Lonicera Japonica

Lonicera japonica é unha planta gabeadora asiática da familia das Caprifoliáceas que foi citada en Galicia por vez primeira no ano 1959. Aínda que semellante ás dúas especies autóctonas que temos, é doada de diferenciar porque presenta as flores agrupadas en parellas e non terminais. As autóctonas teñen cabezolas de flores terminais, L. pericylumenum ademáis ten as follas libres baixo a inflorescencia e a L. etrusca ten as follas unidas totalmente. Introducida polo seu uso ornamental para cubrir muros, valados, etc. Naturalízase rápidamente nos medios fluviais, forestais, antrópicos e marismas. Despraza á vexetación autóctona, compite polos recursos e asfixia os arbustos e a vexetación colindante ao crecer sobre ela.

Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org