Robinia pseudoacacia L.

Árbore espiñenta con flores brancas e forma de bolboreta, orixinaria de Norteamérica. A coñecida como acacia ou falsa acacia foi introducida como ornamental e agora podémola ver en taludes, cunetas, beiras de pistas e nas marxes dos ríos. Asóciase a bacterias do xénero Rhizobium formando nódulos radiculares que fixan N2 atmosférico nitrificando os solos e favorecendo as especies ruderais.

PDF

About Rey

Administrador e deseñador da páxina. A maior parte dos artigos baixo este nome son aqueles que pasaron dende a páxina vella a nova.