logo
Logo_museo
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

museo@sghn.org

line decor
INICIO
line decor
 
 
 
 
 


  

PRESENTACIÓN

O "Museo da Natureza" atópase na delegación da SGHN de Ferrol. Comezou a súa traxectoria cunhas pequenas coleccións de cranios de aves, crustáceos e insectos, froito dos moitos anos de traballo de varias xeracións de naturalistas, conxunto que co tempo permitiu a formación dunha mostra expositiva. Os primeiros esqueletos de aves e mamíferos  foron outra etapa máis ambiciosa.

Museo_01Museo_02

A partires do ano 1991 ábrese ó publico a primeira exposición sobre a cartografía galega e dende ese momento comezouse a expoñer, de maneira habitual, os fondos que permanecían nos almacéns da SGHN. En poucos anos a exposición contaba xa con coleccións únicas.


Museo_03Museo_04

A longa traxectoria da sección de Mamíferos Mariños veu a ampliar de xeito considerable a colección inicial, desde aqueles primeiros restos óseos recompilados nos primeiros anos nos que a SGHN foi pioneira no estudo dos cetáceos e que foron doados recentemente para os fondos, ata os derradeiros anos de traballo compartido coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños e que permitiron ter unha das coleccións biolóxicas máis importantes da Península.

Museo_05Museo_06

Estes restos biolóxicos precisaban de unha regulamentación ó tratarse de especies protexidas na súa meirande parte. Dita necesidade así como a de inventariar de xeito oficial o activo do Museo da Natureza, levounos a iniciar o expediente administrativo de solicitude de legalización de fondos de acordo co texto da Lei 9/2001 de 21 de agosto de conservación de natureza e segundo os seus artigos 53 e 55. Dita autorización di expresamente que "autoriza por razóns de investigación e educación, a tenencia e exposición de animais mortos, os seus propágulos ou restos das especies relacionadas no listado presentado pola SGHN e dilixenciado con data 17 agosto 2006".

Museo_7Museo_08

Un dos obxectivos futuros da SGHN é a creación dun Museo de Historia Natural en Ferrol (Museo da Natureza), seguindo na súa consecución coa totalidade dos principios de dignidade e respecto á natureza que rexen os estatutos da SGHN, poñendo especial énfase no criterio seguido para a formación da mostra expositiva: "Que ningún animal sexa capturado ilegalmente, nin sacrificado ou danado e ningunha especie esquilmada para a súa mostra, mantendo sempre unhas normas éticas no seu contacto coa natureza, encamiñadas a non alterar o medio".

Museo_09