Incendios forestais

Os lumes forestais son o maior problema ambiental de Galicia

Tal afirmación baséase en que os incendiarios forestais lévannos costado:

  • Vidas humanas
  • Vivendas, bens e facendas
  • O noso patrimonio forestal
  • Incalculables perdas ambientais
  • A destrucción da paisaxe de Galicia
  • A disminución da biodiversidade galega
  • Millóns de euros queimados e absolutamente improductivos
  • A hipoteca do noso desenvolvemento futuro e, en fin, a degradación do noso país

Na eliminación dos incendiarios e dos incendios forestais ata agora TODOS TEÑEN FRACASADO. Resulta, pois, evidente que as solucións postas en práctica foron inútiles.

A problemática hai que afrontala coa verdade por diante. Con valentía e intelixencia para ter posibilidades de éxito. Un problema que se repite ano tras ano.

“Os lumes non teñen unha única causa (e moito menos a do “terrorismo” ou a dos “enemigos de Galicia” senón moitas, orixinadas na mesma poboación galega, tanto do campo coma da cidade” 

(SGHN, 1983)

“A sorprendente pasividade coa que a sociedade galega contempla este fenómeno, tan só pode deberse a ignorancia do que realmente está a suceder e das súas consecuencias previsibles”

(SGHN, 1985)
Cartel de varias entidades alusivo ós incendios forestais. 1980

Ten solución?

SGHN considera que para avanzar no tratamento da problemática incendiaria precísanse, entre outras, as seguintes actuacións (SGHN, 1990; SGHN, 2006)

  • Recoñecer a exclusiva autoría dos galegos na traxedia, única explicación ata a data baseada en feitos probados. Urxe espolear a conciencia popular fronte á máis grave destrucción do medio natural galego e aislar socialmente ós incendiarios.
  • Incrementar o detalle dos estudios de causalidade e asignar máis medios (humanos e materiais) para a investigación e publicar os informes.
  • Emplegar satélites de teledetección para unha avaliación real do número de incendios e da superficie queimada cada ano. Toda a información oficial sobre número de incendios e superficies queimadas, por ano e concello, debería estar a disposición pública.
  • Ordenar racionalmente o territorio e evitar as intervencións ambientalmente «duras» e ineficaces: o problema non se resolverá eliminando o mato, ou abrindo pistas e cortalumes, pois xa é difícil, senón imposible, atopar un só kilómetro cuadrado de Galicia sen unha ou varias pistas, estradas ou cortalumes.
  • Implicar a todo o executivo galego e a toda a cidadanía de Galicia na resolución da problemática dos incendios forestais, que non pode ser asunto únicamente dunha Consellería.
  • E tamén é preciso aprender da historia: «Sempre que o propietario non teña interese en que haxa árbores na súa facenda, non bastará toda a vixilancia do Goberno para vixilalo» (Barba y Roca, 1789). Hai que aprender a lección e investir máis en sensibilización ambiental e prevención social que en extinción, para desmontar a «economía do lume» creada ó longo dos últimos 20 anos en torno á extinción dos incendios en Galicia.