Esta planta acuática da familia das onagráceas ten a súa orixe en sudamérica, e foi citada en Galicia por vez primeira en 2004. Foi introducida para usos en xardíns, acuarios, fontes e estanques. No medio natural ocupa lagoas pouco profundas, canais, marxes de estanques, acequias, etc. O seu impacto nos ecosistemas é moi negativo, en alta densidade diminúe a biodiversidade ao xerar condicións de hipoxia ou toxicidade, altera ademáis as condicións físicoquímicas das augas, produce gran cantidade de biomasa e reduce o espazo a macroinvertebrados e peixes. Ten tamén impactos negativos na pesca e na navegación.

PDF