logo

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

entomoloxia@sghn.org

line decor
  INICIO  
line decor
 
 
 
 


PROGRAMA ESENGA (pdf)

O proxecto nace en 1984 coa denominación de programa ESENGA. Este proxecto ten como obxectivo o coñecemento da biodiversidade entomolóxica galega, tanto na biodiversidade alfa (riqueza en especies) e a biodiversidade gamma (hetereoxenidade xeográfica), como elemento prioritario para coñecer que especies están presentes e cal é a súa distribucción xeográfica.
Inicialmente encetouse a traballar sobre uns grupos moi concretos: Familias Nymphalidae e Pieridae (Lepidoptera), Lucanidae (Coleoptera) e a subfamilia Carabinae (Coleoptera), e posteriormente engadiuse a orde Odonata. Estes grupos posuen xunguen a peculiaridade de, dentro do que é a taxonomía entomolóxica, ser accesible unha determinación doada e estar considerados bioindicadores da saúde de varios biotopos.
Trátase dun proxecto cobizoso, pero a necesidade de, alomenos intuír o que vive nesta área xeográfica, era e é aburante. Incendios forestais, minicentrais hidroeléctricas que decotan o fluxo de especies nos ríos, destrucción da vexetación do país, especies invasoras e un longo etcétera, son unha parte dos problemas que inciden directamente sobre os organismos vivos e a entomofauna e particular. Todos estes procesos estanse a desenvolver sen ter datos de como afectan ós insectos e á biota en xeral, máxime cando descoñecemos que abrangue a “entomofauna galega”.
Os primerios traballos organizados encaminados a un cartografiado entomolóxico partiron da iniciativa de John Heath e Jean Leclerq, que aportaron as directrices básicas para a recollida de información, o seu manexo e publicación.
En diversos paises de Europa publícanse non só atlas, senón tamén revisións dos mesmos, o que implica unha laboura inxente e de alto nivel científico e inconmesurable participación de moitas persoas. Destaca neste eido as Illas Británicas e Bélxica e o proxecto Millenium Atlas onde dez mil voluntarios recolleron máis de millón e medio de rexistros (Munguira in Shilap 30(118)).
Dentro da fauna penínsular encetáronse estes traballos coa publicación do Atlas Provisional Lepidopteros del Norte de España (1977) por Gómez de Aizpúrua e o Atlas Provisonal Lepidopteros de Madrid (1987), do mesmo autor, seguidos doutros traballos posteriores.
Con estes antecendentes e sendo Galiza o límite occidental de moitas especies pola súa condición de finisterrae, xustifícase sobradamente a necesidade de contribuír á concreción deste proxecto.

En 2015 veu a luz o primer atlas da serie, adicado á familia Lucanidae e subfamilias Carabini e Cychrini (Carabidae).

OBXECTIVOS


a) Cartografar e publicar toda a entomofauna galega en cuadrículas UTM de 10 x 10 Km, tal como se realizou no Atlas de Vertebrados de Galicia ou noutros atlas de insectos publicados (SGHN 1995; ASHER et al., 2001) 
O traballo inicial céntrouse en  Lepidoptera-Rhopalocera, Lucanidae (Coleoptera), subfamilia Carabinae (Coleoptera) e a orde Odonata. Posteriormente o proxecto exténdese á totalidade de Lepidoptera, diversas familias de Coleoptera, Odonata e Neuroptera e intégrase nun proxecto maior de cartografado integral da biota galega.
b) Determinar a fenoloxía e requisitos ecolóxicos das especies tratadas.
c) Coñecemento da biodiversidade entomolóxica galega, tanto na biodiversidade alfa (riqueza en especies) e a biodiversidade gamma (heteroxeneidade xeográfica).
d) Potenciar os estudios de biodiversidade entomolóxica.
e) Crear unha biblioteca especializada, aberta a consultas, sobre traballos e estudios de entomofauna galega.
f) Paralelamente á recollida de dados dos grupos citados, tómanse tódolos dados posibles de outros grupos para crear un banco de datos sobre entomofauna en xeral que sirva de base a posteriores traballos ou estudios, tanto propias como alleas.
g) Dispor de criterios para plantexar plans de conservación e así priorizar a protección do espacio e os espacios protexidos.


O obxectivo último é publicar e por a disposición pública este coñecemento, así como promover o rexistro ordeado e sistemático de toda a información biolóxica posible.

RECOLLIDA E VALIDACIÓN DE DATOS

Levar a cabo este obxectivo esixe unha metodoloxía clara. A información recóllese nun modelo de ficha normalizado, que contempla 26 campos de información, aínda que os datos mínimos son os que identifican a especie, data, lugar e recolector (10 campos).

Para facilita-lo traballo de campo, en prospeccións intensas nunha mesma área, cóntase cunha segunda ficha, que permite a recollida e arquivo de grande número de datos cun mínimo esforzo de gabinete.

Aparte dos rexistros de localización toponímicos, o sistema de localización dás especies tratadas está baseado na proxección U.T.M. (Transator). Este sistema, aparte dás cualidades prácticas no seu manexo, é o adoptado polo Comité de Cartografiado dos Invertebrados Europeos, o que permite a comparación da información. O tamaño elixido dás cuadrículas para publica-los datos é de 10x10 Km, pero a toma destes será como mínímo en cuadrículas de 1x1 Km e recoméndase empregar a máxima precisión posible.

Os datos fornecidos pasan por unha primeira peneira, baseada en dous criterios de aceptación:

  1. Os datos subministrados cumpren os mínimos requiridos.
  2. Non menos importantes son as garantías dunha correcta determinación. Existe un experto de grupo que cando se procede á unha publicación, contrasta os datos que lle poidan presentar dúbidas razoables da súa identificación
 

 

CRITERIOS ÉTICOS PARA A RECOLECCIÓN DE ESPECIES

A SGHN considera que a investigación ten que ir parella da divulgación e protección. Dentro desta liña é necesario recorrir á captura e/ou sacrificio de exemplares para a súa determinación ou recollida de datos sobre biometría, etc.

O principal problema de conservación dos invertebrados, non é tanto a captura de individuos para estudios como a degradación medioambiental do seu medio, que afecta negativa e radicalmente á biota.

Nembargantes, propugnamos que a captura de exemplares vivos sen liberación posterior, débese limitarse ós exemplares imprescindibles, e dentro desta tónica evitar a sobrecaptura de exemplares da mesma especie en períodos moi curtos de tempo no mesmo lugar ou cando puideran haber indicios sobre a sustentabilidade da poboación.

Os criterios débense axustar a cada especie e lugar concreto, tendo en conta se pertencen a especies catalogadas en convenios de conservación.

 

CRITERIOS TAXONÓMICOS


Para facilitar a identificación das especies, e asumindo as pequenas variacións que aporten as novidades en investigación taxonómica, o criterio referencia para as taxa será o de Fauna Europaea (http://www.faunaeur.org/taxon_tree.php).

 

RECURSOS INFORMÁTICOS