Esta herbácea da familia das iridáceas é orixinaria de África do Sur. Posúe inflorescencias en forma de espiga, nas que cada unha das súas flores presenta forma de tubo longo e estreito, coa parte final libre e a superior máis longa e curvada.

En Galicia citouse a Chasmante floribunda no ano 2011 en A Coruña, e cinco anos máis tarde, no ano 2016, Chasmante aethiopica para A Illa de Arousa. Foi introducida para usos ornamentais pola beleza das súas flores. Invade o medio natural ameazando a biodiversidade autóctona cando escapa aos cultivos ou cando son botados neles os restos da planta. No seu lugar de orixe espállase tanto por sementes como polos bulbos que están baixo a terra.

Para evitar a súa expansión é aconsellable non cultivala nen botar os seus restos, especialmente en lugares preto de espazos naturais.

PDF