanque que o sol, é de cor branco), tamén  na constelación de Leo forma outro triángulo mais pequeno.

Este conxunto, permítenos utilizalo como guía para atopar outras estrelas e constelacións. Así se unimos a prolongación do arco da cola da Osa Maior pasará por Arturus e Spica, e se o prolongamos chegará a Kraz in Becvar na constelación de Corvus. Á súa vez se unimos Alkaid, na punta da cola da Osa Maior, con Denebola, pasará pola estrela Cor Coroli na constelación de Canes Venatici. Se unimos Algieba no peito de Leo con Regulus, levaranos á estrela Alphard na constelación de Hydra.

Os punteiros celestes, permítennos viaxar a través da esfera celeste, atopando estrelas e constelacións, que de outra forma nos pasarían totalmente desapercibidas. Aínda que o ceo da primavera non sexa o máis espectacular, non cabe dúbida que se o ollamos cun pouco de detención atoparemos, como sempre que ollemos ao ceo, fenómenos e curiosidades que nunca nos deixarán de sorprender.

Arriba

 

TRIÁNGULOS DO VERÁN

É posible que moitos de nós, notemos durante as noites de verán, que tres estrelas brillantes, relativamente cerca unhas doutras, forman unha especie de triángulo, atravesado pola Vía Láctea, o que lle dá un aspectoleitoso. Trátase dun asterismo coñecido por case todo o mundo, aínda que non se sexa coñecedor da astronomía, é o Triángulo de Verán.
http://sghnastronomia.blogspot.es/img/Tveran.jpg

As estrelas principais que o forman son: Vega,  que é a máis brillante das tres na constelación do Cisne, é 37 veces mais brillante que o Sol e atopase a 25 anos luz, (a quinta mais brillante do ceo). Altair atópase na constelación do Aguia, é unhas 11 veces mais brillante que o Sol  e  está a uns 17 anos luz, a doceava mais brillante do ceo. A terceira estrela é Deneb na constelación do Cisne, aínda que loce como a menos brillante das tres en realidade non o é, xa que se trata dunha supergigante 80.000 veces máis brillante que o Sol a 1467 anos luz de distáncia,  a 19 mais brillante do ceo. No interior do triángulo, atopámonos con outras dúas pequenas constelacións, Sagita e Vulpecula.

Menos coñecidos son outros dous asterismos que tomando como base e lados do Triángulo do Verán, dan orixe a outros dous triángulos, á dereita, é decir hacia u oeste,  e a partir da recta que resulta de unir Veiga con Altair, serviranos de base dun triángulo case equilátero co terceiro vertice na estrela Rasalhague, que é a máis brillante da constelación de Ofiuco, trinta veces máis brillante que o Sol e a 47 anos luz de distancia, a 60 mais brillante do ceo. Coñéceselle co nome de Triángulo de Verán do Sur, no seu interior atópase, talvez, a zona menos interesante do ceo do verán.

Se usamos o outro lado do Triángulo de Verán, é dicir, hacia o leste,  a liña formada pola unión de Deneb e Altair, nos servirá de lado dun triángulo case isosceles co terceiro vertice na estrela Enif da constelación de Pegaso, 150 veces máis brillante que o Sol e a 700 anos luz de distancia, a 82 mais brillante do ceo. O interior deste triángulo é moito máis interesante, por el pasa a Via Lactea e contén tamén dúas pequenas constelacións o Golfiño e Equuelus. Este triángulo é coñecido como Triángulo de Zaydeh.

A localización destes asterismos é moi sinxela, e unha vez identificados pódennos servir como punteiros celestes para atopar máis estrelas e constelacións.

Arriba