SGHN-Antela construindo unha Limia mellor: é dificil pero non imposible

Á vista do que se leva feito, do que se está facendo e do que aínda queda por facer, non cabe dúbida algunha de que o lema da Sección Antela da SGHN vai ser ”É difícil pero non imposible”.

A mañá comenzou cunha temperatura máis ben “fresquiña” (- 6º C) que recomendaba algo de acción para aguantar o frío. O traballo a realizar era o tratamento da vexetación (desbroce e corta de mato) nun dos predios alugados ao BANTEGAL-AGADER para facilitar a rexeneración de pastos e posterior pastoreo por un rebaño de pericas do gandeiro con quen asinamos o último acordo de custodia do territorio. Como sempre se comenta nestas actuacións é imprescindible a presencia de gando en extensivo para a conservación dalgúns hábitats como estas veigas propias da comarca limiá.

A parcela está situada na Veiga de Porqueira e nela xa se fixera unha primeira intervención e sinalización no ano 2015 logo do aluguer, pero o mato de leguminosas (xestas marela e blanca, codesos e toxo) estaba xa recuperando os espazos máis secos avanzando sobre a vexetación herbácea que medra nas áreas máis húmidas. Como o previsto era realizar esta actuación só pola mañá é o obxectivo era actuar sobre a maior superficie posible non houbo moito tempo para tomar descansos así que rápidamente organizouse todo o mundo e coas ferramentas dispoñibles pouco a pouco foise dando boa conta do mato, as xestas e codesos máis grosos foron amoreados en varios puntos para deixar zonas refuxio para pequenos mamíferos e aves.

Os fermosos cristais de xeo formados coa auga da veiga reflicten con claridade as temperaturas acadadas durante a noite.

O traballo deuse por rematado para ir xantar quedando desbrozada case toda a parcela e amoreada unha boa cantidade de material, condicións bastante axeitadas para traer as ovellas que xunto cós pastores rematarán a faena. As cegoñas andiveron a controlar o traballo e non cabe dúbida de que elas darán algún que outro paseo pola parcela especialmente unha vez que o rebaño realice o seu traballo e aparezan os insectos asociados ás cagarrutas das ovellas

É de reseñar que á superficie da parcela alugada ao Bantegal pola SGHN, súmanse outras dúas parcelas anexas grazas a outros acordos entre os gandeiros e os propietarios có que a superficie total non é nada despreciable e facilitará algo o traballo destes emprendedores chegados a Limia fai uns poucos anos.

Pola tarde quedaba outra nada desdeñable tarefa. O 21/12/2017 estivemos a retirar lixo na Veiga de Gomareite xornada incluída dentro do proxecto patrocinado por SEO/BirdLife e Ecoembes:”LIBERA, naturaleza sin basura”. O material retirado quedou depositado na superficie da Veiga recollido en 12 sacos de de 0,4 m3 á espera dunha posterior xornada de retirada dentro de mesmo programa.

Á vista do que se leva feito, do que se está facendo e do que aínda queda por facer, non cabe dúbida ninguna, o lema da Sección Antela da SGHN vai ser ”É difícil pero non imposible”.

Despois dunha mañá de traballo nun dos predios alugados ao BANTEGAL-AGADER para facilitar a rexeneración de pastos e posterior pastoreo por un rebaño de pericas do gandeiro con quen asinamos o último acordo de custodia do territorio pola tarde quedaba outra nada desdeñable tarefa. O 21/12/2017 estivemos a retirar lixo na Veiga de Gomareite xornada incluída dentro do proxecto patrocinado por SEO/BirdLife e Ecoembes:“LIBERA, naturaleza sin basura”. O material retirado quedou depositado na superficie da Veiga recollido en 12 sacos de de 0,4 m3 á espera dunha posterior xornada de retirada dentro de mesmo programa.

Como sempre decimos outra magnífica xornada de traballo en A Limia, disfrutando da compañía e cumprinco obxectivos recuperando humedais e colaborando coa gandeiría en extensivo. E, unha vez máis, coa satisfacción do traballo realizado, MOITAS GRAZAS, BEONFEITORES !!

Así de fermosas están nestas datas as partes asolagables da Veiga de Gomareite