Achyrocline satureioides (Lam.) DC é unha planta da familia das compostas que apareceu en Baiona por vez primeira para Europa en 2004. É natural de Sudamérica, onde é coñecida como marcela ou alecrim de parede. En Galicia estase a estender a favor das autoestradas, espallándose especialmente –igual que no seu hábitat orixinal- en dunas de beiramar e lugares secos e asollados, onde forma poboacións densas que impiden o crecemento doutras especies. Dende a primeira cita, espallouse cara o norte da comunidade: Nigrán (2012), Moaña e Sanxenxo (2014), chegando xa ata a provincia de A Coruña no 2016.

PDF