A razón comenza a triunfar sobre o uso de herbicidas nas estradas

Segundo novas de prensa a Xunta está a pedir aos concellos e deputacións que eviten o uso de herbicidas para controlar a vexetación (actuación mal chamada “limpar de maleza”) nos bordes das estradas:

«Básicamente, lo que pide la normativa actual es que se estudie la zona a tratar, cada tramo, para verificar si es necesaria la aplicación de productos fitosanitarios, priorizando la aplicación de otros medios de control de maleza o de plagas mediante medios mecánicos u otro tipo de medios biológicos antes que la utilización de medios químicos, que son contaminantes», señaló Carlos Mansanet, inspector de sanidad vegetal de la Xunta.

Despois de anos denunciando a aberración que supón a fumigación con produtos tóxicos en zonas habitadas e precisamente nas cunetas polas que despois escorre a auga ata acuíferos, mananciais, ríos, encoros e outros humidais, SGHN non pode senón FELICITAR (así en maiúsculas e con negriña) á INSPECCIÓN DE SANIDADE VEXETAL DA XUNTA DE GALICIA.