Informe de Situación

Na análise de situación do ano 2007, destacouse a situación ambiental negativa provocada polas obras de infraestructuras civís. A situación do 2008 reflicte esta preocupación coa obsesión co tren de Alta Velocidade, pero incrementada co desenvolvemento de varios proxectos de estradas, esencialmente no eixo norte-sur da provincia, con varias novas autovías, chegando ó absurdo de incrementar de dúas a cinco posibilidades de conexión Pontevedra-O Porriño, creando dúas novas autovías paralelas á N-550 e AP-9.

Outro aspecto salientable son as obras de particulares ou Sociedades realizadas baixo o apoio tácito e/ou económico da administración, na que se mudan usos de solo protexido ou se danan hábitats esencias para especies vulnerables segundo a lexislación vixente, caso do LIC Brañas do Xestoso ou a destrucción das charcas de reproducción do sapiño de esporóns no LIC do Complexo Intermareal Umia-Ogrove, neste sugundo caso co apoio económico dos fondos FEOGA-O.

Internamente (SGHN-Pontevedra) non se chegou a realizar o proxecto de convocar unha asemblea destinada exclusivamente á organización da delegación, tema que queda postposto pero non esquecido para o ano 2009.

Resumo de actividades 2008

Xeiras naturalistas

Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia e de Galicia, co doble obxectivo naturalista e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía e-mail a realización de dúas xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.

Espazos naturais

Continuouse coas denuncias polas agresións nas brañas de Xestoso (LIC ES1140008). Solicitouse á Consellería de Medio Rural que informase se autorizou o cambio do uso do solo realizado no LIC.

Diversos escritos e denuncias (ata sete) diante da Consellería de Medio Ambiente, Guardia Civil, Valedor do Pobo e Concello do Grove, pola destrucción de dúas áreas de reproducción do sapiño de esporóns (Pelobates cultripes). Este tema segue aberto.

Infraestruturas

– Presentación de sendos escritos á Consellería de Ordeación do Territorio e Ministerio de Fomento e copia do mesmos ó Deputado por Pontevedra, Antón Louro en calidade de Presidente da Comisión de Infraestructuras do Congreso.

Outros

– Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal.

– Censos de aves invernantes en base ó proxecto desenvolvido por Wetlands International..

– Participación nos censos de Anfibios, Réptiles e Insectos.

– Apoio á APDR a favor da mellora ambiental da río de Pontevedra e o cambio de ubicación de Celulosas.

– Alegacións a unha canteira de granito no corazón do Coto de Eira (Ponteareas).

– Vertido continuado de fecais na ría de Pontevedra, perto da Ponte da Barca (Poio).