A historia de Antela contada por unha cegoña

Conto solidario para axudar á recuperación do ecosistema acuático Limia-Antela
Conto solidário para ajudar à recuperação do ecosistema acuático Limia-Antela
Cuento solidario para ayudar a la recuperación del ecosistema acuático Limia-Antela
Conte solidari per ajudar a la recuperació de l’ecosistema aquàtic Limia-Antela
Conte solidaire pour aider à la récupération de l’écosystème aquatique Limia-Antela

    Ao longo de 24 páxinas, adaptadas aos humanos de 9 a 99 anos, a cegoña nai contalle aos seus polos «a historia dos vosos devanceiros e da súa terra, que xa tedes idade para coñecela». Repasa a desecación de Antela, a deforestación polas concentracións parcelarias, o encanamento dos ríos e as explotacións areeiras. Amosa todo o que se perdeu polas actuacións dos humanos, pero tamén salienta o moito e moi valioso que aínda se conserva na Limia.

E remata cunha frase esperanzadora de Delmar Blasco, Secretario Xeral da Convención de Ramsar entre 1994 e 2002:
«Só falta que alguén con capacidade de liderazgo e aglutinación de vontades lance o proceso que devolva a Galicia e aos galegos, aínda que sexa en parte, os valores e funcións que se perderon cando se desecou a lagoa de Antela».

Co gallo de financiar as actividades de SGHN-Sección Antela (Veiga de GomareiteVeiga de Vilaseca) para facer realidade ese desexo, enviarase unha copia en PDF de “Un conto de verdade” a todas as persoas que fagan unha doazón de alomenos 2 euros na conta:

Abanca (ES63-2080-0200-4830-4012-7702) ou PayPal (sghn@ghn.org)

Despois envía unha mensaxe a antela@sghn.org indicando o teu correo electrónico e o concepto “conto en galego”