Informe de Situación

Durante o 2005 mantívose unha situación de baixa activida na Delegación, destinando esforzos a actividades colectivas, como o Paspallás ou o Atlas de Hérpetos. Moitas xestións son desenvolvidas a través do teléfono e e-mail, aínda que un bó número delas non quedan evidenciadas, aínda que supo en unha inversión notable de tempo.

Non se evidenciaron cambios sustanciais na conservación do Medio Ambiente. As costas seguen coa mesma tónica de agresións, sendo algunha delas obxecto de atención por parte da SGHN. Existe un lento pero continuo declive das cadeas dunares, propiciada en parte por labores de limpeza que agreden á flora que estabiliza as dunas. Os incendios forestais, favorecidos pola seca e os incontables vertedoiros son factores que agreden ós montes. Como problema costeiro importante, suli amos certa indefinición da administración sobre o futuro do asentamento de ENCE-ELNOSA, no que non se fala claro sobre o destino dos terreos ocupados, que a xuicio da SGHN deben retornar ó mar, unha vez levantado o complexo.

A comunicación cos socios, mántivose sobre todo a través do correo electrónico, sobor de todo para comunicas xeiras naturalistas. A relación coa prensa foi nula.

Resumo de actividades 2005

Humedais

Complexo Intermareal Umia-Ogrove.

Presentouse unha denuncia á Consellería de Medio Ambiente polo presunto uso sen autorización formal do aparcadoiro central do Istmo da Lanzada (O Grove) como pista de aterraxe de ultralixeiros e molestias á fauna.

Realizouse un seguimento e novas denuncias do estado dun vertedoiro de pneumáticos en Sanxenxo diante da Consellería de Medio Ambiente e a Xefatura de Costas do Ministerio de Medio Ambiente.

Xerias naturalistas

Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia, co doble obxectivo naturalista e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía e-mail a realización de dúas xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.

Outros

– Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal. Despois de varios anos, semella un maior interese por parte dalgúns concellos, emitindo bandos alomenos nos Concellos de Vigo, Cambados e Vilagarcía.

– Censos de aves invernantes en base ó proxecto desenvolvido por Wetlands International..

– Participación nos censos de Amfibios e Réptiles e Insectos.