logo

Logo_astronomia

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

entomoloxia@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

ENTOMOFAUNA

Colias crocea (Geoffroy, 1785)

É unha das bolboretas máis comúns de Galicia. A presencia de imagos é practicamente ininterrompida durante todo o ano.
Os hábitats axeitados son os abertos, polo que é doada de ver polos camiños e prados, onde as eirugas  alimentan se de Trifolium pratense e T. repens. (ver mais)

 

Carabus (Ctenocarabus) galicianus Gory, 1839

Trátase dun coleoptero endémico do noroeste penínsular. A distribución coñecida limita polo Sur en Coimbra (Portugal) e polo Este ata Arbón (Asturias). Está asociado indefectiblemente a cursos de augas limpas. (ver mais)

 

Calopteryx virgo (L., 1758)

Calopteryx virgo

As especies pertencentes ó xénero Calopteryx caracterizase por ter ás pigmentadas e abdomes de coloración metálica, as ás ovaladas e sen pedúnculo presentan unha venación alar moi fina e con numerosas celiñas. Neste xénero están incluídas as especies de zigópteros de maior tamaño en Europa.(ver mais)

 

Pyrrhosoma nymphula (Sulzer, 1776)

Esta especie é de fácil recoñecemento pola cor vermella con trazos negros do abdome, diferenciándose de especies similares coma Platycnemis acutipennis eCeriagrion tenellum, por ser de aspecto máis robusto e ter as patas de cor negro. (ver mais)

 

Mantispa perla

Facendo bo o lema de SGHN "estudiar, divulgar e defender o medio natural galego" a Delegación Ourense organizou unha xeira naturalista ao Parque Natural do Invernadeiro o 22-09-2012. Ao final da xornada, un extrano insecto pousado no parabrisas do coche chamoulle a atención a un dos participantes na xeira  (ver mais)

 

Melanargia lachesis (Hubner, 1790)

Esta bolboreta pertence á familia Satyridae. En Galicia atopamos catro especies deste xénero: Melanargia galatheaM. russiaeM. occitanica eM. lachesis, sendo esta última a máis común e espallada. Ata hai non moitos anos M. lachesis estaba considerada como unha subespecie de  M. galathea. (ver mais)

 

Pararge aegeria (Linnaeus, 1758)

Esta bolboreta da familia Satyridae é unha das máis comúns que podemos atopar no noroeste penínsular. Presenta requerimentos ecolóxicos ben definidos, como zonas umbrías pero que deixen pasar raios de sol, polo que abonda nas carballeiras, bosques caducifolios en xeral e hortas sombreadas. (ver mais)

 

Mantis religiosa Linnaeus, 1758

Aínda que é un formidable depredador e posue mala prensa, é inocua para ó home, carecendo de calquera tipo de aparato inoculador.  Soe cazar ó asexo, inmobilizado e camuflado. Os hábitats axeitados son os de matogueira e prefire as zonas secas e cálidas. (ver mais)

 

Coenagrion mercuriale (Charpentier, 1840)

Aínda que non temos moitos datos desta especie parece ser frecuente en Galicia, así temos rexistrada a sua presencia nas catro provincias. A nivel europeo está en regresión en moitos paises e xa desapareceu dalgúns. (ver mais)