Mini-cursiño de algas en Sada

A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural organiza un mini-cursiño de algas en Sada o vindeiro 13 de agosto, domingo, en horario de mañá. Este ano imos iniciar cunha breve charla na OMIX de Sada e logo nos desprazaremos ata a praia de Arnela (Sada) compartindo coche para identificar algas aproveitando a marea baixa.

Nesta edición imos realizar unha cromatografía (pigmentos das algas) e tamén dar máis información sobre os zosterais (plantas fanerógamas).

Para anotarse chega con dar nome completo, dni (para subscribir un seguro) e teléfono de contacto (para poder avisar de cambios de última hora).

Contacto:
Correo electrónico:asmarinhas@sghn.org
Teléfono: 686143143 (voz ou SMS)