SGHN denuncia danos a un castro en Monterrei (Ourense) pola construción dunha pista

Alertada dos feitos por un socio, SGHN ven de denunciar diante do SEPRONA e a Dirección Xeral do Patrimonio Natural a recente construción dunha pista no monte comunal de San Cristobo de Medeiros (Monterrei, Ourense), que provocou danos visibles no xacemento arqueolóxico catalogado do “Castro do Muro de Búbal”.