Bacopa monnieri (L.) Pennell.

Bacopa monnieri

Bacopa monnieri pertence a familia das escrofulariáceas, é de orixe tropical e foi citada en Galicia por vez primeira no ano 1906. Atopámola en ambientes húmidos, como as beiras de lagoas, regatos e as zonas enchoupadas de auga doce ou salgada, onde presenta un claro comportamento invasor. Compite polos recursos e forma tapices continuos impedindo a presenza das especies autóctonas deses hábitats. Ademáis, en ensaios de laboratorio presentou efectos alelopáticos impedindo a xermolación doutras especies. Emprégase para usos medicinais, ornamentais e sobre todo nos acuarios.

PDF

About Rey

Administrador e deseñador da páxina. A maior parte dos artigos baixo este nome son aqueles que pasaron dende a páxina vella a nova.