Espazo profundo: Nebulosa Dumbbell Efemérides astronómicas de xuño

A Nebulosa Dumbbell é unha nebulosa planetaria grande e brillante bastante nova, cunha idade estimada duns 14.000 anos. Está situada na constelación de Vulpecula, no interior do asterismo coñecido como O triángulo de Verán, formado polas estrelas Deneb, Vega e Altair.

Atópase a 1.200 anos luz da Terra, aínda que son moitas as discrepancias sobre a distancia a que se acha realmente. Foi descrita por primeira vez polo astrónomo francés e cazador de cometas Charles Messier, quen a atopou o 12 de xullo de 1764, incluindoa co número 27 do seu Catálogo de obxectos do ceo profundo. Ten un diámetro aparente de aproximadamente 8 minutos de arco, unha magnitude visual de 7,5 e unha magnitude absoluta de -0,5, o que siñifica que a nebulosa ten unha luminosidad intrínseca de aproximadamente 100 veces a do Sol.

A Nebulosa Dumbbell tamén é coñecida como Messier 27, M27, Nebulosa das pesas (haltas), Nebulosa do Corazón de Mazá, Nebulosa do Diábolo, NGC 6853, GCRV 12336, GC 4532 etc.

As nebulosas planetarias son os restos de estrelas similares ao noso Sol, que cando alcanzan o final do seu ciclo de vida como xigantes vermellas, expulsan as súas capas gaseosas externas para formar a nebulosa, que logo é quentada polo núcleo da enana branca central. E este será o destino do noso Sol en aproximadamente cinco mil millóns de anos.

M 27 é difícil de atopar, xa que nas súas proximidades non temos estrelas brillantes que nos axuden á súa localización. A forma máis sinxela é utilizar as tenues estrelas da constelación da Flecha. É visible con prismáticos medios, onde nos aparecerá como unha gran estrela borrosa e desenfocada nun campo estelar. Con prismáticos máis potentes parece moito máis grande e brillante, cunha sección central distinta rodeada por rexións exteriores máis débiles. Un telescopio pequeno mostrará a famosa forma de reloxo de área. E con telescopios máis grandes ¡Prepárate para voar!

Na imaxe obtida polos nosos compañeiros de Fotografía Ferrolterra e a SGHN, podemos ver a beleza da Nebulosa Dumbbell.

  • Día 1: Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 3: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 6. Ás 18:33 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 10: Choiva de meteoros Ofiucidas. Actividade do 19 de maio ao 30 de xullo, co máximo o 10 de xuño de 5 meteoros por hora. Radiante na constelación de Ofiuco.
  • Día 13: Ás 19:45 h Lúa Nova.
  • Día 16: Venus e a Lúa moi próximos. A Lúa pasará polo Cúnulo de Pesebre en Cancer.
  • Día 20: Ás 10:52 h a Lúa en Cuarto Crecente. Venus pasará a 0,75 grados ao norte do cúmulo estelar do Pesebre en Cancer.
  • Día 21: Ás 09:54 h comeza o verán no hemisferio norte, inverno no sur.
  • Día 23: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 28: Ás 04:54 h Lúa Chéa. Saturno e a Lúa moi próximos.
  • Día 30: Marte e a Lúa moi próximos. En 1908 caeron en Tunguska (Siberia), os restos dún cometa, o último gran impacto sobre a Terra dun obxeto procedente do espacio.

Planetas

  • Mercurio en Xéminis con magnitude -0,95, visible media hora despois do solpor.
  • Venus en Cancer con magnitude -3,5, visible hora e media despois do solpor.
  • Marte en Capricornio con magnitude -1,49, visible catro horas antes do amencer.
  • Xúpiter en Libra con magnitude -1,96, visible casi toda a noite.
  • Saturno en Saxitario con magnitude 0,28, visible casi toda a noite.
  • Urano en Aries, con magnitude de 6,2, visible unha hora antes do amencer.

Cometas

  • Tan só C/2016 M1(PanSTARRS) con magnitude 9 na constelación de Saxitario, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.