Esta composta ten a súa orixe en México, sendo citada en Galicia por vez primeira no ano 1950. O seu uso en xardinería foi o motivo da súa introdución, pero ao escapar facilmente dos cultivos, foi ocupando os muros, os empedrados e as fendeduras das rochas, sobre todo os umbríos. Forma un tapiz continuo que exerce unha forte competencia polos escasos recursos do sustrato, e impide o crecemento doutras especies típicas destes espazos como a herba das paredes (Parietaria judaica), os paxariños (Cymbalaria muralis), o pan de lagartos (Sedum sp.), o couselo (Umbilicus pendulinus), o fento das pedras (Polypodium vulgare), ou os musgos, liques etc., provocando unha perda de biodiversidade autóctona.

PDF