| |
A sección de mamíferos mariños promove campañas de concienciación,
traballando para defender os ecosistemas mariños galegos, realiza estudos
sobre mamíferos mariños en Galicia e participou activamente na mobilización
internacional contra a caza das baleas dende o ano 1977, tendo un peso moi
significativo na paralización desta actividade en Galicia, que rematou coa
moratoria para tódolos cetáceos do ano 1985.
Dende 1991 colabora coa CEMMA no estudo dos mamíferos mariños.
Dende o ano 2000 a sección de mamíferos mariños realiza traballos de
recuperación de lobos mariños e tartarugas na Delegación de Ferrol no marco
dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos
Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
|
|
|

“As poderosas baleas que nadan nun mar de auga cun mar de aceite nadando nelas”.
FULLER, Estado profano e Estado sagrado
“... e o alento da balea é tan fedorento que trastorna o senso”
ULLOA, América do Sur
“.España .... unha gran balea varada nas beiras de Europa”
EDMUND BURKE, (nalgunha parte)
“A aorta dunha balea é dun diámetro maior que o tubo principal da instalación hidráulica da ponte de Londres, e a auga que ruxe a o seu paso a través dese tubo é inferior en ímpeto e velocidade á do sangue brotando do corazón dunha balea”
ULLOA, América do Sur
“Citas dun sub-subbibliotecario –Moby Dick” – Herman Melville”
(“ ... como a súa traquea se abre tan só ó tubo do seu canle do chorro e como ese longo canle ten unha especie de esclusas para reter o aire cara abaixo e impedir o paso da auga cara arriba, en consecuencia, a balea non ten voz; a menos que a ofendades dicindo que, cando retumba estrañamente, fala polo nariz. (...) ¿que ten que dicir unha balea?. Poucas veces coñecín a algún ser profundo que teña nada que dicir a este mundo, a menos que se vexa forzado a tartamudear algo como medio para gañarse a vida. “
“Moby Dick” – Herman Melville”
|
|
 |

PRESENTACIÓN DA SECCIÓN DE MAMÍFEROS MARIÑOS
A sección de mamíferos mariños da SGHN ten unha longa e fructífera historia.
Promoveu campañas de concienciación, loitando para defender os ecosistemas
mariños galegos.
 
Realizou estudos sobre mamíferos mariños en Galicia,
organizando as "Primeiras Xornadas Ibéricas" e nese coñecemento participou
activamente na loita internacional contra a caza das baleas desde do ano
1977, tendo un peso moi significativo na paralización desta actividade en
Galicia, que rematou coa moratoria do ano 1982.
 
A Sección colabora coa CEMMA, dende o ano 1993, no estudio
das poboacións de mamíferos mariños, tartarugas e quenllas na comunidade
galega, con dúas actuacións fundamentais: varamentos e avistamentos de
exemplares a todo o longo da costa, para o que conta con as pertinentes
autorizacións da Xunta de Galicia. Esta sección nutre de xeito moi
considerable os fondos biolóxicos do "Museo da Natureza",
conseguíndose*unha das máis completas coleccións de cetáceos da
Península.
 

Dende o ano 2000 a sección de mamíferos mariños ven a realizar traballos de
recuperación de lobos mariños e tartarugas na delegación de Ferrol. Estas
tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun
convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos
Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
 
As liñas de traballo da sección inclúen ademais dos cetáceos,
tartarugas, quenllas, peixes e lobos mariños. Existe tamén desde o ano 2006,
un importante proxecto de investigación con cranios fósiles de cifios, en
colaboración cun equipo europeo de paleontólogos.

|
 |
|