|
 |

Censos 2012, con algunhas sorpresas |
Durante estes días, os grupos de censadores da SGHN están a desenvolver un intenso traballo, sempre a contra reloxo porque as horas de luz son poucas, recollendo os datos das aves acuáticas que pasan o inverno en Galicia. Percórrense centos, ou máis ben miles, de quilómetros da nosa xeografia escudriñando os humidais e masas de auga con vento, choiva, néboa, xeo, neve ou sol.
Neste ano estase a apreciar un descenso de algunhas especies, relacionadas inicialmente coa falta de temporais e de vagas de frío intenso no norte, pero pola contra tamén aparecen sorpresas casi inesperadas, neste caso podemos apuntar a localización de 3 exemplares de Morito (Plegadis falcinellus) no río Limia o día 14-01-2012 e tamén de 2 Garceta grande (Casmerodius albus) nas areeiras de Sandiás ese mesmo día, e outras 3 no Grove o día 15-01-2012, onde tamén se obsrvaron 5 Barnaclas carinegras (Branta bernicla).
|

|

Fotografías: Grupo de censadores no Grove o 15-01-2012 (esquerda) e grupo de moritos en A Limia o 14-01-2012 (enrriba). |
Pero as sorpresas non sempre son agradables, o día 9-01-2012 durante o censo dos encoros de O Bao e do Cenza en Ourense, o grupo de censadores apreciou o efecto dos incendios do outono con unha moi grande incidencia nesta parte do Macizo Central Ourensán e diferentes puntos dos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, por non citar os observados durante o desprazamento ata as zonas de censos, eses incendios de inverno que (case) nunca saen nos medios de comunicación nen nas estatísticas oficiais. Pero por si fora pouco o desastre, resulta evidente a lixeireza coa que se manexa o lume e a utilización sin control das zonas queimadas, baste ver os exemplos que se acompañan.
E seguimos cos censos ........ |

Fotografía: Área queimada en Manzaneda durante a vaga de lumes do outono de 2011, co encoro do Cenza en primeiro plano. |

Fotografía: Incendio o 08-01-2012 co Parque Eólico do Padornelo á dereita, visto dende o encoro do Cenza.. |

Fotografía: Vaca pacendo nunha zona queimada o pasado outono, incumprindo a Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia |
|
 |