Espazo profundo: Nebulosa de Cabeza de cabalo Efemérides astronómicas de febreiro

A nebulosa de Cabeza de Cabalo é unha famosa nebulosa escura difusa, e é un dos obxectos máis coñecidos no ceo. Atópase no Complexo de nebulosas moleculares da constelación de Orión. A temos a una distancia de 1.500 anos luz do Sol e cunha magnitude aparente de 6,8. A primeira ollada parece ser un buraco na nebulosa de fondo, pero en realidade a escuridade é unha nube de gases, predominantemente hidróxeno e helio, aínda que ten mais de cen tipos de gases diferentes moitos deles orgánicos. Podemos vela porque se recorta sobre o brillo do gas rosado da nebulosa de emisión coñecida como IC434.

Foi citada por primeira vez no século XVIII, por William Herschel que a describiu coma se fose un buraco no ceo. A primeira fotografía obtívose en 1888 no Observatorio da Universidade de Harvard. Á astrónoma escocesa Williamena Fleming acredítaselle como a primeira persoa en identificar e describir a nebulosa desde a placa fotográfica.

A nebulosa de Cabeza de Cabalo é unha das nebulosas máis fácilmente identificables no ceo xa que a súa forma aseméllase á cabeza e o pescozo dun cabalo cando se observa desde a Terra. Outros nomes son: Barnard 33, IC 434, LDN 1630, Sh2-277, LBN 954, M3T 31 e [VOS98] 52.

A nebulosa de Cabeza de Cabalo atópase xusto ao sur de Alnitak, Zeta Orionis, a estrela máis oriental do Cinto de Orión. O seu tamaño é duns 4 x 3 anos luz. É un obxecto difícil de atopar cun pequeno telescopio, o que a converte nun reto para moitos astrónomos afeccionados. Melloras na tecnoloxía facilitaron as observacións con equipos de baixo custe, pero aínda segue sendo un desafío. Atopala será un achado agradable para quen o consiga. Entre tanto podedes vela nesta fantástica foto dos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e da SGHN.

  • Día 7: Ás 15:55 h a Lúa en Cuarto Menguante. A Lúa e Xúpiter muy próximos.

  • Día 8: Morre en Florencia, Italia, Galileo Galilei en arresto domiciliario. Choiva de estrelas Alfa-Centauridas, actividade desde o 28 de xaneiro ao 21 de febreiro, cun máximo de 6 por hora. Radiante en Centauro.
  • Día 9: A Lúa e Marte moi próximos.
  • Día 11: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 15: Ás 21:07 h Lúa Nova. Eclipse parcial de Sol non visible no hemisferio norte.
  • Día 23: Ás 08:10 h a Lúa en Cuarto crecente 

Planetas

  • Mercurio en Capricornio magnitude -1,14, pola súa proximidade ao Sol non é visible.
  • Venus en Acuario magnitude -3,39, visible media hora despois do solpor.
  • Marte en Ofiuco magnitude 1,18, visible tres horas antes do amencer.
  • Xúpiter en Libra magnitude -1,66, visible cinco horas antes do amencer.
  • Saturno en Saxitario magnitude 0,77 Visible dúas horas antes do amencer.
  • Urano en Piscis magnitude 6,19, visible catro horas despois do solpor.

Cometas

  • Dada a súa magnitude superior a 10, son dificilmente observables.